O
venres 23 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, terá lugar o concerto de presentación do último disco de Xardín Desordenado, onde se recollen dezaseis poemas musicados con textos de Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez Cáccamo, Darío Xohán Cabana, Eduardo Estévez, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Serxio Iglesias, Manuel María, Kiko Neves, Uxío Novoneyra, Manuel Pereira Valcárcel, Anxo Quintela, Manuel Rivas, Daniel Salgado e Rafa Villar.
Arquivos da etiqueta: Manuel Pereira Valcárcel
Madrid: presentación de Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel
O
mércores 1 de febreiro, ás 19:30 horas, no auditorio da Universidad de Alcalá (Rúa Eloy Gonzalo, 3-5), preséntase o novo libro de poemas de Manuel Pereira Valcárcel, Tatuaxes, publicado en Follas Novas, nun acto organizado polo Espazo das Linguas Ibéricas.
A Estrada: presentación de Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel
O
mércores 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Museo do Moble e da Madeira (Avenida Benito Vigo, 92, baixo) da Estrada, preséntase o poemario Tatuaxes, de Manuel Pereira Valcárcel, publicado en Follas Novas. No acto intervirán, xunto ao autor, Luís Alonso Girgado, Asunción Canal Covelo e Xosé Luna.
A Estrada: presentación de Malas cartas, de Manuel Pereira Valcárcel
O
martes 4 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande, na Estrada, preséntase a segunda novela de Manuel Pereira Valcárcel, Malas cartas, publicada pola editorial Biblos, dentro da súa colección Mandaio. No acto participarán, co autor, o escritor Miguel Lousazo, e o director de Biblos, Tucho Calvo.