O
xoves 20 e venres 21 de marzo, ás 18:00 horas, e o sábado 22 de marzo ás 11:00 horas, no Centro Ágora da Coruña, e dentro de CoruñaMayúscula, terá lugar un obradoiro de poesía impartido por María Canosa. O prezo é gratuíto e hai un máximo de 15 prazas (en caso de superarse este máximo, realizarase unha selección entre as persoas inscritas atendendo á calidade dos textos enviados. A inscrición pódese realizar ate o domingo 16 de marzo. A preinscrición a este obradoiro pódese efectuar aquí.
Neste obradoiro literario comezarase pola descuberta do que é a poesía en si, partindo da base de ideas preconcibidas, que pode estean a limitar o universo poético. Por iso, realizarase unha pequena lectura crítica de textos que se someterán a análise, e servirán de base para a creación de novos textos poéticos por parte dos asistentes. Levaranse a cabo técnicas de mellora de lectura e dramatización de textos poéticos, facendo fincapé na modulación e a importancia da mesma. O obxectivo principal é a descuberta da conxugación de sinxeleza e grandiosidade na poesía como unha primeira aproximación.
Arquivos da etiqueta: María Canosa
Carballo: encontros literarios arredor de Acuario, de María Canosa
O
xoves 27 de febreiro, ás 09:15 horas, María Canosa manterá un encontro literario co alumnado do Colexio Rural Agrupado da Rega (Carballo), arredor do seu libro Acuario, publicado por Embora.
O venres 28 de febreiro desenvolverá a mesma actividade ás 10:15 horas no Colexio Rural Agrupado de Cances, e ás 12:00 horas, no de Verdillo.
Serra de Outes: charla de María Canosa sobre A ciencia e o galego
O
luns 24 de febreiro, ás 16:20 horas, no IES Poeta Francisco Añón de Serra de Outes, María Canosa dará unha charla ao alumnado do centro sobre A ciencia e o galego.
A Coruña: obradoiro de poesía a cargo de María Canosa
“Neste
obradoiro leremos diversos textos poéticos para mellorarmos a comprensión lectora e para coñecermos a variedade de voces que poboan a poesía actual. Traballaremos na valoración da estrutura, o contido e a emoción do texto. Tamén poremos de manifesto a necesidade dunha actitude receptiva cara ao poema e mesturaremos a obra poética con outras artes e medios audiovisuais.
A metodoloxía que seguiremos comezará por ler textos poéticos moi diversos. Despois dunha segunda lectura, analizaremos as composicións e escoitaremos os distintos puntos de vista de cada lector sobre un mesmo texto.
Obxectivos
– Facer unha achega á poesía de maneira relaxada aos tópicos tradicionais para deixarse seducir por ela
– Potenciar a escoita como primeira aproximación aos textos
– Converterse en críticos dos propios textos creativos, encontrar a propia voz lírica e perder o medo
Datas: Mércores, do 12 de marzo ao 2 de abril
Horario: De 19:00 a 21:00 h.
Lugar: Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia da Coruña (Cantón Grande, s/n)
Duración: 8 h.
Prezo: 40 €
Docente: María Canosa
Coordinador: Polisemias.
Prazas: 20.
Inscrición en Servinova.
De non chegar ao número mínimo de inscricións (7 persoas), o obradoiro cancelarase e devolverase o diñeiro da inscrición polo mesmo método por que se realizou o pagamento. En caso de cancelación, avisarase por correo electrónico ou por teléfono con un día de antelación.”
Vídeo Todas con Rosalía [segunda parte]
“Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva”.
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dunha segunda parte do vídeo colectivo Todas con Rosalía.
Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto e Pilar García Negro.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega contou coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.
Cuestionario Proust: María Canosa
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a María Canosa:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
– Sinceridade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Integridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Amizade.
4.– A súa principal eiva?
– A excesiva orde.
5.– A súa ocupación favorita?
– Estar coa xente que quero.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Só creo nos momentos felices. E eses, querería compartilos con quen se aledase comigo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Unha enfermidade sen cura.
8.– Que lle gustaría ser?
– Algo relacionado coas letras.
9.– En que país desexaría vivir?
– Neste, o meu. Pero gobernado e poboado por xente que o ame.
10.– A súa cor favorita?
– Depende do día e para que, pero poderiamos xeralizar co azul.
11.– A flor que máis lle gusta?
