Arquivos da etiqueta: Manuel María
Vigo: mesa redonda-coloquio Manuel María. Fanegas de corazón, alma de poeta
Finalistas do XXV Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
“Reunido
o xurado do XXV Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, composto por Teresa Moure Pereiro (escritora), Marcos Sánchez Calveiro (escritor), Antonio Piñeiro Fernández (gañador da 24ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):
– O mérito da chuva, de Carlos Quiroga.
– Hai patios de luces tristes, de Diego Giráldez.
– A aranha de Sidney, de José António Lozano.
Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia de entrega, que se celebrará o próximo venres 13 de maio, ás 19:30 h., no Centro Cívico do Concello de Arteixo, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.
O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: o volume A garza insomne, consistente nunha edición dos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do Certame, a actuación musical do grupo 4 jazz, a plantación dunha árbore conmemorativa do 25º aniversario e un viño de honra como fin de festa.
O evento incluirá ademais unha lembranza musical e literaria da figura de Manuel María, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Para tal fin contarase durante toda a semana no recibidor do CCC cunhas láminas sobre a súa vida que remitiu a Xunta de Galicia e que foron completadas con outras elaboradas no Concello nas que se mostra a súa relación con Arteixo dende o ano 1996. O día 13 tamén estarán a disposición do público asistente algúns dos libros do autor da Terra Cha.”
Vilaboa, Culleredo: tertulia arredor de Manuel María e Culleredo, con Carlos Pereira
O
mércores 11 de maio, ás 11:30 horas, na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), terá lugar unha tertulia de historia a cargo de Carlos Pereira Martínez, baixo o título de Manuel María e Culleredo. A entrada será libre para o público interesado.
Compostela: presentación de A Berenguela, libro-CD baseado nun texto de Manuel María
Pontevedra: conferencia de Mercedes Queixas: Vida e obra de Manuel María
O
martes 10 de maio, ás 20:30 horas, no local social do Burgo (Rúa Manuel Murguía, 1), en Pontevedra, terá lugar a conferencia Vida e obra de Manuel María, a cargo de Mercedes Queixas, dentro do programa Maio, mes de lingua, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística e a Asociación Sociocultural O Burgo, coa colaboración da editorial Galaxia.
Carballo: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas
Bilbao: Manuel María, Galicia e a conciencia ecolóxica, conferencia de José Antonio Cascudo
Caldas: conferencia sobre Manuel María, con Manuel Veiga
Diálogos Manuel María: Miguel Anxo Fernán Vello
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Diálogo con Miguel Anxo Fernán-Vello arredor da figura de Manuel María. A entrevista pode escoitarse aquí.”





