Arquivos da etiqueta: Libraría Pedreira
Compostela: presentación de Modelos de lingua e compromiso
Compostela: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema
Compostela: obradoiro de creación literaria da A. C. O Galo (previa inscrición ata o 30 de marzo)
Compostela: presentación de Quem fala a minha língua? Vol. 2
Compostela: presentación de Lar. Nai. Pan, de Xosé Neira Vilas
Compostela: presentación do libro Marcelino Gómez Arias, de Perfecto Ramos
Compostela: presentación de Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga
O
xoves 21 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55) de Santiago de Compostela, preséntase Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Xavier Senín.
Compostela: presentación de A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia, de Henrique Monteagudo
Literarte: recoñecementos brasileiros á cultura galega
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Literarte é unha asociación internacional de escritores e artistas que posúe sede oficial en Cabo Frio, no estado de Rio de Janeiro. Representada por Mauro Jorge Silva e Sousa, conselleiro da asociación, e mais por Isabelle Valladares, presidenta da mesma, Literarte articulou un desembarco europeo onde contemplan a realización dunha serie de actos que están xa a desenvolver en Lisboa e proximamente no Porto, Viana do Castelo e Frankfurt.
Neste percorrido, o vindeiro venres día 10 de outubro celebrarán unha “tomada de posse”, que acollerá o Hostal dos Reis Católicos, ás 20:30 h., no que a entidade dará a coñecer as súas actividades e propósitos ademais de recoñecer diversas achegas á cultura galega realizadas tanto por algunhas institucións, plataformas ou empresas culturais como por un grupo de diverso de persoas que traballan en ámbitos como a creación literaria, o activismo social, a edición, a música, as artes plásticas, a divulgación ou a comunicación, como son Uxía, Leandro Lamas, David Pintor, a Academia Galega da Língua Portuguesa, Teresa Moure, María Reimóndez, a Livraria Ciranda, Manuel Bragado, Ramón Nicolás, Carme Vidal, A Sega, o sección de Cultura de El Correo Galego, a Libraria Pedreira, a Real Academia Galega, Guadi Galego e Clave de Fado. (…)







