Arquivos da etiqueta: Libraría Paz de Pontevedra
Pontevedra e Santiago: presentacións de Se pedra na brétema, de Ramón Blanco
O
xoves 11 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Librería Paz de Pontevedra (Rúa Peregrina, 29), Ramón Blanco presenta Se pedra na brétema, publicado por Chan da Pólvora. No acto estará acompañado por Adriana Sóñora e Antón Lopo.
O venres 12, tamén ás 20:00 horas, na propia Libraría Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro, estando o autor acompañado, igualmente, por Antón Lopo e Adriana Sóñora, nun acto que contará tamén coa actuación musical de Pablo Sax.
Pontevedra: recital de Isaac Xubín
Pontevedra: presentación de Amada García e os seus arredores, de Bernardo Máiz
Pontevedra: presentación de O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad
Pontevedra: Vermú entre libros, con Eli Ríos
Pontevedra: Vermú entre libros, con Emma Pedreira e Ana Cabaleiro
Pontevedra: presentación do novo número da revista Elipse
Pontevedra: encontro co debuxante Emilio Fonseca arredor de Fóra de mapa
Crónica videográfica da II Gala do Libro Galego (V)
A
II Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 20 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:
– Premio de Literatura Infantil e Xuvenil para Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas:
– Premio de Iniciativa bibliográfica para Aulas sen paredes, de Rosalía Fernández Rial:
– Premio de Iniciativa cultural ou de fomento da lectura para Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz):







