Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (e VI)

O Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Acto literario e musical. Actuación de Aldaolado e presentación de autoras-es participantes (III):

Acto literario e musical. Recital de Manuel Rivas:

Acto literario e musical. Recital de Xavier Seoane:

Acto literario e musical. Recital de Rafa Vilar:

Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (V)

O Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Acto literario e musical. Actuación de Aldaolado e presentación de autoras-es participantes (II):

Acto literario e musical. Recital de Estíbaliz Espinosa:

Acto literario e musical. Recital de Antonio García Teijeiro:

Acto literario e musical. Recital de Antía Otero:

Acto literario e musical. Recital de Eli Ríos:

Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (IV)

O Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Acto literario e musical. Actuación de Aldaolado e presentación de autoras-es participantes (I):

Acto literario e musical. Recital de Xosé María Álvarez Cáccamo:

Acto literario e musical. Recital de Tamara Andrés:

Acto literario e musical. Recital de Marica Campo:

Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (III)

O Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Presentación das conclusións das mesas redondas e grupos de traballo:

Debate sobre as conclusións das mesas redondas e grupos de traballo:

Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (II)

O Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Mesa redonda Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade. Presentación, por Mercedes Queixas Zas:

Mesa redonda Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade. Joan Elies Adell i Pitarch:

Mesa redonda Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade. Ana Luísa Amaral:

Mesa redonda Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade. Suso de Toro:

Mesa redonda Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade. Debate:

Crónica videográfica do Parlamento de Escritoras-es (I)

O Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita foi unha actividade da AELG, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Presentación de Cesáreo Sánchez Iglesias:

Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Carme Adán:

Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Laura Mintegi:

Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais. Clàudia Pujol:

Crónica fotográfica do Parlamento de Escritoras-es

Estas son algunhas das fotografías do Parlamento de Escritoras-es, que tivo lugar os 15 e 16 de marzo. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Memoria final (algunhas conclusións) do Parlamento de Escritoras-es. Identidade e dereitos civís desde a escrita

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizou o Parlamento de Escritoras-es os 15 e 16 de marzo de 2019, en Pontevedra, co apoio do Concello de Pontevedra e CEDRO.
Con esta actividade reflexionouse nun momento de especial gravidade no relativo á vulneración na Galiza e no Estado español de dereitos culturais, sociais, políticos, etc., sobre a vinculación entre a escrita literaria e a defensa dos dereitos civís e identitarios, da xustiza social e da liberdade de expresión nas súas máis diversas formas.
Recollemos unha síntese dos contidos debatidos en cada mesa que fique como documento marco das conclusións desta actividade.

Mesa redonda Liberdades civís e dereitos nacionais.

Cabe preguntarse sobre as razóns que levan a que, ante a limitación de dereitos e liberdades, as persoas non se mobilizan, que ocorre co contexto e cal é o papel de escritoras e escritores. Neste sentido, constatouse que:
– A perda da comunidade, o triunfo do neoliberalismo e a súa idea de individuo sen vínculo, propicia esta situación global, o que implica a perda de soberanía nacional e persoal.
– O neoliberalismo é unha nova racionalidade política, unha nova subxectividade, que succionou a soberanía dos pobos.
– Contra esta precariedade de liberdades, destacouse a urxencia do pensar e o compromiso como antídoto.

As liberdades recoñecidas son valores abstractos que, cando comezan a concretarse ou se ubican nun lugar ou tempo determinado, diminúen e relativízanse, perdendo o seu valor. O poder executivo pode actuar policialmente ignorando as liberdades declaradas nas leis, e o poder xudicial pode interpretalas ad hoc. As limitacións danse en varios sentidos:
– As linguas. No estado está recoñecida a súa cooficialidade, mais non é un dereito nin obriga.
– A ideoloxía. Calquera ideoloxía pode defenderse, mais non materializarse, salvo a do poder dominante.
– Os dereitos. A lei é teoricamente igual, mais hai un tratamento diferenciado cando a liberdade de expresión está relacionada coa cuestión nacional. O Código Penal está condicionado polo código postal (segundo a xeografía onde se produza un feito).
– A insubmisión e a disidencia política. A palabra terrorismo é un talismán para todos os gobernos do mundo á hora de reprimir a disidencia. É unha palabra clixé que serve para todo cando debería limitarse a actos de terror violentos. Existe unha hipocrisía occidental en delictos como a apoloxía do terrorismo (moitas veces simplemente a expresión dunha ideoloxía diverxente á dominante), pola que moitas persoas e entidades foron perseguidas.
– Delictos de ofensa, difamación ou blasfemia (delicto relixioso). Esta última está recollida no Código Penal español, a pesar de ser un estado teoricamente aconfesional.
– Como consecuencia da falta de liberdades, prodúcese a censura e autocensura (a forma máis sutil, perigosa e duradeira de censura). Fronte a isto, proponse que o mellor antídoto consiste en actuar como se non existise a censura, a opresión nin a minoración de dereitos dunha lingua respecto á oficial. A cesión na liberdade de expresión é un retroceso individual e colectivo.

