
Arquivos da etiqueta: Xan Leira
Con Pólvora e Magnolias. 50 anos de memoria e resistencia, en Vigo
A Coruña: presentación de Sempre en Galicia. Voz e pensamento galeguista na emigración
Presentación de Sempre en Galicia. Voz e pensamento galeguista na emigración, na Coruña
Compostela: estrea do filme documental ‘Sempre en Galicia, voz e pensamento galeguista na emigración’, de Xan Leira
Vigo: presentación de Cántigas sociais recollidas do pobo, de Xesús Alonso Montero
Cangas: presentación de Bestiario en pedra, de Carlos L. Bernárdez e Xosé Ramón Mariño Ferro
Marín: presentación de Unha historia da arte galega, de Carlos L. Bernárdez
Cangas acolle o 26 de xullo a estrea do documental sobre Bernardino Graña
Desde
a Real Academia Galega:
“O auditorio de Cangas acolle o venres 26 de xullo, a partir das 21 horas, a estrea do documental sobre Bernardino Graña (Cangas, 1932) dirixido por Xan Leira. Bernardino Graña, o home que quixo vivir construiuse a partir dun encontro en Panxón do escritor e académico con amizades. Persoas próximas ás diversas actividades que protagonizou o autor ao longo da súa vida, desde as profesionais e literarias ata as políticas e sociais, tecen un relato coral en diálogo coas lembranzas e reflexións do propio homenaxeado.
A gravación tivo lugar en Moaña, Cangas e Panxón e contou coa colaboración de Alexandre Ripoll, Asun Sóñora, Héitor Mera, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Millán, Rafael Lorenzo, Marta Dacosta, Camilo Camaño, Xosé Manuel Pazos, Manuel Álvarez, Cesáreo Sánchez e Helena Pérez. O filme recolle tamén testemuños dos desaparecidos Bautista Álvarez, compañeiro do grupo Brais Pinto, e Raimundo García Borobó recollidos no arquivo persoal de Xan Leira.”





