Arquivos da etiqueta: Lois Pérez
XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral
A
XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na literatura de tradición oral é unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
Esa metade da humanidade que corresponde ao xénero feminino soe aparecer nos documentos de todo tipo subordinada ao masculino; por tanto, subordinada ao poder político e relixioso, sen ou con escasa liberdade de decisión ou de acción, confinada a funcións subalternas que se reflicten en todas as formas de transmisión de valores e de coñecementos. Tamén os diferentes xéneros da literatura de tradición oral proxectan ese papel secundario da muller, esa imaxe de ser dependente cando non reprobábel se non se comporta consonte o canon imperante.
Para recuperar, pero sobre todo para actualizar ese saber herdado, nesta undécima edición da Xornada de Literatura de Tradición Oral tentamos, cos coñecementos e investigacións de recoñecidas especialistas na materia, propoñer unha reflexión crítica ao conxunto da sociedade sobre o rol tradicional da muller na nosa cultura popular.
XI Xornada de Literatura de Tradición Oral. O rol da muller na Literatura de Tradición Oral
Matrícula para o certificado homologado: desde 25/09/2018 até 25/10/2018 (o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Matrícula para o certificado emitido pola AELG: Desde 25/09/2018 até 25/10/2018 (oficina@aelg.org)
Data: 27 de outubro de 2018
Horario: Mañá de 10:15 a 14:00 e tarde de 16:00 a 20:30h.
Lugar de celebración: Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8,27001, Lugo)
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación (certificado homologado):
Prazas reservadas: 25% Número máximo de prazas: 25%
Obxectivos previstos:
1. Achegar ao profesorado coñecementos para o seu traballo na aula en relación coa cultura popular tradicional.
2. Facilitar un foro de reflexión para comprender e transmitir os valores da nosa cultura.
3. Incidir en prácticas e coñecementos que posibiliten o desenvolvemento de habilidades cognitivas en relación coa cultura popular.
4. A importancia do coñecemento destes temas da cultura transmitida por vía oral na formación do alumnado.
5. Formas e xéneros sobre cuestións de xénero na Literatura de Tradición Oral.
Programa:
10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
10.30-11.30 Conferencia
A muller habelenciosa dos contos orais: Princesas e labregas
Camiño Noia
11.30-12.30 Conferencia
Muller que sabe latín, non serve para min
Estefanía A. Lodeiro Paz
12.30-14.00 Mesa redonda
A muller imaxinada como paradigma da muller de carne e óso
Camiño Noia e Estefanía A. Lodeiro Paz
Coordina: Antonio Reigosa
16.00-17.00 Conferencia
Meigas: as mulleres sanadoras contra a orde masculina
Anxos Sumai
17.00-18.00 Conferencia
Pendentes de Ouro Negro. Mulleres e Wolframio
Faia Díaz Novo
18.00-19.30 Mesa redonda
Botando as contas da leiteira. Fantasía ou crúa realidade?
Anxos Sumai e Faia Díaz Novo
Coordina: Lois Pérez
19.30-20.30 Sesión práctica
Regueifa 2.0. Educando en igualdade
Alba María e Lupe Blanco
Plano de avaliacion da actividade para o certificado homologado:
– Asistencia ao 85% das horas.
– Seguimento do desenvolvemento da actividade.
– Entregarase unha enquisa que será cuberta polos/as asistentes.
Destinatarios-as do certificado homologado:
Profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes.
Destinatarios-as do certificado emitido pola AELG:
Outras persoas que queiran un certificado de asistencia.
A entrada é libre.
Criterios de selección para o certificado homologado:
Por rigorosa orde de inscrición, tendo preferencia os socios-as da AS-PG e da AELG.
Importe da matrícula e tipos:
Gratuíto en todos os casos.
