O venres 17 de decembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a cuarta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Antía Otero, Chelo Suárez, Eduardo Estévez e María Lado, en paralelo á música de Manu Clavijo e a creación pictórica de Manoel Bonabal.
Arquivos da etiqueta: Manu Clavijo
A Coruña: Isto é o que nos foi dado, homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero
O mércores 24 de novembro, a partir das 21:00 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, con entrada libre até completar capacidade, terá lugar, dentro das actividades das Xornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, o espectáculo Isto é o que nos foi dado, homenaxe escénica ao autor, dividido en dúas partes: un recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceiras, Santiago Fernández e Manu Clavijo, e un concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.
Padrón: Ao raso coas lebres, de Casahamlet
O venres 8 de outubro, a partir das 20:00 h., na Casa-Museo Rosalía de Castro de Padrón, terá lugar a representación de Ao raso coas lebres, por Casahamlet, coa participación de Manuel Lourenzo, Santiago Fernández e os músicos Manu Clavijo e Brandan Lourenzo, con motivo do 152º aniversario do casamento de Rosalía de Castro con Manuel Murguía. Ao raso coas lebres tenta mostrar a lucidez e a rebeldía dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvela a situación do pobo e da cultura galega, comezando pola lingua, que ten nela a primeira usuaria con forza suficiente para inaugurar un tempo novo marcado pola consciencia e polo orgullo, así como pola contundencia fronte ás agresións.
Presentación en Compostela do número 31 da revista Dorna
O día 16 de abril, ás 19:30 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela terá lugar a presentación do número 31 da revista Dorna (2006/2007). A presentación consistirá nun recital poético-musical coa participación de Anxo Angueira, María do Cebreiro, Xiana Arias, Alberto Lema, Andrea Núñez, Lía Santiso e Manu Clavijo.
Con este número recupérase a traxectoria dunha das revistas máis importantes do panorama literario galego, que leva dende 1981 ofrecendo un lugar para a expresión de voces emerxentes xunto con outras longamente consagradas.
O presente número conta, entre outras, coas colaboracións de Anxo Angueira, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Elvira Riveiro, Fran Alonso, María do Cebreiro, María Lado, Marilar Aleixandre, Marta Dacosta ou Miro Villar, xunto con poetas que veñen de debutar hai pouco como Alberto Lema, Andrea Núñez, Rosa Enríquez ou Xiana Arias.
O número inclúe tamén unha antoloxía bilingüe do poeta vasco Kirmen Uribe e está ilustrado con obra fotográfica da artista Carmen Chacón.
Poemas cantados de Francisco Brives na Casa de Galicia en Madrid
Dentro do ciclo “ReCrea Galicia “, na Casa de Galicia en Madrid (Rúa Casado del Alisal, 8) terá lugar o espectáculo Poesía cantada, con poemas de Francisco Brives e recital de guitarra a cargo de Manu Clavijo. Será o 25 de abril ás 20:00 horas.