Reflexionouse sobre o caso de Òmnium Cultural, que conta con 160.000 asociadas-os que autofinancian a entidade, valorándose de xeito moi importante que sexa unha entidade que busque consensos arredor dos dereitos nacionais de Cataluña, sendo un exemplo da necesidade de autoorganización das pobos para conseguir os fins de defensa do propio.

Mesa redonda Violencia institucional, violencia estrutural na sociedade.

Interpeladas sobre este título, as participantes na mesa achegaron un discurso que sintetizamos nas seguintes conclusións:
– A lingua é o principal elemento diferencial a erradicar na cultura dun pobo por parte de quen está a practicar o monolingüísmo histérico dunha violencia que xa vén sendo histórica no estado español. Actuar contra a lingua é actuar de raíz contra o pobo.
– A neoviolencia está a se estender a todas as formas de expresión da identidade. A mentira é unha das formas de violencia contemporánea máis acusada e os medios de comunicación teña unha alta responsabilidade nela.
– Atacar a solidariedade entre os pobos é abrir portas ao odio.
– A violencia é unha presión determinante que exerce quen ten poder. Asistimos a unha actualización das formas de violencia por parte do Estado que fai concluír que esta violencia é institucional e está institucionalizada.

Grupo de traballo Feminismos. Identidades.

Constatouse que neste momento histórico estamos nunha encrucillada, en que, valorando a importancia dos avances acadados cómpre profundizar en que é feminismo e evitar a súa conversión en ben de consumo, a súa banalización, que sería a estratexia actual do sistema patriarcal.
– En Galiza contamos historicamente cunha escrita feminista consolidada.
– Cómpre ter en conta o papel da tradución na configuración da escrita feminista.
– A escrita feminista é imprescindíbel en tanto que a educación das persoas non só corresponde ao espazo familiar e educativo, senón a todos os espazos. Así tamén ao espazo do ocio e dos soños en que a literatura cumpre un papel esencial.
– Na reconstrución do espazo identitario de xénero os escritores teñen un papel moi importante que non consiste en colocarse no lugar das mulleres, senón en construír unha nova masculinidade que refugue a violencia, a agresividade e a non expresión das emocións.

Grupo de traballo Desposesión da terra e da identidade. As migracións de hoxe. A emigración galega do século XXI.

