Desde Xerais:
“Nas reunións celebradas na tarde do 30 de maio polos xurados dos Premios Xerais 2014 no castelo de Soutomaior declaráronse as finalistas de cada un dos tres premios literarios convocados pola editorial.
O xurado da XXXI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e nove obras, formado por Avelina Rodríguez Gil (Profesora), Susana Pedreira Buján (Xornalista), Montserrat Dopico (Xornalista), Marta Fernández Alberte (Profesora), Benxamín Rioboo Sanluís (Libreiro) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas cos lemas: Sebastian Nell, Dende o conflito e A mirada de Ismael.
O xurado da VI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren vinte e catro obras, formado por Cristina Novoa Fernández (Asesora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Dolores Sans Boga (Profesora), Mariña Castro Fontao (Alumna de 3º da ESO), Minia Monteagudo Vilavedra (Alumna de 4º da ESO), Sabela Salgueiro Couto (Alumna de 1º de Bacharelato) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas cos lemas: O Gran Reino, Silencio e Genet.
Por último, o xurado da XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren corenta e catro obras, formado por Eulalia Agrelo (profesora e Presidenta de ELOS-Galicai), Romina Bal Botana (licenciada e filoloxía galega e blogueira), Nuria Díaz Berride (Ilustradora), Miguel Vázquez Freire (profesor), María Isabel Vázquez Rosales (mestra) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentadas cos lemas Animais con ánima, Último voo, Escarlatina e Amencerá canda o sol.
Os tres xurados determinarán as obras gañadoras na súa segunda reunión, a celebrar o sábado 7 de xuño. A festa de fallo dos premios terá lugar ese mesmo día na illa de San Simón.”
Arquivos da etiqueta: Miguel Vázquez Freire
Cento sete orixinais compiten nos Premios Xerais 2014
“Este ano 2014 compiten un total de 107 orixinais para os Premios Xerais 2014: 39 na XXXIª edición do Premio Xerais de Novela, 24 na VIª do Premio Jules Verne e 44 na XIXª do Premio Merlín.
Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 30 de maio. Os premios serán fallados o sábado 7 de xuño na illa de San Simón.
O xurado da XXXI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e nove obras, está formado por: Avelina Rodríguez Gil (Profesora), Susana Pedreira Buján (Xornalista), Montserrat Dopico (Xornalista), Marta Fernández Alberte (Profesora), Benxamín Rioboo Sanluís (Libreiro) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
Neste ano 2014 recuperamos o Premio de Literatura Xuvenil grazas á colaboración de Ámbito Cultural-El Corte Inglés.
O xurado da VI edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorren vinte e catro obras, está formado por: Cristina Novoa Fernández (Asesora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Dolores Sans Boga (Profesora), Mariña Castro Fontao (Alumna de 3º da ESO), Minia Monteagudo Vilavedra (Alumna de 4º da ESO), Sabela Salgueiro Couto (Alumna de 1º de Bacharelato) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
O xurado da XXIX edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorren corenta e catro obras, está formado por: Eulalia Agrelo (profesora e Presidenta de ELOS-Galicai), Romina Bal Botana (licenciada e filoloxía galega e blogueira), Nuria Díaz Berride (Ilustradora), Miguel Vázquez Freire (profesor), Mª Isabel Vázquez Rosales (mestra) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto.
Os dous xurados determinarán as obras finalistas na súa primeira reunión, o venres 30 de maio, e as gañadoras, na segunda, a celebrar o sábado 7 de xuño. A festa de fallo dos premios terá lugar ese mesmo día na illa de San Simón grazas á colaboración da Xunta de Galicia que cede as instalacións da illa.”
Muxía: Versos comarea, VI recital de poetas da Costa da Morte
Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás promoven a escola de ilustración O neno amarelo
Desde Sermos Galiza:
“O neno amarelo nace como escola de ilustración co aval de dous dos nomes máis destacados da edición infantil, Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás, os dous tamén profesores de profesión. Como equipo teñen asinado numerosos proxectos colectivos, desde o ámbito do álbum ilustrado ate obradoiros en centros educativos ou volumes de banda deseñada. Agora xúntanse, coa apoio de Baia Edicións e o Colexio San Narciso de Marín, para promover un espazo de formación no que a ilustración e a técnica daranse a man coa palabra, a teoría e a literatura co álbum ilustrado como referente.
As sesións do programa terán lugar os venres á tarde en San Martiño Pinario, no centro histórico de Compostela, ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro e por elas pasarán, de maneira alterna a teoría e a análise de Miguel Vázquez Freire e a aplicación práctica de Xosé Tomás.
