Arquivos da etiqueta: Manuel Puga Pereira
Redondela: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 16 de xullo
O 16 de xullo comeza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:30 h. Pregón a cargo de Manuel Puga Pereira.
– 20:00 h. María Alonso Alonso asina Red Lion, publicado por Galaxia.
As 167 cartas que se enviaron Otero Pedrayo e Carvalho Calero estarán dispoñíbeis ‘online’
Desde Nós Diario:
“Trátase das 167 cartas que os escritores se enviaron entre 1949 e 1974, que pasarán a estar estar dispoñíbeis ‘online‘ para estudo ou consulta.
A firma contou coa herdeira de Carvalho Calero, María Vitoria Carvalho Calero, e o presidente da Fundación Penzol, Manuel Puga Pereira; así como co presidente do Parlamento da Galiza, Miguel Santalices.
As 85 cartas enviadas por Otero Pedrayo están depositadas no Parlamento galego, mentres que as 82 remitidas por Carvalho Calero son custodiadas pola Fundación Penzol.
Durante o acto, o presidente do Parlamento galego destacou que ambos os dous autores foron dúas persoas “comprometidas coa causa da liberdade e o galeguismo”, que afrontaron dificultades na súa traxectoria “cunha enteireza, valentía e integridade realmente exemplares”. “A Galiza actual está en débeda cos galeguistas históricos que antes e durante a ditadura, nuns casos desde o territorio, noutros desde a emigración ou desde o exilio, trazaron a senda do que é a Galiza actual”, destacou.”
Vigo: presentación á prensa da edición facsimilar de Vieiro Choído, de Xosé Luís Franco Grande
O xoves 12 de abril, ás 12:00 h, terá lugar na Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, a presentación á prensa da edición facsimilar de Vieiro choído de Xosé Luís Franco Grande, número 1 da histórica colección Illa Nova, publicado por Galaxia. Na rolda de prensa acompañarán ao autor Antón Vidal Andión, Manuel Meixide Vecino e Manuel Puga.
Vigo: presentación de Grial. Seis achegas a Carlos Casares
Redondela: presentación de Non des a esquecemento, de Luís Bará
Francisco Castro: “Haberá unha aposta clara pola modernidade, por ese horizonte 2.0 do libro electrónico”
Entrevista a Francisco Castro en Sermos Galiza:
“Falamos co novo director da editorial Galaxia quince minutos despois de que remate o Consello de Administración que vén de nomealo en substitución de Víctor Freixanes.
– Sermos Galiza (SG): Logo de tantos anos en Galaxia, que supón para ti ser o novo director da editorial?
– Francisco Castro (FC): Pois imaxínate, unha responsabilidade enorme e un reto absolutamente fantástico. Hai 15 minutos que rematou o Consello de Administración que decidiu nomearme e estou nunha nube, feliz, moi consciente da responsabilidade, pero moi contento.
– SG: Estase producindo un relevo xeracional paulatino no mundo Galaxia. Ademais de Freixanes, hai uns días retirábase Zulueta de Haz como presidente da Fundación Penzol, dando paso a Manuel Puga. Que suporá isto para a entidade?
– FC: Estamos diante dun relevo xeracional, Víctor Freixanes xubílase, fixo un traballo excepcional ao longo de todos estes anos, e agora tócanos á xeración que vén por detrás asumir estes retos. Entre moitos outros que vai haber, de renovación do noso catálogo, de apertura de novas coleccións, pois unha haberá unha aposta clara pola modernidade, por ese horizonte 2.0 do libro electrónico e da experimentación con moitos formatos. Un dos retos cruciais para min, ademais de seguir mantendo este proxecto de navegación que empeza no ano 1950, é sobre todo conectar coa mocidade, contribuír desde esta editorial ao que na fundación se soñou, que é o espallamento da literatura e da cultura galega, agora dicimos tamén da música galega, enchufándonos moi ben en todos os chanzos da idade. Imos potenciar máis a nosa liña de música infantil que tantas alegrías nos ten dado. (…)
– SG: E esta nova responsabilidade limitará a túa dedicación á literatura?
– FC: Obviamente vai dificultala bastante, pero é un reto profesional que como editor asumo con orgullo e con plena entrega. Obviamente se xa era difícil sacar horas para escribir agora témome que vai ser máis difícil aínda, pero é un prezo lindo a pagar.”