Das intervencións partilladas nesta mesa, sintetizamos as seguintes conclusións:
– Importancia ao valor da identidade —asociado coa lingua— por parte dos colectivos de galegas e galegos que levan moito tempo fóra de Galiza.
– Recoñecemento por parte da Xunta como problemas estruturais de Galiza a emigración endémica e a desestruturación do territorio —en especial o rural—.
– Implementación polo goberno galego dun plan para fomentar o retorno de emigrantes —Estratexia Retorna 2020—:posta en práctica dunha potente campaña millonaria, cun discurso sentimentalizado, de imaxe. Con isto faise un recoñecemento implícito do fracaso absoluto das políticas exercidas en Galiza, durante décadas, pola administración.
– Cuestionamento, a través da literatura, dos modelos establecidos.
– Existencia dunha xeración —moza— que padece anacronismo: falla de posibilidades de levar a cabo na terra propia un proxecto laboral, familiar e vital.
– Visión moi crítica nas artes: no cinema, en fitas; na literatura —homes de máis de corenta anos escriben sobre a diáspora clásica, mulleres de menos de corenta escriben sobre a nova diáspora galega.
– Falla de visibilidade nos medios do precariado transmigrante: só se ofrece a cara A —a face amábel da emigración—; ocúltase a cara B —a de quen atopa fóra a mesma precariedade que obrigou a emigrar. Ao tempo, faise necesario escoitar os contradiscursos de quen protagoniza esta nova diáspora.
– Difuminación dos trazos identitarios, provocada intencionadamente pola globalización: cidades homoxéneas, centros comerciais semellantes, medios uniformadores. Recursos ao servizo do mercado multinacional globalizador —ao que lle molesta a diversidade, lingüística ou cultural—: gobernos, universidades, redes sociais…
– Colapso territorial de Galiza —espolio económico, financeiro, exterminio do campesiñado e dos mariñeiros, expatriación forzosa…—. Desposesión do espazo —agrario, modos de vida—: desposesión da identidade.
– Necesidade de creación de espazos de rebelión, como poden ser os palcos do teatro.
– Mulleres e natureza unidas na dominación e na liberación —exemplificábel no ecofeminismo—.
– Creación de alternativas críticas.
– Identidade: construción flexíbel e libre en simbiose co contorno e a tradición (dereito que nos asiste a vivirmos no noso territorio).
– Xurdimento de novas experiencias froito de identidades híbridas do precariado transmigrante, traducíbeis no futuro en consecuencias no eido cultural e político.
– Necesidade de desenmascarar a distorsión da realidade exercida desde a linguaxe: “desaceleración transitoria” no canto de “miseria duradeira”; “contaminación” no canto de  “envelenamento, de terras, augas”  creando “terras mortas”; “desprazados” no canto de “expulsións”, provocada pola economía global”.

Grupo de traballo Lingua e patrimonio cultural. Papel do/a creador/a na sociedade actual e exercicio de dereitos nacionais

Esta mesa partiu do recoñecemento das carencias iniciais para logo actuar propositivamente achegando propostas de actuación e intervención:

Carencias
– Non existe un sistema literario galego suficientemente normalizado.
– Son evidentes as consecuencias negativas do efecto desgaleguizador do ensino.
– Temos unha lingua que non se usa nos momentos clave da vida: esquelas, testamentos, etc.
– Alertar sobre a existencia dunha cultura institucional encuberta tras unha falsa liberdade que, en realidade, desactiva unha cultura rica e viva.
– Graves carencias, especialmente nos ámbitos de poder, dos usos profesionais da lingua, como pode ser o caso da xustiza.
– Alarmante descenso de falantes. Entre as razóns, a escasa atención que se lle presta á lingua oral como sistema de transmisión de cultura e coñecemento.

Propostas
– Sinerxía entre lingua e literatura, con usos confluíntes.
– A lingua e a literatura deben sustentarse un profundo compromiso ético.
– Combater con todas as capacidades de comunicación as agresións á lingua, tanto individuais como colectivas.
– Combater a alienación e o negacionismo respecto do uso real da lingua con argumentos construtivos, positivos.
– Desde a práctica literaria, promover unha pragmática da lingua oral e escrita.
– Reivindicar a aplicación das normas, desde a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos, ou a Carta Europea das Linguas Minoritarias, e toda a demais normativa que recoñece dereitos que non se aplican sistematicamente.
– Esixir a creación, dentro da lexislación galega, dun Estatuto da Lingua Oral que a considere, per se, Patrimonio Cultural Inmaterial a protexer, divulgar e fomentar o seu uso.
– Un pobo que non usa a súa lingua é un pobo sen liberdade.
– Galiza ten que identificarse pola lingua, epicentro da nosa identidade.
– A Lingua e a Soberanía son dereitos humanos básicos, irrenunciábeis por seren a esencia e mellor salvagarda da nosa identidade.

En relación á lingua, as prohibicións do seu uso, a súa non oferta, os recortes en todas as políticas normalizadoras e a estratexia negacionista da dominación do español, cando na maioría dos sectores o que se comproba é a agresión contra a lingua galega e a imposición do castelán, fan constatar que existiría, de feito, unha estratexia que podería levar á desaparición da nosa lingua, sendo este un golpe determinante á nosa identidade.
Algunhas das causas están, no esencial, na desaparición de facto da cultura popular tradicional, nunha conxuntura económica que expulsa a mozos/as formados aquí (curioso paradoxo co sucedido nos séculos precedentes) para seren precarizados/as fóra e a complicidade interesada, económica e ideoloxicamente, dos medios de comunicación públicos e privados, incluída a grande industria cultural estatal e transnacional.
Isto ten como consecuencia que, na vida cotiá, o galego oral e o escrito, vai camiño de selo só en contextos cerimoniais.
É obrigado un chamamento á sociedade para a reflexión sobre esta situación de emerxencia da lingua co obxectivo de tomar conciencia do problema; ou esiximos o cumprimento estrito das leis sobre os dereitos lingüísticos e participamos activamente no uso normal na sociedade ou axiña o galego será, na práctica, unha lingua morta.