Outra parella ben coñecida da edición infantil, o escritor Xabier P. DoCampo e o ilustrador Xosé Cobas, participarán no programa a través dunha Máster Class conxunta. A directora de Baía Edicións, Belén López mais a da Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, Mercedes Cerdeiras serán as protagonistas doutras das clases da escola.
Cada participante realizará un proxecto titorizado polos profesores ao final do curso e Baía Edicións escollerá quen será o ilustrador ou ilustradora escollida para a publicación dun álbum de maneira profesional. Para máis información e matrícula está operativa unha páxina web.“
Cee: actividades destacadas do martes 13 na Feira do Libro
Dentro dos actos da Feira do Libro de Cee, que se celebra na Praza da Constitución (con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas), destacamos as seguintes actividades para o martes 13:
– 19:30 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Viaxe ao interior da fenda, de Serxio Iglesias, editado por Sotelo Blanco. O autor estará acompañado por Marcos Giralt Torrente.
– 20:15 h., no mesmo lugar, presentación da obra Fadita fosca, de Miguel Vázquez Freire editado por Baía Edicións, coa presenza, xunto ao autor, de Xosé Tomás e Belén López Vázquez.
– 22:30 h. Noite de terraza literaria na rúa da Pena (zona bares Marigel e Recunquiño): recital a cargo de varios poetas e presentación da obra Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega, editado por Toxosoutos, coa presenza de Xilberto Caamaño e Miro Villar, coordinador da obra.
A Coruña: actos literarios destacados na Feira do Libro para o martes 6
O martes 6 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, con horario de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas), cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
Martes 6
– 11:30 h. O fotógrafo coruñés Vari Caramés asinará libros na caseta da Libraría Cascanueces.
– 18:00 h. Presentación do libro infantil Fadita fosca, de Miguel Vázquez Freire con ilustracións de Xosé Tomás, publicado por Baía. Participará no acto, xunto cos autores, Belén López Vázquez, editora.
– 19:00 h. Presentación do libro A neve e o lume da escritora Chelo Suárez publicado por Baía. Xunto coa autora, participan no acto Marica Campo e Belen López Vázquez.
– 20:00 h. Presentación do libro Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández, publicado por Galaxia. Participan no acto, xunto ao autor, Alba Sotelo, Ángel de la Cruz e Víctor Freixanes.
– 20:00 h. Xulio López Valcárcel asina exemplares das súas obras na caseta da Libraría Couceiro (da Praza do Libro).
Cacheiras, Teo: presentación do número 54 da Revista Galega de Educación
Muxía: Ruta Abentina, o sábado 4 de agosto
Finalistas do Premio Frei Martín Sarmiento 2011
Desde o Blog de Gálix:
“Velaquí o listado dos finalistas da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento:
1ª Categoría (1º e 2º de EP):
– Abraham Carreiro: As espiñas do porco espiño, Ed. A Nosa Terra.
– María Corleone: María, Ed. Everest.
– Miguel Vázquez Freire: Xurxiño quere ser…, Baía Edicións.
2ª Categoría (3º e 4º de EP):
– Carlos López Gómez: A peripecia de Roi, Ed. Edelvives.
– Antonio Yáñez Casal: Xoa, Ed. Xerais.
– Pinto & Chinto: Contos para nenos que dormen deseguida, Ed. Kalandraka.
3ª Categoría (5º e 6º de EP):
– Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, Ed. Xerais.
– Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios, Ed. Galaxia.
– Manuel Darriba: Brais e os demais, Ed. Galaxia.
4ª Categoría (1º e 2º de ESO):
– Elena Gallego: Dragal, Ed. Xerais.
– Andrea Maceiras: Violeta Tamurana, Baía Edicións.
– Francisco X. Fernández Naval: Suso Espada “Nota Roja”, Ed. Everest.
5ª Categoría (3º e 4º de ESO e Bacharelato):
– Manuel Núñez Singala: Menú de enganos, Ed. Galaxia.
– Marcos Calveiro: Settecento, Ed. Xerais.
– Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, Ed. Galaxia.
6ª Categoría (adultos):
– Xulia Alonso: Futuro imperfecto, Ed. Galaxia.
– Manuel Portas: Denso recendo a salgado, Ed. Xerais.
– Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas, Ed. Galaxia”.
Santiago: encontro con Fina Casalderrey
O clube de lectura Gálix Tendendo redes convoca para o vindeiro mércores 20 de xaneiro un encontro-coloquio con Fina Casalderrey arredor da súa novela A pomba e o degolado. A presentación da autora corre a cargo de Miguel Vázquez Freire. Será entre as cinco e as sete da tarde, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, s/n) en Santiago de Compostela.