Questionário fou(cinha): María Lado

Entrevista María Ladoa María Lado na Plataforma de Crítica Literaria A Sega:
“(…) – A Sega (S): Cando escribes se tes fill@s? De onde sacas o tempo?
– María Lado (ML): Pois de onde antes sacaba o tempo para ir traballar a unha oficina. Eu decidín decicarme só a escribir e cousas relacionadas e tomalo como un oficio coas súas horas laborais. Isto permíteme compaxinalo mellor coa maternidade. Por veces escribo de noite, mentres el durme, sobre todo se teño moito traballo, pero son as menos.
– S: Escribes para mulleres, sobre “temas de mulleres” ou a crítica falou da túa obra como “literatura feminina”?
– ML: Nalgunha ocasión, sobre todo cando nos 90 foi aquel momento onde continuamente nos interrogaban sobre a literatura de muller, teñen falado da miña escrita como literatura de muller. Eu non teño esa intención cando escribo, escribo dende a miña mirada e se trato temas de mulleres é porque me interesan a min. (…)
– S: Cantas veces che preguntaron que escritorEs son unha referencia para ti?
– ML: Cada vez que me fan unha entrevista.
– S: Cantas veces te chamaron poetisa (se escribes poesía)?
– ML: Uns cantos centos de miles. É unha palabra terrible. Normalmente adoita chamarme “poetisa” a xente que di que escribo “poesías”. (…)”

Carballo: actividades destacadas do sábado 23 e domingo 24 na Praza dos Libros

Finalizafeira-do-libro-carballo-2016 o domingo 24 esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 21 ao 24 de xullo, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. Dentro dos actos previstos para estes dous días, destacamos os seguintes:

Sábado 23
12:30 h. Vermú científico. Conversa con Jorge Mira e presentación do seu libro ¿A que altura está o ceo?, publicado en Alvarellos.
18:30 h. Presentación de A música das árbores. Concerto e animación infantil con Servando Barreiro, a partir do libro-disco A música das árbores, publicado por Xerais.
19:30 h. Sinatura do poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais.
20:00 h. Presentación do libro álbum de recordos Lémbrome, de Xurxo Chapela, publicado por Positivas.
21:00 h. Aldaolado. Espectáculo musical, poético e humorístico de Lucía Aldao e María Lado.

Domingo 24
12:00 h. Benigno Campos presenta o seu último libro, Peixes e mariscos. As novas receitas de Benigno Campos, publicado por Galaxia.
18:30 h. Concerto infantil a partir do libro-disco Pitusa Semifusa, de Olga Brañas e a súa banda, publicado por Galaxia.
20:00 h. Presentación dos libros da colección Costa da Morte, de Edicións Embora, formado polo momento por: Reválida de sexto, de José Antonio Andrade Figueiras; Coristanco. As súas parroquias, de Evaristo Domínguez Rial; e Lembranzas de Malpica, de Xosé González Reyes.
21:00 h. O ciclo dos elementos. Conversa arredor dos libros A música dos seres vivos, Dende o conflito e En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado por Xerais, con concerto de Canalé Cafuné.

Compostela: Romaría dos Libros de Verán 2016

O Romaría dos Libros de Verán 2016domingo 24 e luns 25, na Praza de Mazarelos de Santiago de Compostela, terá lugar a Romaría dos Libros de Verán 2016, con horarios para o domingo 24 (de 13:00 a 21:00 h.) e o luns 25 (de 11:00 a 21:00 horas), cos seguintes actos destacados:

Domingo 24
18:00 h. Café/caña con autoras: Séchu Sende. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.
19:00 h. Trivial Literario dinamizado por Andrea Barreira. Premio dun lote de libros.
20:00 h. Café/caña con autoras: Carlos Quiroga. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.

Luns 25
– Todo o día: A Sega. Plataforma de Crítica literaria feminista: Preparando o III Día das Galegas nas Letras, dedicado a María Xosé Queizán.
16:00 h. Café/caña con autoras: María Lado. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.
17:00 h. Conto por Conto. Intercambio de contos infantís. Coordina: Compostela Miúda.
18:00 h. Café/caña con autoras: María Reimóndez. Máximo 5 persoas, previa inscrición no mail romariadoslibros@gmail.com.
20:20 h. Presentación do libro Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neyra, editado por Edicións Positivas.

Ribadeo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 1

OFeira do Libro de Ribadeo 2016 venres 1 comeza a III Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), organizada polo Concello de Ribadeo, cos seguintes actos literarios destacados para este día:

18:00 h. Presentación de Lendo lendas, digo versos e Galicia encantada, con Antonio Reigosa, publicados por Xerais.
18:45 h. Conversa con Pedro Feijóo arredor de Morena, perigosa e románica, publicada por Xerais.
19:30 h. Faladoiro con Ledicia Costas: Escarlatina, a cociñeira defunta e Esmeraldina, a pequena defunta, publicados por Xerais.
19:30 h. Sesión de sinatura de oso, mamá si?, con María Lado.
20:00 h. Inauguración da Feira do Libro. Intervencións: Farruco Graña, Concelleiro de Cultura. Pregón inaugural a cargo de Antonio Reigosa.
20:30 h. Presentación de Eliseo Pulpeiro. As letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da Prata), con Pablo Vivín e Ramón Villares, publicado polo Consello da Cultura Galega.
21:15 h. Sempre en Ibiza. Aldaolado.

Crónica videográfica da I Gala do Libro Galego (e IV)

O GalaDoLibroGalego2016sábado 14 de maio, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tivo lugar a I Gala do Libro Galego, convocada conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Entrega do Premio na categoría de Libro ilustrado (recolle Xosé Cobas):

– Entrega do Premio na categoría de Teatro (recolle Antón Cortizas):

– Entrega do Premio na categoría de Xornalismo cultural (recolle Xoán Costa):

– Entrega do Premio na categoría de Narrativa (recolle Manuel Rivas):

– Entrega do Premio na categoría de Poesía (recolle Manuel Bragado, en representación de María Lado):

Poemas e poetas gañadores do 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal

OAritmar Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela en colaboración cos departamentos de galego e de portugués organizaron o 1º certame aRi(t)mar Galiza e Portugal, que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en 2015 na Galiza e en Portugal, así como achegar a cultura e a lingua dos dous países.
Foron elixidos os poemas e poetas gañadoras:
Galiza
– Gañador: O corazón (María do Cebreiro, O Deserto)
– 2º posto: Engano (Baia Fernández de la Torre, Unha viaxe de ruminantes)
– 3º posto: dezaseis (María Lado, oso, mamá, si?)
Portugal
– Gañador: Não sei, minha filha… (José Ricardo Nunes, Andar a Par)
– 2º posto: Eva e Lilith (Nuno Júdice, Convergência dos Ventos)
– 3º posto: Não sei como dizer, e todavia (Ana Luísa Amaral, E Todavia)”

A relación de todos os poemas e poetas finalistas pódese consultar picando en Poesías Galiza e Poesías Portugal.