Crónica fotográfica da Letra das Festas 2018
Estas son algunhas das fotografías da Letra das Festas 2018, que tivo lugar en Lugo o pasado 10 de outubro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Lugo: Letra das Festas: Xente daquela maneira!, o 10 de outubro
A
Letra das Festas: Xente daquela maneira! terá lugar o mércores 10 de outubro, ás 18:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cultural Vello Cárcere (Avda. Alcalde Anxo López Pérez, 34 –perto da estación de autobuses–). Esta actividade conta co apoio da Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a colaboración do Centro Cultural Vello Cárcere.
A Letra das Festas. a revista oral do San Froilán xirará neste 2018 arredor de “Xente daquela maneira! historias de fatos, falsarios, estafadores, impostores, carteiristas, malpocados, aluados, traslidos…”
A entrada será de balde.
Contan
Paco Nieto | Enma Alonso | Marcelo Castro | Orestes Currás | Xosé Miranda
A ambientación musical corre a cargo de Tundal.
Coordinan e presentan
Lois Pérez | Antonio Reigosa
Polafía en Albá (Palas de Rei), o 29 de setembro
A
Polafía en Albá (Palas de Rei) é unha actividade da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, co patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO).
Esta nova polafía, a carón do Camiño de Santiago, no Parladoiro de Arqueixal (Santiago de Albá, Palas de Rei), terá lugar o día 29 de setembro, ás 18:00, co seguinte título e programa:
- Fernando García Penas
- Afonso García Penas
- Xusto García Castro
- María José Gómez Alvite
- Carlos Vázquez García
- Toño Núñez
- Lois Pérez
- J. Manuel Miguélez
- Eusebio Varela
- Roberto Balboa
- Carlos e Jaime Villamor
Monforte: actos destacados da Feira do Libro 2018 para o 25 de agosto
O
25 de agosto finaliza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa para este día:
– 20:00 h. Presentación e recital de poesía e humor de Long Play, de Lois Pérez, publicado por Xerais.
Crónica videográfica da Gala Premios Mestras e Mestres da Memoria 2018 (II)
A
Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2018 tivo lugar o sábado 26 de maio, no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo (Rúa Alcalde Anxo López Pérez, 34). O acto, organizado pola AELG, co apoio das áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo, estará amenizado coa música de TOR, grupo composto por Xosé Liz, Álvaro Iglesias, Félix e Cástor Castro.
A Asemblea Xeral da AELG recoñeceu como Mestra e Mestre da Memoria 2018 respectivamente a Luz Fandiño e a Manuel Pazos, Pazos de Merexo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Laudatio de Lois Pérez a Luz Fandiño:
– Entrega do Premio Mestra da Memoria e resposta de Luz Fandiño á laudatio:
“Isidro Novo: transeúnte en tránsito”
Desde
Sermos Galiza:
“O A Fondo que acompaña o #sermos301 está dedicado a Isidro Novo (Lugo 1951-2018). Un escritor nas marxes xeográficas e literarias de Galiza. O caderno de análise do Sermos alcanza esta semana o seu número 200.
Isidro Novo (Lugo 1951-2018). Un escritor nas marxes xeográficas e literarias de Galiza. A súa obra tanto en verso como en prosa retrata o demorado que facer dun creador ousado e meticuloso. Poeta enorme, narrador experimental, recitador brioso, acubillador de palabras esquecidas, persoa doce e afable, sempre elegante no dicir e no facer. O A Fondo que acompaña o #sermos301 céntrase no autor lucense.
‘Querido Isidro’, é unha carta de Cesáreo Sánchez Iglesias ao falecido escritor. Mercedes Queixas, en ‘Unha camelia negra e o canto dun merlo’, lembra e explica a súa amizade con Isidro Novo.
Xosé Ramón Freixeiro Mato lembra en ‘Palabras con memoria’ o compromiso do escritor pola recuperación de palabras galegas, nun labor que alicerza o rico patrimonio lingüístico popular e que tamén desenvolveu a través dunha sección semanal en Sermos Galiza.
