Arquivos da etiqueta: Isaac Xubín
A Coruña: presentación de Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro Con barqueira e remador, con Isaac Xubín e Yolanda Castaño
O
mércores 17 de decembro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase o libro de poesía internacional contemporánea en tradución ao galego Eno mar cabe quant’i quer caber, froito do II Obradoiro de Tradución Poética Con barqueira e remador, que tivo lugar na Illa de San Simón, en outubro de 2013, obra publicada pola Deputación de Pontevedra. O acto contará coa presenza do tradutor ao galego, Isaac Xubín, e Yolanda Castaño (coodinadora do Obradoiro Internacional de Tradución Poética).
Cork, Irlanda: conferencia de Isaac Xubín, About the different ways to defend a house and bury the dead
Cork, Irlanda: Readings from the periphery, con Marta Dacosta, Isaac Xubín e Harkaitz Cano
Este acontecemento reúne tres escritores de Euskadi e Galiza para falar da importancia de escribir hoxe en día nas chamadas linguas minoritarias. A xornada comezará con dous seminarios sobre aspectos diferentes das literaturas vasca e galega contemporáneas, seguidos dunha lectura de poesía. Organizado polo Centro de Estudos Galegos de Irlanda e o Departamento de español, portugués e estudos americanos latinos, UCC, esta actividade conta coa participación da AELG, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A admisión ás dúas sesións é libre.
“O Centro Irlandés de Estudos Galegos da University College Cork organiza o venres 17 de outubro un seminario de investigación sobre literatura galega con Marta Dacosta, titulado Huellas de Rosalía, sobre a influencia de Rosalía na poesía galega e as voces actuais das mulleres na poesía galega: Como son as voces das poetas galegas hoxe en día? Son as estratexias de comunicación coas editoriais as mesmas que as que se utilizaban na época da célebre escritora? A continuación realizarase un seminario sobre literatura vasca con Harkaitz Cano: La literatura vasca: un mapa de los márgenes, ao que seguirá unha lectura de poemas en galego e éuscaro cos poetas Marta Dacosta, Harkaitz Cano e Isaac Xubín na Biblioteca Central de Cork, acompañado por unha recepción con viño.”
A viaxe á illa, de Isaac Xubín
Desde
o Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“(…) O poema A viaxe á illa pertence ao libro Con gume de folla húmida, de Isaac Xubín, que foi Premio Lorenzo Baleirón en 2011, e incorpora un acompañamento musical de Tetsuo (Lluvias). Volvo reiterar que estas iniciativas sinalan un camiño ben suxestivo, hoxe, para a divulgación da poesía.
Pontevedra: espectáculo Quen puidera ver os elefantes, por Isaac Xubín
O
luns 11 de agosto, a partir das 21:00 horas, no Liceo Mutante (Rúa Rosalía de Castro, 100) de Pontevedra, Isaac Xubín presenta o seu espectáculo Quen puidera ver os elefantes, baseado en tres momentos que xiran ao redor de tres experiencias persoais relativas a nomes propios. Cada parte atópase precedida dunha pequena introdución con referencias a clásicos galegos e rematan cun recitado da súa obra e unha peza ad hoc interpretada con flauta e con whistle.
Vídeo do encontro Camiños de ida e volta / Joan-etorriko bideak na Universidade de Deusto
Vídeo con poema de Isaac Xubín
Vídeo sobre un poema de Isaac Xubín. Desde Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
A Coruña: presentación de Substantivos, petróglifos e barcos, de Isaac Xubín
O
venres 4 de abril, ás 19:00 horas, en Maquinaria pesada (Rúa Linares Rivas 45, locais 24-25) da Coruña, Isaac Xubín presenta Substantivos, petróglifos e barcos, un percorrido ao longo da experiencia vital e da literatura. No acto, o autor recitará poemas da obra.


