O
mércores 1 de decembro, ás 20:00 h, na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra, e dentro do programa do Concello III Outono das Letras en Vila Melania (Vilaboa, Culleredo), realízase unha homenaxe a Manuel Rivas, na que participan Celestino Poza, Luciano Rodríguez Gómez e o propio autor. A continuación haberá unha actuación do Dúo de guitarra e voz do Conservatorio de Música de Culleredo, a cargo de Cristina López Fraga, voz, e Antía Seijas Vieites, guitarra.
Arquivos da etiqueta: Manuel Rivas
Manuel Rivas: “Un libro que non é perigoso non é libro”
Entrevista a Manuel Rivas en Faro de Vigo. Pódese consultar a entrevista completa, a través de Xerais, aquí.
Booktrailer de Todo é silencio, de Manuel Rivas
(Xerais)
Entrevista de David Cantero en TVE a Manuel Rivas
(Xerais)
Manuel Rivas: “Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva”
(Diario de Pontevedra, a través de Xerais)
Manuel Rivas: “Máis que a cocaína, o tema da novela é a loita polo poder”
Entrevista
de Santiago Jaureguizar a Manuel Rivas en El Progreso:
“El Progreso (EP): Todo é silencio é a crónica dunha loita de poder e pola ostentación dunha riqueza conseguida rapidamente?
Manuel Rivas (MR): Si, máis cá cocaína, o tema desta novela é o poder. Había xente que se encontrou con que podía gañar diñeiro con algo que non era pecado, porque contrabando sempre houbo coas mulleres que pasaban a fronteira preñadas e volvían paridas.
EP: Foi un problema de escala, de empezar a facer o mesmo pero ao grande?
MR: Máis ben de que se rompeu a escala. Houbo un capitalismo máxico. Foi como eses días milagrosos nos que o barco volve a porto cheo de lubina ou robaliza, pero ese día milagroso eran todas as noites. Deuse algo que aparece no Manifesto comunista, onde se fai referencia aos capitalistas como o mago tolo, que ten superpoderes e non sabe que facer con eles. Sen embargo aquí había plan, os narcos foron infiltrándose nos concellos e nas cámaras de comercio, mesmo había plan para entrar na Xunta. Xa non lles chegaba con mercar coches mellores cós de Alberto de Mónaco ou de entrar como clientes importantes nos bancos suízos.
EP: Está vostede escribindo a historia do século XX en Galicia nos seus libros, mesmo en Os libros arden mal fala do país falando da Coruña. É algo premeditado?
É certo que hai unha continuidade. Os libros arden mal é un libro sobre o fascismo político, ideolóxico e cultural. Acaba coa pregunta «Que prezo ten isto?». Esa é a pregunta contemporánea e o que liga esa novela con Todo é silencio. Pero non é premeditado. É como o andar de Charlot, que non sabe onde vai, pero que ten un sentido. Agora teño tres historias na cabeza e hai unha relacionada con esta novela.
A Coruña: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
O venres
29 de outubro, a partir das 19:30 h., na FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n.) da Coruña, presentación do novo libro de Manuel Rivas Todo é silencio, publicado en Xerais. No acto estará acompañado por César Morán e Xosé Taboada. Ao finalizar a presentación, o autor asinará exemplares da súa obra.
Lugo: sinatura de libros de Manuel Rivas
O
martes 26 de outubro, a partir das 13:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares do seu último libro Todo é silencio, publicado en Xerais, na libraría Balmes (rúa San Pedro, 10) de Lugo.
Manuel Rivas: “Galicia é vella para suicidarse”
Rivas e Reixa tratan o cine e a literatura en clave erótica
(Xornal)