(Xornal)
Arquivos da etiqueta: Manuel Bragado
Vigo: presentación de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz
O venres
15 de outubro preséntase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa) de Vigo, a partir das 20:00 h., o libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Marita Vázquez de la Cruz, Xesús López Carreira e Manuel Bragado.
Santiago: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
A
última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, preséntase o xoves 14 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela. Durante o acto intervirán o propio autor, a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara, xunto co editor Manuel Bragado. Se o tempo o permite, o acto ocupará a praza de Cervantes
Ourense: Auria, actividades do día 13
Dentro das
actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o mércores 13 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
19:00 h. Mesa redonda sobre La Bella Otero, unha galega novelesca, tras o encontro e sinatura de libros con Alberto Vázquez-Figueroa ás 17:00 h. Na mesa participan Aníbal C. Malvar, Marga do Val, Manuel Bragado e Miguel A. Fernández, coa moderación de Antonio Piñeiro.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Manuel Bragado: “A forza do libro galego será a dos lectores”
Entrevista en El País.
Os editores alertan dos impagos da Xunta
Monforte: actividades do xoves 26 de agosto na Feira do Libro
Dentro
do programa de actos da Feira do Libro de Monforte (na rúa do Cardeal), o 26 de agosto realizaranse os seguintes:
19:00 h. Ricardo Gurriarán presenta Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968, publicado en Xerais, acompañado por Manuel Bragado.
20:00 h. Xabier Quiroga presenta a súa novela máis recente, O Cabo do Mundo, Premio da Crítica 2010 no eido da narrativa, publicada en Xerais, tamén acompañado por Manuel Bragado.
Vídeo: Marcos Calveiro na Feira do libro da Coruña 2010
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Wq8MQlzM3-c" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
A Coruña: programa do sábado 7 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. Presentación
do libro Contos para nenos que dormen deseguida de Pinto e Chinto, publicado por Kalandraka Editora. Xunto cos autores, participará no acto Paz Castro.
19.00 h. Os escritores Celso Castro (autor de El afinador de habitaciones) e Narciso de Gabriel (autor de Elisa y Marcela. Más allá de los hombres), asinarán exemplares dos seus libros, publicados pola editorial Libros del Silencio.
19.30 h. Presentación da novela O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre, publicada por Xerais. Xunto coa autora, participará Manuel Bragado.
20.00 h. O escritor Sindo Seixido asinará exemplares do seu libro Huellas de amor en la memoria.
20.30 h. Mesa Redonda: Ser escritora en España. Participan: Milagros Frías, Soledad Puértolas e Espido Freire, e Modera: Fernando Marías. Colabora Ámbito Cultural, de El Corte Inglés.
A Coruña: programa do venres 6 de agosto na Feira do Libro
18.00 h. O escritor Jordi Sevilla presentará o seu libro La joven de la foto, publicada por Ellago Ediciones. Xunto co autor, participará no acto o alcalde da Coruña, Javier Losada, e o editor Francisco Villegas. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
19.00 h. Presentación do libro Construtores, publicado por Factoría K. Participan no acto o autor dos textos, Xulio Gutiérrez, Nicolás Fernández, autor das ilustracións e Paz Castro.
19.30 h. O escritor Suso de Toro asinará exemplares do seu libro Sete palabras, publicado por Xerais, e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Vicente Araguas presentará o seu libro Xuvia–Neda, publicado por Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.
20.30 h. O escritor Ignacio Bermúdez de Castro Olavide asinará exemplares do seu libro Una vida en siete días, publicado por Huerga y Fierro Ediciones.
21.00 h. Mesa Redonda: ¿Qué escriben os homes, qué escriben as mulleres? Participan: Rosa Regàs, Marta Rivera de la Cruz e Vanessa Montfort. Modera: Fernando Marías. Colabora: Ámbito Cultural de El Corte Inglés.