O xoves 4 de maio, ás 20:00 horas, inaugúrase a Casa Común de Cacheiras, Teo (Travesía de Cacheiras, número 38), coa actuación de Lois Pérez, quen ofrecerá o seu monólogo Sacar a lingua a p(r)acer.
Arquivos da etiqueta: Lois Pérez
Castroverde: Sacar a lingua a p(r)acer, narración oral e humor a cargo de Lois Pérez
Lugo: Xornada “O valor do Pedregal de Irimia”
O xoves 22 de decembro, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), ADEGA organiza a “O valor do Pedregal de Irimia, iniciativas para a súa conservación“.
ADEGA promove estas xornadas dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”. Trátase dunha xornada consistente nunha mesa coloquio na que se afondará na importancia da protección do Pedregal de Irimia, polo seu alto valor patrimonial tanto material como inmaterial, a súa relevancia paisaxística, turística e natural.
As diferentes intervencións irán encamiñadas a por en valor este enclave natural, berce do máis relevante dos ríos da nosa xeografía, analizando os riscos e ameazas que sobrevoan sobre o mesmo.
Así mesmo presentaremos durante o transcurso da xornada o Manifesto pola declaración do Pedregal de Irimia como Monumento Natural.
A través desta xornada e coa participación de multitude de asociacións implicadas na defensa e posta en valor do Pedregal de Irimia, queremos buscar e propor novas vías para a súa protección e fomentar un debate constructivo e un intercambio de ideas na busca de fórmulas que permitan a persistencia deste importante espazo.
Relatores:
– “Iniciativas para a conservación e protección do Pedregal” por Adela Figueroa Panisse; Bióloga e membro de ADEGA.
– “O patrimonio inmaterial do Pedregal” por Antonio Reigosa; Escritor e investigador da mitoloxía popular.
– “O Pedregal e a súa xeografía” por Francisco Javier López; Profesor da USC, Enxeñeiro agrónomo e Licenciado en Xeografía.
A xornada estará amenizada por Lois Pérez que a través da súa actuación “De pedras, augas e contos” aportará un punto de vista lúdico e humorístico a situación.
Esta Xornada conta co apoio e patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.”
Ramil (Agolada): Solsticio de inverno na Eira da Xoana, 2016
(Eira da Xoana, como chegar).
Láncara: Cuba capital Láncara e outras Fidel-idades, narración oral de Lois Pérez
O sábado 17 de decembro, dentro do roteiro a Láncara (ponte de Carracedo, casa do pai de Fidel Castro e Pazo de Láncara) organizado por Lugo Patrimonio, asociación a prol da conservación do patrimonio material e inmaterial, terá lugar unha contada a cargo de Lois Pérez, que xirará arredor da emigración galega a Cuba a literatura e o humor e terá lugar ao remate do roteiro na xuntanza e xantar de confraternidade, a partir das 14:00 horas, aproximadamente. Tamén haberá música folk a cargo do grupo Os Minhotos.
Mondoñedo: Cunqueiro a pequenas cuncas, con Lois Pérez, o venres 25 e domingo 27
Roteiro de narración oral e humor arredor da obra de Álvaro Cunqueiro e a cargo de Lois Pérez, polas tabernas da zona vella de Mondoñedo.
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 20
O venres 20 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 17:30 h. Presentación do libro A música das árbores, a cargo de Anxo Moure e Servando Barreiro, con actuación musical.
– 19:00 h. Presentación de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emilio Xosé Ínsua, publicado por Baía Edicións. Xunto ao autor participan Francisco Legaspi e Belén López Vázquez.
– 20:00 h. Presentación de Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes, publicado por Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
– 21:00 h. Os outros feirantes, evento nocturno na Feira, onde participan Lois Pérez, Esther Carrodeguas, o mago David Méndez, e música de Zercalo.
Allariz: Ponme un poemiña!, con Yolanda Castaño, e Ponme un poema!
Lugo: presentación de O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira
O sábado 7 de novembro, ás 12:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira, publicado en Galaxia. No acto participan, xunto á autora, Lois Pérez e a ilustradora da obra, Laura Veleiro.
Lugo: O pazo das musas nº 39
Desde o Museo Provincial de Lugo:
“O pazo das musas, nº 39, terá lugar o xoves, 24 de setembro de 2015, ás 20:00 horas, no Museo Provincial de Lugo. Será un monográfico dedicado ao 140 aniversario da chegada do tren a Lugo.
Era o 5 de outubro, o convoi viña desde A Coruña (non se inaugurara a Ponte da Chanca), pero aínda así aquel día foi festa en Lugo por partida dobre: santo patrón e apertura dun camiño de ferro para activar o comercio local.
Contamos coa axuda do historiador Xosé R. Veiga, do xornalista e escritor Xesús Fraga, do pintor de trens e estacións, entre outros temas, Xoán Guerreiro, e coas narracións e sucedidos de Lois Pérez. O músico Vadzim Yukhnevich vai ambientar os escenarios do tren, os sons das máquinas, o “chucu chucu chu” do tren.
Ademais, nestas datas e ata o próximo día 12 de outubro pódese ver na sala de exposicións do Museo Provincial de Lugo unha exposición de xoguetes doutras épocas, nas que os trens son os protagonistas.”