Desde Sermos Galiza:
“Editora Emerxente e O Figurante propoñen unha nova oferta editorial para convidar a mercar libros na súa tenda. Publican un libro cunha tirada de só medio cento de exemplares que, por riba, non se pode mercar nin en libraría nin na loxa. A única maneira de se facer con As mil horas, o caderno de poemas de Alberte Momán é realizando unha compra na tenda do Figurante o antes posíbel xa que a oferta está vixente só até esgotar existencias. O catálogo está a dispor na súa tenda virtual. (…)”
Arquivos da etiqueta: O Figurante Edicións
Compostela: presentación de Espectros, de Rosa Enríquez
O mércores 4 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, Rosa Enríquez presenta o seu novo libro de poemas, Espectros, publicado pola editora O Figurante. No acto, xunto á autora, participan María do Cebreiro e Ismael Ramos.
Entrevista a Rosa Enríquez sobre Espectros
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
Entrevista a Rosa Enríquez sobre o seu novo libro de poemas, Espectros, publicado por O Figurante Edicións. Pódese escoitar completa aquí.
A Guarda: presentación de Argola, de Marta Dacosta
A Coruña: presentación de Da Vida Conclusa, de Mário Herrero
A sexta feira 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Livraria-Café Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4) da Coruña, preséntase o libro gañador do Premio de Poesía Figurante na edición de 2014, Da Vida Conclusa, de Mário Herrero Valeiro. No acto, acompañando ao autor, estará Verónica Martínez Delgado.
Pontevedra: presentación de Argola, de Marta Dacosta
Vilanova de Cerveira: presentación de Argola, de Marta Dacosta
Lugo: presentación de Maria, de Eli Ríos
O sábado 10 de maio, ás 12:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21, baixo) de Lugo, preséntase Maria, de Eli Ríos, publicado por O Figurante. No acto, xunto á autora, participa Alberte Momán.
Lugo: presentación de Argola, de Marta Dacosta
Vigo: Recital de Poesía Figurante, con Verónica Martínez Delgado, Eli Ríos e Marta Dacosta
O venres 11 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, terá lugar un Recital de Poesía Figurante. No acto, presentado por Alberte Momán, participan Verónica Martínez Delgado recitando poemas de Lusocuria, Eli Ríos de Maria e Marta Dacosta Alonso de Argola.