‘A beleza das marxes’, de Calvo Vidal. Resulta evidente que o mundo literario de Isidro Novo hai que atopalo na súa orixinal escrita. Á marxe de cuestións contextuais e, polo tanto, accesorias. Unha escrita enraizada nos sentimentos, nos ideais, nos soños, nos pesadelos, nas preocupacións e nas dúbidas dun home, dun poeta que sempre foi en serio, como moi poucos seres humanos o fixeron.
X. H. Rivadulla Corcón con ‘As sensacións de sentir ao poeta Isidro Novo’ debulla a vertente poética do lucense. Lois Pérez, ‘Coma un curandeiro da memoria’; ‘Na memoria de Isidro Novo’, Xosé Vázquez Pintor; ‘A memoria’ de David Otero; Antonio Reigosa e ‘Como as bolboretas’ completan o caderniño.”
Pontevedra: actos destacados na Festa dos Libros 2018 para o 23 de xuño
O
sábado 23 de xuño continúa a Festa dos Libros 2018, na praza da Ferrería de Pontevedra, organizada polo Concello de Pontevedra e as librarías da cidade. O horario será de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 23:30 h. Os actos máis destacados para ese día son os seguintes:
– 11:30 h. Marga Tojo, Cara de velocidade. Kalandraka. Presenta Paz Castro. ESCENARIO.
– 11:30 h. Rafael Fontoira Surís, Xan do Arrabaldo. Edicións Laiovento. Escolma.
– 12:00 h. Marga Tojo, Cara de velocidade. Kalandraka. Seijas.
– 12:30 h. Vermú entre libros. Lois Pérez con Long Play, de Xerais e Santiago Lopo con A arte de trobar, de Xerais. ESCENARIO. Libraría Paz.
– 12:30 h. Carlos Taboada, A biblioteca de Pedrarcana. Xerais. Clip.
– 12:30 h. María Fanjul, Marisé e o loro Ravachol. Editorial Fervenza. El Naranjo.
– 12:30 h. Salvador Rodríguez Pastoriza, Libertarios. Ediciones Cardeñoso e Historias de galegos extraordinarios. Belagua.
– 13:30 h. Diego Ameixeiras, A crueldade de abril. Xerais. Presenta Susana Pedreira. ESCENARIO.
– 13:30 h. Lois Pérez, Long Play. Xerais, e Santiago Lopo, A arte de trobar. Xerais. Libraría Paz.
– 13:30 h. Rafael López Torre. Novas edicións de libros sobre Alexandre Bóveda, Daniel de la Sota e Alejandro R. Sesmero. Escolma.
– 14:15 h. Diego Ameixeiras, A crueldade de abril. Xerais. Cronopios.
– 18:00 h. Marga Tojo, Maternidade fóra de catálogo. Xerais. Presenta Fran Alonso. ESCENARIO.
– 18:00 h. Montse Fajardo, Matriarcas e Un cesto de mazás. Espazo Lector Nobel.
– 18:00 h. Domingo Tabuyo, A sombra horizontal do teu nome. Editorial Toxosoutos. Luna Nueva.
– 19:00 h. Fran Alonso, Street Poems. Xerais. Seijas.
– 19:00 h. Marga Tojo, Maternidade fóra de catálogo. Xerais. Libraría Paz.
– 20:00 h. Anxo Fariña, Os Megatoxos e a batalla de Rande. Xerais. Espazo Lector Nobel.
– 20:00 h. Carlos Meixide, triloxía xuvenil Ons, Cans e Guitiriz, e obras de adultos A memoria dos meus pasos e Inge e Robbie. Seijas.
– 21:00 h. Feminismo e literatura. Susana Arins, Lara Rozados e Carmen Fouces. ESCENARIO.
De 17:00 a 19:00 h. Obradoiro “Escrita diversa”. Eva Mejuto. + 12 anos. Inscrición previa e gratuíta en luz@ovopublicidade.com. Máx. 20 persoas. Savoy restobar.
Crónica fotográfica da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2018
Estas son algunas das fotografías da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2018, que tivo lugar o pasado sábado 26 de maio en Lugo. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.












