Arquivos da etiqueta: Nazaret López
Ourense: presentación de Pecados veniais, de Nazaret López
Lugo: presentación de Pecados veniais e Formigas nos pés, de Nazaret López
Monforte: actividades do 25 de agosto na Feira do Libro 2023
Viveiro: actividades do 15 de agosto na Feira do Libro 2023
Viveiro: actividades do 12 de agosto na Feira do Libro 2023
A Coruña: actividades do 5 de agosto na Feira do Libro 2023
Raúl Santos gaña o XXXIII Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“Raúl Santos Ageitos coa novela Cornucopia e María Cureses de la Vega coa novela Ni luz ni llanto son os gañadores da XXXIII edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. A concesión do xurado fíxoa pública esta mañá o deputado de Cultura, Xurxo Couto, acompañado polos comisarios do premio en lingua castelá e en lingua galega, Susana Pedreira e Ramón Rozas.
“Hoxe é un día feliz para a literatura deste país e para a literatura en xeral, porque dous novos nomes veñen sumarse á nómina dos Premios Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña” asegurou Xurxo Couto, ao tempo que indicou que “este é un un dos premios máis veteranos dos que convoca esta institución e un dos premios literarios máis prestixiados do panorama literario galego”.
Neste sentido, os dous comisarios fixeron fincapé en que as dúas persoas gañadoras da presente edición son un autor e unha autora que están comezando no mundo literario. “Congratulámonos de que a persoa gañadora vaia ver a súa primeira obra publicada grazas a este premio porque unha das vocacións do Torrente Ballester é o de abrir camiños e situar novos nomes no panorama literario” asegurou Ramón Rozas. Pola súa banda, Susana Pedreira tamén se referiu a esta circunstancia asegurando que “o Torrente Ballester descubriu a grandes escritores como Ignacio Martínez de Pisón que gañou hai 30 anos e despois chegou a ser Premio Nacional de Narrativa, e premiou hai 25 anos a Manuel Rivas que tamén foi Premio Nacional de Narrativa, e quen sabe se a actual premiada, María Cureses, seguirá o mesmo camiño”.
A novela Cornucopia de Raúl Santos, de Ribeira, foi proposta como gañadora por unanimidade por un xurado composto por Xesús Fraga, Montse Dopico, María Marco, Nazaret López e Ricardo Losada. Na acta, o xurado indica que “é unha parodia moi ben construída, e cargada de ironía, sobre o papel do escritor e a literatura”. No mesmo informe tamén salienta que “se apoia sobre nunha estrutura fragmentaria na liña da literatura posmoderna, pero sen perder nunca o fío nin o ritmo; cunha narrativa moi fluída e con vocación de establecer unha complicidade coa persoa lectora, pero sen por iso ser compracente”. (…)”
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2020 para os 22 e 23 de agosto
O 23 de agosto finaliza continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes dous días:
Sábado 22
– 20:00 h. Nazaret López asina Formigas nos pés, publicado por Xerais.
– 21:00 h. Abraham Pérez asina Fragmento/Creba, publicado por Galaxia.
Domingo 23
– 19:00 h. Antía Yáñez asina Be Water, publicado por Cuarto de Inverno, e O misterio do torque de Burela, publicado por Galaxia.
– 20:00 h. María Xosé Porteiro asina Sándalo, publicado por Galaxia.
Feira do Libro da Coruña 2020: actividades destacadas do 7 de agosto
O 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:00 h. Xosé Henrique Rivadulla Corcón asina Cando soa a buguina, publicado por Xerais, e Amor de náufrago, publicado por Medulia.
– 19:00 h. Begoña Paz asina Caixa das Bestas, publicado por Baile del Sol.
– 19:00 h. César Lorenzo e Jorge Campos asinan Atlas da Galicia pequeniña, publicado por Aira.
– 20:00 h. Miguel Barrera asina Poema da Rúa das Aves, publicado por Alvarellos.
– 20:00 h. O ilustrador Miguel Robledo asina Teño dereitos e Frankenstein, publicados por Aira.
– 20:00 h. Ángel Suanzes asina Se a memoria está na boca, publicado por Urutau.
– 21:00 h. Xurxo Lobato asina Galicia é unha festa, edición do autor.
– 21:00 h. Nazaret López asina Formigas nos pés, publicado por Xerais.