“Os
creadores dos famosos recitais-combate da Hostia en Verso teñen “un estado na cabesa” e están xa imprimindo a súa propia moeda: os poetrodólares. Con ela poderedes mercar este sábado as almas das poetas Ledicia Costas, Lucía Aldao e Nolim González, nunha poxa que dirixirá María Lado e que se celebrará no Bar Hipólito (Avda. de de Castrelos, 26) de Vigo ás 22:00 horas. A entrada non só é de balde, senón que aínda os asistentes recibirán un sobre con pasta (os tales poetrodólares) para poder mercar a/o poeta que máis encha o ollo. E aqueles máis afoutos que consigan gañar a subasta levarán a almiña metida nun precioso obxecto poético deseñado por unha artista de excelencia. Todo isto estará amenizado polo desalmado músico Mig Seoane e conta coas mellores calificacións de Lehman Brothers e o Banco Europeo de Inversións. Todo un choio, vaia.”
Arquivos da etiqueta: María Lado
Cee: María Lado e Lucía Aldao presentan Imbéciles e escuras
Vigo: presentación de Transición, de Fran Alonso, e recital poético con María Lado e o autor
O
venres 10 de febreiro, ás
20:00 horas, na Librería Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase o novo poemario de Fran Alonso Transición, publicado en Franouren. No acto, presentado polo editor Manuel Ángel García, terá lugar un recital poético de María Lado e o propio Fran Alonso.
Santiago: presentación de Amantes, de María Lado
O
xoves 26 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa da Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Amantes, de María Lado, gañador do Certame de poesía erótica Illas Sisargas convocado polo Concello de Malpica e a A. C. Caldeirón, editora do volume.
Vigo: nova edición de A hostia en verso
O
sábado 14 de xaneiro, ás 22:00 horas, no Bar Hipólito (Avenida de Castrelos, 26) de Vigo, terá lugar unha nova velada poética de A hostia en verso, que nesta ocasión enfrontará a Aliens Vs. Predators. Da man das poetas presentadoras da gala María Lado e Lucía Aldao os asistentes poderán decidir cal das dúas bestas primixéneas será a que poña fin a este mundo. Para a defensa de cada bando contarase coas poetas: Ledicia Costas, Nolim González, Edu Estévez, María N. Soutelo, O Leo de Matamá e Daniel Landesa. Coa actuación musical de Mig Seoane.
Muxía: V recital Poetas da Costa da Morte
Crónica posterior en Que pasa na Costa.
Vigo: recital poético Os libros de Caldeirón, con Eduardo Estévez, Antonio García Teijeiro e María Lado
Pontevedra: actos literarios no Culturgal para o venres 2 de decembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2011, comeza este venres 2 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 16:30 a 21:30 h., e con entrada libre até completar capacidade. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2011, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para este día:
Venres 2:
– 13:30 h. A Compañía Traspediante presenta o espectáculo de animación e danza Baleadas, baseado no libro de Estevo Creus, Balea2.
– 16:30 h. Xan Eguía: A lenda de Cuaima e Mohan.
– 18:00 h. Café con: Xulia Alonso.
– 19:00 h. Conversa de Ana Romaní con Antonio Piñeiro. No Salón.
– 19:30 h. Conversa de Ana Romaní co Colectivo Polaqia (Brais Rodríguez e Sergio Covelo). No Salón.
– 19:30 h. Presentación de A caza do ghazafello, de Denís López Horro, Marcos Payno e Valentín Torrado Blanco, libro musical publicado en Xerais. No Cuarto dos Nenos.
– 20:00 h. Conversa entre Ana Romaní e Xulia Alonso. No Salón.
– 20:30 h. Das Kapital. Poesía e vangarda, expresión máxima dos adentros. No Patio.
– 21:00 h. Federico Cocho: Guerra civil. O que pasou en Galicia e en España, publicado en Xerais. No Salón.
– A partir das 21:00 h. Poetas da Hostia. Vendo a miña alma, poxa de poeta. No Pequeno Karma. Coa participación de Ledicia Costas, Lucía Aldao, Daniel Landesa, Mig Seoane, María Lado e María Longa.
Tui: recital poético de novas tendencias
O
venres 18 de novembro, a partir das 22:30 horas, en La Fabriquería – Espacio Creativo de Tui, terá lugar un recital de tres grupos que experimentan con novas formas de transmitir a poesía; María Lado e Lucía Aldao, Ledicia Costas e Daniel Landesa coa colaboración de Nuria como bailarina e, de novo neste espazo, Maus Vizinhos (Nolim González e David) presentando novas pezas da súa Poesia eletrônica.
Elvira Riveiro gaña o Certame de poesía erótica Illas Sisargas con carnia haikai
“O
pasado sábado día 12, ás 22:30 h. na Casa de Turismo Rural Casa Arpón deuse a coñecer a obra gañadora da sexta edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, convocado polo Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. A obra gañadora foi carnia haikai, da escritora pontevedresa Elvira Riveiro Tobío. O galardón, entregado polo Alcalde de Malpica, Eduardo J. Parga Veiga, e a Concelleira de Educación e Cultura, Noelia Freijeiro Novo, está dotado con 1.000 euros, que aporta o Concello de Malpica, a publicación da obra, que realiza a A. C. Caldeirón, e unha noite na Casa de Turismo Rural Casa Arpón, por cortesía deste establecemento. A continuación da comunicación do fallo, procedeuse á presentación da publicación da obra gañadora do certame do ano pasado, a obra Amantes da escritora María Lado. O escritor e membro da directiva da A. C. Caldeirón, Paco Souto, deu unha pequena introdución do libro de María Lado quen, a continuación, recitou varios poemas da súa obra”. Vía Concello de Malpica. Tamén reseñado en La Voz de Galicia. Aquí pode consultarse a resolución do xurado.


