Arquivos da etiqueta: Instituto de Estudos Miñoráns
Recital na rede arredor do Premio Victoriano Taibo
Nigrán: presentacións no Día do Libro 2020
En 2020 non se convoca o Premio de poesía Victoriano Taibo
“O Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoráns, entidades que anualmente convocan o Premio de Poesía Victoriano Taibo, ante a situación que estamos pasando polo confinamento e a imposibilidade de celebrar actos públicos, decidiron suspender a convocatoria do premio de poesía deste ano.
Lamentando moito as circunstancias que obrigan a tomar esta decisión, consideran que sería moi difícil poder facer a convocatoria sen ter a seguridade de que se poidan levar a cabo tódalas súas fases, que sempre culminan co acto público de entrega do premio e a presentación pública da obra premiada e a homenaxe a Victoriano Taibo, coa presenza dos seus familiares.
O IEM ante estes feitos está preparando outro tipo de acto que lembre o homenaxeado e manteña viva a súa memoria, agardando que chegado o día a situación social sexa mellor e se poida facer vía dixital unha lembranza cos autores premiados nas XII edicións anteriores.
Os desexos do IEM son de que a nosa veciñanza se recupere deste andazo, que poida gozar da poesía nas súas vidas e recordar as nosas xentes que xa sufriron no pasado etapas dolorosas e souberon saír adiante, como Victoriano Taibo e os seus veciños de Morgadáns.
O IEM seguirá a pedir un día das Letras Galegas para Victoriano Taibo, e organizando, no ano que vén, o premio de poesía que leva o seu nome.
Gondomar, a 27 días do confinado mes de abril de 2020.”
Xosé Iglesias le un poema de A relixión do mar
Desde a AELG recollemos a lectura dun poema de A relixión do mar por parte do seu autor, Xosé Iglesias, no marco da iniciativa Lecturas fuxidas da Libraría Pedreira, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.
Morgadáns, Gondomar: acto de entrega do XII Premio de poesía Victoriano Taibo
Gondomar, Nigrán e Baiona: A Volta das Nove, Xornadas sobre a represión contras as mulleres no Val Miñor
Francisco Javier Fernández Davila gaña o XII Premio Victoriano Taibo con Mover os marcos
Desde o Instituto de Estudos Miñoranos:
“O xurado do XII Premio de Poesía Victoriano Taibo celebrou este mércores a súa deliberación na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, en Gondomar. A obra escollida foi Mover os marcos que, unha vez aberta a plica, resultou corresponder á autoría de Francisco Javier Fernández Davila (Vigo, 1974).
O poemario do vigués foi destacado polo xurado entre as outras dúas obras finalistas, Parafilias e Unha muller pola metade.”
Baiona: presentación do número 18 da Revista REM
O 7 de xuño, ás 20:30 horas, na Biblioteca de Baiona, presentarase a revista REM nº 18 (2019) do Instituto de Estudos Miñoráns. O acto contará con colaboración musical e as intervencións de Xulián Maure Rivas, Natalia Jorge Pereira, Xilberte Manso de la Torre, Soledad García Riveiro e Antonio Soliño Troncoso, que farán unha breve presentación das súas colaboracións. Conduce o acto María Lemos Cerqueira.