“A programación do II Encontro de Literatura de Viaxes (Litvi), que comeza o próximo 14 de xuño cunha conferencia inaugural do escritor Antonio Gala, espertou o enfado de certos sectores da cultura do país ao non incluír autores da literatura galega. “Resulta sorprendente que non se inclúan autores galegos nun ámbito tan emblemático na literatura galega como é a literatura de viaxes e no que sempre houbo autores como Álvaro Cunqueiro ou Blanco Amor. Resulta sorprendente e resulta un erro estrondoso. O enfado que hai nos escritores é grande”, explica o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez.
O programa do II Litvi foi presentado o martes pola súa directora, Ana Trevisani, e o director xeral do libro, Francisco López. A atención centrarase nesta ocasión na gastronomía e na fotografía e o encontro será inaugurado polo escritor Antonio Gala. Entre os nomes máis destacados do programa atópanse Julio Llamazares, José Luis Corral Lafuente ou o presentador José María Íñigo. Ademais, un dos temas principais será a Catedral de Santiago, xa que este ano se celebra o 800 aniversario da súa consagración.
Estas circunstancias espertan a sorpresa do sector cultural en Galicia. “Hai tres cousas que destacar de forma obxectiva. A primeira é que é unha boa noticia que se promova a continuidade dun encontro temático. O segundo é que non están presentes autores en galegos. O terceiro é que parece que se suprime a feira do libro de viaxes que se iniciou o ano pasado”, explica Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores (AGE), que lembra que a única excepción sería a participación do fotógrafo Xurxo Lobato, que ten publicado en galego. Non obstante, Xurxo Lobato participa como comisario do festival Olladas viaxeiras. Trátase dun festival con diversas proxeccións audiovisuais nas noites do sábado 17 e 18 de xuño.” Vía Xornal. Máis información no día seguinte no mesmo medio.
Arquivos da etiqueta: Manuel Bragado
Vigo: presentación de Despois da medianoite, de Salma
O
xoves 2 de xuño, ás 20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o libro Despois da medianoite, de Salma, publicado en Xerais, traducido por María Reimóndez. No acto participará a autora, a escritora támil Salma, xunto coa tradutora e Manuel Bragado.
Santiago: presentación de Despois da medianoite, de Salma
O
mércores 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Despois da medianoite, de Salma, publicado en Xerais, traducido por María Reimóndez. No acto participará a autora, a escritora támil Salma, xunto coa tradutora e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán
O
venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio do Mar de Vigo (Rúa Beiramar), preséntase o libro Cara unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, coordinado por Manuel Forcadela e Camiño Noia, publicado en Xerais. No acto participarán Mónica Bar Cendón, Iolanda Veloso, Camiño Noia, Manuel Bragado e a propia María Xosé Queizán. Crónica posterior en Faro de Vigo.
Santiago: presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas
O
xoves 26 de maio, ás 21:00 horas, no Café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentacion de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado en Xerais. No acto participan, co autor, Gracia Santorum e Manuel Bragado, e o Grupo Loaira (Clara, Roi e Rubén) interpretarán as pezas do disco que acompaña á novela.
Cangas: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira
O
sábado 21 de maio, ás 20:00 h., na Casa do Pobo (Avenida de Bueu, 14) de Cangas, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. No acto participan Iago Santos Castroviejo, Manuel Bragado e o propio autor.
Lugo: actividades do mércores 18 ao venres 20 na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior), aberta até o domingo 22 de maio, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 17:00 a 21:00 h. O programa completo pódese consultar aquí.
– O mércores 18, ás 20:00 horas, preséntase Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, publicado en Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.
– O xoves 19, ás 20:00 horas, preséntase o número 14 da revista Xistral, publicada polo Concello de Lugo. No acto haberá un recital dos autores dos poemas recollidos na publicación, coa coordinación do director da mesma Camilo Gómez Torres. Participan tamén Xosé Clemente López Orozco e Nuria Mundiña López.
– O venres 20, ás 20:00 horas, preséntase Abrapalabra!, de Carlos Coira (mago) e Antón Cortizas (poeta), publicado pola Editorial Galaxia.
Carballo: presentación de Cara B, de Ignacio Silva
O
venres 13 de maio, ás 20:00 h., no Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n.) de Carballo, preséntase o libro Cara B, de Ignacio Silva, publicado en Xerais. No acto, acompañando ao autor, participan Rober Bodegas e Manuel Bragado.
Xosé Luís Méndez Ferrín: “Nunca as Letras Galegas foron dedicadas a alguén tan contemporáneo”
María Goretti Fariña, gañadora do premio Cidade de Ribeira, por Orlando pendurado
“O salón de plenos do consistorio de Ribeira acolleu a entrega do premio da terceira edición do concurso de relato curto Cidade Centenaria de Ribeira, de carácter bienal, ó que se presentaron 11 obras. A gañadora foi María Goretti Fariña Caamaño, de Vilanova, pola obra Orlando pendurado. O xurado estivo formado por Manuel Bragado, director da Editorial Xerais; polos escritores Antonio Piñeiro e Xabier López Marqués, e pola profesora María Ángela Rodríguez. Alicia Padín, do servizo de Normalización Lingüística do Concello, actuou como secretaria, con voz e sen voto. A gañadora recibiu o premio de 3.000 euros e o diploma acreditativo.” Vía Galicia Hoxe.