Estas son algunas das fotografías da edición de 2017 de Letra das Festas. Historias e anécdotas do pulpo -tamén chamado polbo-, que tivo lugar o pasado 10 de outubro en Lugo. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Arquivos da etiqueta: Lois Pérez
Lugo: Letra das Festas: Historias e anécdotas do pulpo -tamén chamado polbo-, o martes 10 de outubro
Letra das Festas: Historias e anécdotas do pulpo -tamén chamado polbo- é unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a colaboración do Centro Cultural Vello Cárcere.
Esta é a sétima edición desta revista oral que ten lugar polo San Froilán, que terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Rúa Alcalde Anxo López Pérez, 34), en Lugo, o martes 10 de outubro, ás 18:00 horas. A entrada é de balde.
Contan:
- Fernando Arribas
- Xosefa Anllo Fernández
- Aida Soengas
- Aurora do Carballiño
- Amador Porta Alfonsín
Ambientación musical:
Coordinan e presentan:
“Xeografías do polbo”
Carral: “Historias da Corripa”, con Lois Pérez
Tomiño: “Sacar a lingua a p(r)acer”, por Lois Pérez
Salceda de Caselas: Historias da fronteira, espectáculo de Lois Pérez
O
venres 4 de agosto, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Entenza, en Salceda de Caselas, Lois Pérez presenta o espectáculo de narración oral Historias da fronteira.
Zas: Historias da fronteira, espectáculo de Lois Pérez
O
mércores 2 de agosto, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Zas, Lois Pérez presenta o espectáculo de narración oral Historias da fronteira.
Ribadeo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 30
O
venres 30 de xuño comeza a IV Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h.), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Presentación do libro Aldeas sen voz, publicado por Canela.
– 20:00 h. Inauguración a cargo do concelleiro de cultura, Farruco Graña. Pregón da Feira, a cargo de Eduardo Gutiérrez, cronista oficial de Riadeo.
– 20:30 h. Humor e narración oral a cargo de Lois Pérez, con “Sacar a lingua a p(r)acer”.
Vigo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 29
O
xoves 29 de xuño comeza a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:45 h. Presentación de Blues para Moraima, de Miguel Anxo Fernández, publicada por Galaxia. Intervirán, xunto ao autor, Ramón Nicolás e Carlos Lema.
– 20:30 h. Humor e narración oral a cargo de Lois Pérez, con Historias da fronteira.









