
Arquivos da etiqueta: Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño
Eva Mejuto presenta Os fíos de Begoña, nos Vermús literarios Un ronsel de historias, en Combarro
Eva Mejuto presenta Os fíos de Begoña, en Combarro
Eva Mejuto: “Con esta obra pretendo facer partícipes ás crianzas de todas as loitas de Begoña Caamaño”
Entrevista de Sergio Casal a Eva Mejuto en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Por que contar a historia de Begoña Caamaño a través dun álbum ilustrado?
– Eva Mejuto (EM): Para min o álbum ilustrado é a modalidade narrativa máis atractiva e estimulante para as crianzas. Contar unha historia coa combinación de texto e imaxes paréceme como autora moi divertido; e, como lectora de álbum ilustrado, penso que é un formato ao que se lle pode sacar moito partido.
– ND: Que lle permitiu expresar que non cabía nun relato máis convencional?
– EM: Nun álbum ilustrado o texto permite narrar os feitos e as ilustracións van máis á parte afectiva. O texto é moi breve e a ilustración ten o labor de amplificar toda a información e permite facer metáforas visuais, como neste caso, que son bastante potentes. Permite unha lectura máis profunda, con moitas capas. Os máis pequenos comprenderán unha cousa e os maiores, outra. Esta é unha lectura na que caben moitas lecturas. (…)”