Grupo de traballo Cultura, medios de comunicación e poderes. A literatura e a creación/expresión literaria como ferramenta construtora dunha sociedade libre.

Nesta mesa concluíuse que un factor determinante no panorama actual é a preponderancia de grandes produtoras de carácter transnacional que copan os espazos dun entretemento “mainstream” e os medios de “difusión”. Ambos os dous están suxeitos a poderes económicos e a políticas dominantes que crean ideoloxía e propaganda e ocultan a diversidade real, a cultura profunda e o xornalismo cultural verdadeiro. Nese senso, contribúen a construír unha sociedade que non é, desde o noso punto de vista, a “desexable”.
Esa é tamén a situación da edición, que sofre a nivel mundial os efectos da homoxeneización dos imaxinarios culturais. A iso súmanse circunstancias que condicionan e cambian o achegamento á lectura, como a intermediación propiciada, por exemplo redes sociais; a hibridación dos soportes ou a concentración da comercialización dos textos en monopolios poderosos.
En canto ao caso particular de Galicia, cómpre resaltar que se está inviabilizando a posibilidade de que haxa unha industria cultural galega por circunstancias relacionadas cunha lingua e unha cultura minorizadas, así como por unha falta de apoios reais á cultura ou un desinterese dos poderes maioritarios polo propio.
Finalmente, anotáronse algunhas saídas a esta situación, na mesa, relacionadas coa reivindicación de políticas públicas de lectura efectivas, que cumpran o dereito da cidadanía de acceder a diversas linguas e aprendizaxes; dentro da escrita apelouse á necesidade de liberdade creativa e para os medios de comunicación solicitouse unha defensa da biodiversidade e do rigor informativo e cultural non tendencioso. Ademais, aludiuse á necesidade de vertebrar a sociedade para que as proclamas deses e outros dereitos sexan efectivas ante os poderes e expresouse a necesidade de reclamar a promoción e comercialización da cultura e a lingua galegas no mundo.

Dentro das conclusións emanadas dos debates do Parlamento de Escritoras-es, faise mención expresa a respecto da actualidade que afecta a:
– O sobresemento definitivo da causa contra os 19 de Meirás.
– A liberdade do/as presos/as políticos/as actualmente existentes no estado español, así como o retorno sen cargos das persoas exiliadas fóra do mesmo.
– A derrogación da Lei “Mordaza”.

“É necesario normalizar entre os escritores os debates de contido político”

Desde Sermos Galiza:
““Este encontro sirve para abrir un camiño para normalizar nos escritores os debates de contido político”, explica Cesáreo Sánchez, presidente de AELG, sobre o Parlamento de Escritoras en conversa con Sermos Galiza. “O escritor non pode ser un estraño á realidade”, engade, para apostar na “responsabilidade ética e social” das escritoras e escritores, nomeadamente en contextos onde hai un retroceso en dereitos e liberdades.
O Parlamento de Escritores que se desenvolve esta sexta feira e sábado en Pontevedra -co apoio do Concello de Pontevedra e mais do Centro Español de Dereitos Reprográficos (Cedro)- debateu, falou e tratou sobre liberdades civís, dereitos nacionais, feminismo, patrimonio, migracións…. Voces galegas mais tamén de Portugal, Euskal Herria e Catalunya, “todas cun común denominador, como a importancia da lingua ou a importancia de construír territorios de creación e de esperanza para os pobos”, afirma Sánchez.
Houbo chamadas a non caer no derrotismo e apelacións a, desde a propia sociedade, erguer ferramentas e medios sen agardar polas institucións. “E en todo, sempre presenta a importancia da lingua”, resalta o presidente da AELG. (…)”

Identidade e dereitos civís desde a escrita a debate no Parlamento de escritoras-es

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega debate sobre identidade e dereitos civís en Pontevedra. A entrevista pode escoitarse aquí.”