Arquivos da etiqueta: Libraría Couceiro de Santiago
Santiago: presentación de Coa Lingua na Terra, de Héitor Picallo
Compostela: presentación de As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, de Ramón Neto
Compostela: presentación de Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras
O
mércores 11 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase Matarte lentamente, de Diego Ameixeiras, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Marta Rodríguez e Manuel Bragado.
Santiago: presentación de Para que nos serve Galiza?, de Xaime Subiela
O
luns 9 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Para que nos serve Galiza?, de Xaime Subiela, publicado en Galaxia, obra coa que obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio. No acto, xunto ao autor, participa Valentín García.
Compostela: presentación de Cadeas, de Xabier López
O
mércores 4 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Cadeas, de Xabier López, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Ramón Nicolás e Fran Alonso.
Compostela: presentación dos catro textos galardoados nos premios de literatura dramática do AGADIC
O martes 3 de decembro, ás 19:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntanse os catro últimos textos galardoados cos premios de literatura dramática do AGADIC:
– Isóbaras, de Gustavo Pernas Cora, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2012, editado por Edicións Xerais de Galicia.
– A cegueira, de Marcos Abalde Covelo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2011, editado por Edicións Xerais de Galicia.
– Un mosquito de nome Henri, de Raúl Dans, X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil) 2012, editado por Baía Edicións, e
– O refugallo, de Paula Carballeira, VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011, editado por Edicións Xerais de Galicia.
No acto participan Jacobo Sutil, Manuel Bragado, Belén López, Gustavo Pernas Cora e Marcos Abalde Covelo.
Compostela: presentación de Vento e chuvia, de Manuel Gago e Manel Cráneo
O
venres 22 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Compostela, preséntase o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo, publicado en Xerais. No mesmo acto, os autores, acompañados por Manuel Bragado, contarán o making of do proxecto e Sole Felloza contará unha das historias.
Compostela: presentación de Noite~Día, de Alfonso Láuzara
O
xoves 21 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Noite~Día, de Alfonso Láuzara, publicado pola Porta verde do sétimo andar. No acto, xunto ao autor, participa Rosa Enríquez.
Compostela: presentación de Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros
O
mércores 20 de novembro, ás 12:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Ámote Leo A. Destino Xalundes, de Rosa Aneiros, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Manuel Bragado e a colaboración especial de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal de Santiago, acompañados pola profesora Mercedes Espiño.


