“O 18 de xuño, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o grupo de teatro Alexandre Bóveda presentará Fragmentos teatrais de Luísa Villalta.
Súmase así o grupo teatral á ben merecida homenaxe a Luísa Villalta, á que consideramos unha excelente dramaturga. Partindo da Obra dramática completa editada no 2018 pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, escollemos escenas de catro das súas obras: O representante, O paseo das esfinxes, Os doces anos da guerra e As certezas de Ofelia, para facer unha lectura dramatizada onde intérpretes actúan co texto na man seguindo a posta en escena dirixida pola directora do grupo, Manuela Varela.
As persoas interesadas en asistir á lectura poden inscribirse aquí.”
Arquivos da etiqueta: O paseo das esfinxes
Lino Braxe dirixe O paseo das esfinxes de Luísa Villalta
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“”A rebelión da muller contra un estado establecido”. Primeira estrea por parte do teatro profesional dunha obra da autora. A entrevista pode escoitarse aquí.”