Arquivos da etiqueta: Lois Pérez
“O rock and roll do Long Play, de Lois Pérez”
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Un disco para ler. Pode escoitarse a entrevista ao autor aquí.”
Allariz: presentación de Long Play, de Lois Pérez
O venres
29 de decembro, ás 19:30 horas, na Galería Circular de Allariz, preséntase Long Play de Lois Pérez, publicado por Xerais. No acto, organizado pola libraría Aira das Letras, Galería Circular, Ben Común e a editora, César Lorenzo Gil falará co autor sobre o seu libro.
Monforte: presentación de Long Play, de Lois Pérez
O
xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio, 6), en Monforte, preséntase Long Play de Lois Pérez, publicado por Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e no que colabora o propio Centro do Viño da Ribeira Sacra, intervirán, xunto ao autor, Xosé Manuel Fernández e Fran Bouso.
Long Play: Poemas de Lois Pérez
Desde
Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entramos agora nun mundo circular que xira arredor de referentes galegos e americanos. Falamos de Long Play, de Lois Pérez, un poemario editado por Xerais que se presentou esta semana en Compostela. Nós estivemos con el nun lugar con encanto, o local “La fruslería de Madame Deficit” en Lugo. Pode verse aquí.”
Compostela: presentación de Long Play, de Lois Pérez
Entrevista a Lois Pérez sobre Long Play
Lugo: presentación de Long Play, de Lois Pérez
Polafía nas Pontes, o domingo 26 de novembro
A
Polafía nas Pontes. Fiando lembranzas, que terá lugar o 26 de novembro de 2017, a partir das 18:00 horas, no Salón de Exposicións do Mercado Vello (Avda. Ferrol, 13), é unha actividade coorganizada pola Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG e a Asociación de Estudos Históricos e Sociais Hume, e que conta co apoio da Deputación da Coruña, a Consellaría de Cultura e Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO), e a colaboración do Concello das Pontes.
A entrada será libre para todas as persoas interesadas.
Contará coas intervencións de:
Ovidio García Pazos, Xosé López Soto, Antonio Lourenzo Cabarcos (Toñito de Ferpu), Maruja López Rivera (Maruja da Ibérica), José López Martínez (Pepe de Rosalía), Esperanza Piñeiro de San Miguel, Nieves Montero Corral, Juan Eladio Pico Romero (Eladio O Cego), Jesús Prieto (Suso do Aparral), Sara Ramil, Elisa Romero Ferreiro, Isidro Novo, Lois Pérez e… un mundo de xente.
Tamén haberá actuacións musicais.





