Arquivos da etiqueta: Montse Fajardo
Compostela: Simposio Castelao, o sábado 8 de novembro
A Coruña: actividades sobre Castelao no Circo de Artesáns
Compostela: Xornada Son libre de decidir sobre a miña vida
Compostela: Xornada “Pioneiras”: María Xosé Porteiro. Activista das palabras, o 30 de outubro
A Coruña: encontro con Carmen V. Valiña e Montse Fajardo
Lugo: charla “Descubrindo a Virxinia Pereira”, por Montse Fajardo
Virxinia Pereira na vida de Castelao – Unha conversa con Montse Fajardo
Rianxo: actividades do 26 de xullo na Feira do Libro 2025
Galicia e a División Azul, de Xosé M. Núñez Seixas, gaña o XV Premio Manuel Murguía de ensaio da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña (foto da propia Deputación da Coruña):
“Galicia e a División Azul, do historiador ourensán Xosé M. Núñez Seixas é a gañadora do XV Premio Manuel Murguía de ensaio, convocado cada dous anos polo departamento de Cultura da Deputación e dotado con 6.500 euros e a publicación da obra.
Decidiuno por unanimidade o xurado presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, e formado por Blanca Paula Rodríguez, gañadora da última edición, e Montse Fajardo, Rebeca Baceiredo, Héitor Picallo e Xurxo Martínez. Actuou como secretaria a xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes, Manuela Muñiz Souto.
O comité avaliador valorou que se trata dun texto contemporáneo “moi ben documentado e con neutralidade na exposición do contido ata a reflexión e conclusión final”. Tamén o salientou “o traballo de investigación e de arquivo notable, cunha linguaxe ensaística, estilo divulgativo e fluído, que facilita a lectura”. Tivo ademais en conta os documentos, ilustracións, gráficos, e fotografías incorporadas, “que aportan moita información de interese, o mesmo que a “notable bibliografía da que fai uso o autor e o uso coidadoso da lingua nunha obra de grande interese polo tema que aborda, a División Azul, e a súa repercusión posterior”. (…)”