– As rosas do xardín de casa, con pingas de auga despois da choiva.
12.– O paxaro que prefire?
– O colibrí.
13.– A súa devoción na prosa?
– Concha Blanco.
14.– E na poesía?
– Hai tantos poemas que me gustan, que nin sequera podería quedarme con un, como elixir un autor… Imposible. Non podo.
15.– Un libro?
– Cousas, de Castelao.
16.– Un heroe de ficción?
– Asterix.
17.– Unha heroína?
– Mafalda.
18.– A súa música favorita?
– Pode ser moi diferente segundo o estado de ánimo…
19.– Na pintura?
– Son dos clásicos.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Meu avó. Miña madriña.
21.– O seu nome favorito?
– Ana.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A impuntualidade sistemática. Valoro moito o tempo, porque nunca volve, nin regresa, nin se recupera.
23.– O que máis odia?
– As inxustizas.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Calquera que se levara algunha vida por diante para conseguir o seu obxectivo.
25.– Un feito militar que admire?
– O desembarco de Normandía.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Unha intelixencia extraordinaria.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– Sen decatarme.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Activa. En loita.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Os que non afectan a terceiros.
30.– Un lema na súa vida?
– Confía, e agarda.”
María Xosé Lamas gaña o premio Arume 2013 de poesía para nenos
Desde
La Voz de Galicia:
“A profesora, escritora e actriz natural da localidade lucense de Vilalba, María Xosé Lamas Fernández, foi a gañadora da sétima edición do Premio Arume de Poesía para Nenos. O xurado deste certame literario reuníase o pasado martes en Gres para fallar un galardón que está dotado con 600 euros en metálico e a publicación da obra por Edicións Embora. O poemario gañador leva por título Cantigas para aprender a soñar.
Nesta edición foron doce os traballos presentados a concurso. O xurado que fallou o galardón estivo presidido por Xosé Neira Vilas, integrado por Juan Andrés Fernández Castro, Rosalía Morlán e Luís Reimóndez, en calidade de secretario. O acordo foi unánime, pero tamén se considerou oportuno outorgar varias mencións de honra dada a calidade dos traballos presentados. En concreto foron para Cando as follas voan, de Antón Cortizas, O libro dos medos que non o son, de María Canosa, e Versos e bicos, de Xosé Luna. María Xosé Lamas exerce como docente en Vilalba e conta cunha importante obra escrita, ademais de conseguir diferentes premios e destacar no seu labor a valor do teatro afeccionado. A entrega dos premios terá lugar o día 15 de decembro, a partir das 17.00 horas, na Fundación Xosé Neira Vilas.”
Arteixo: contacontos de María Canosa sobre a súa obra O Crebanoces
Ponteceso: actividades do Outono Pondaliano 2013
A Coruña: obradoiro Destrofando poesía, dirixido por María Canosa
Destrofando poesía
é un obradoiro literario dirixido por María Canosa en Polisemias, orientado á lectura crítica de diversos textos poéticos para proceder á súa análise, como base para a creación de textos poéticos. Abordará técnicas de mellora de lectura e dramatización de textos poéticos; modulación, conxugación de sinxeleza e grandiosidade da poesía como unha primeira aproximación; valoración da estrutura do texto, o contido, a emoción; a posta de manifesto da necesidade dunha actitude receptiva de cara ao poema, así como posibles mesturas da poética con outras artes e medios audiovisuais.
– Metodoloxía: lectura de textos poéticos moi diversos, previos ao traballo da palabra. Relectura das creacións e composicións poéticas para a súa análise e mellora, respectando os distintos puntos de vista que cada lector faga do mesmo texto.
Buscar os propios lindes, difusos, á poesía e ao significado dos poemas.
– Obxectivos:
Facer unha achega á poesía de maneira relaxada aos tópicos tradicionais: a rima, a puntuación clásica. En definitiva: deixarse seducir pola poesía.
Potenciar a escoita como primeira aproximación aos textos poéticos.
Converterse en críticos dos propios textos creativos. Atopar a propia voz lírica. Perder o medo.
RESUMO
– Nivel: Iniciación.
– Duración: De outubro a decembro de 2013.
– Horario: Todos os mércores, de 20:30 a 22:30 horas.
– Prezo: 60 €/mes socios. 80 €/mes non socios de Polisemias.
– Inscrición: aquí.


