Os
escritores Manuel Rivas e Kirmen Uribe foron convidados a participar, os días 7 e 8 de febreiro, nos actos de celebración do Día Mundial das Linguas Maternas da UNESCO na sala dos Dereitos Humanos en Bruxelas, onde impartirán cadanseu recital poético nas súas respectivas linguas maternas, galego e eúscaro, con acompañamento musical. Ademais, ambos os dous escritores participarán en diversos actos, encontros e conferencias. Por outra banda, a editorial brasileira Tinta Negra (São Paulo) publica este mes de febreiro Que me queres, amor?, de Manuel Rivas, o primeiro chanzo para a publicación da obra completa de Rivas, responsabilidade que asume esa editora para todo o Brasil. A nova ven a través de Xerais. Aparece recollida tamén en Galicia Hoxe.
Arquivos da etiqueta: Manuel Rivas
A Coruña: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
O sábado
5 de febreiro, a partir das 18:30 h., na Biblioteca Municipal do Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, preséntase a novela “Todo é silencio“, de Manuel Rivas, publicada en Xerais, coa participación de Rómulo Sanjurjo.
A Coruña: presentación-happening da Fotobiografía sonora de Lois Pereiro, con música e poesía
Noia: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
O venres
28 de xaneiro, a partir das 20:00 h., no Teatro Coliseo Noela (Rúa Curro, 4) de Noia, preséntase o novo libro de Manuel Rivas Todo é silencio, publicado en Xerais. No acto, as alumnas Miriam López Romero e Paula Gómez González e os alumnos Pablo García Blanco e Sergio García Domínguez entrevistarán ao escritor para a revista Entrepontes. Acompañarán musicalmente o acto o trío formado pola cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara. Colabora o Concello de Noia.
Manuel Rivas: “A Cidade da Cultura é como o purgatorio dos galegos”
(Xornal)
A Coruña: sinatura de exemplares de Todo é silencio, de Manuel Rivas
Manuel Rivas
asinará exemplares da súa nova obra Todo é silencio, publicada en Xerais, o venres 17, a partir das 19:00 h., na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25), na Coruña, o mércores 22 ás 19:00 h. en El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal), e o xoves 30 deste mes de decembro, ás 19:00 h., na Librería Carballido (Avenida dos Caídos, 4) da mesma cidade.
A Coruña: presentación de A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge
O
mércores 15 de decembro, a partir das 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, s/n.) da Coruña, preséntase o libro A historia secuestrada polo franquismo, de Manuel Monge, publicado en Laiovento. No acto participan, co autor, Francisco Pillado e Manuel Rivas.
Que me queres, Amor?, de Manuel Rivas, será traducido ao chinés
A
editorial chinesa Shanghai 99 realizará unha edición de 8.000 exemplares de Que me queres, Amor?, o libro de de relatos co que Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 1996. O proxecto asinado coa editorial chinesa supón continuar coa edición do resto da obra narrativa de Manuel Rivas. Vía Xerais. Tamén recollido en Galaxia, Galicia Hoxe e Xornal.
Vilaboa, Culleredo: homenaxe a Manuel Rivas
O
mércores 1 de decembro, ás 20:00 h, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra, e dentro do programa do Concello III Outono das Letras en Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), realízase unha homenaxe a Manuel Rivas, na que participan Celestino Poza, Luciano Rodríguez Gómez e o propio autor. A continuación haberá unha actuación do Dúo de guitarra e voz do Conservatorio de Música de Culleredo, a cargo de Cristina López Fraga, voz, e Antía Seijas Vieites, guitarra.
Manuel Rivas: “Un libro que non é perigoso non é libro”
Entrevista a Manuel Rivas en Faro de Vigo. Pódese consultar a entrevista completa, a través de Xerais, aquí.
