Vilalba: presentación de Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria

O sábado 4 de marzo, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, preséntase o libro Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria, editada por Alvarellos Editora, coa axuda económica do Concello de Vilalba, onde oito autoras actuais renden homenaxe ás mulleres silenciadas das Irmandades da Fala (1916-1936). As autoras participantes son: Eilún Del Pazo Moa, Beatriz Dourado, Cecilia Fernández Santomé, Míriam Ferradáns, Rochi Nóvoa Vázquez, Patricia Torrado Queiruga, Lupe Bao Reixa e Tamara Andrés. As Irmás reinvidicadas son: Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza. Esta obra nace a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ e coordinado por Beatriz Dourado. A capa é obra de Adolfina Mesa.

Bolboretario do confinamento, poemario ilustrado de Patricia Torrado

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Unha nai e un fillo pintando xuntos durante o confinamento. Acuarelas das que emerxen bolboretas que sobrevoan obxectos da vida cotiá. Son debuxos que comezaron a espallarse con éxito polas redes sociais e que agora se recompilan nun libro, abrazando poemas. Así é o Bolboretario do confinamento, da escritora e ilustradora sonense Patricia Torrado Queiruga. A entrevista pode verse aquí.”

Roteiro pola vila de Porto do Son. Da metáfora ao oxímoro, con Patricia Torrado Queiruga, o 17 de decembro

O Roteiro pola vila de Porto do Son. Da metáfora ao oxímoro, guiado por Patricia Torrado Queiruga, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Porto do Son.
Con esta actividade a AELG que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. O texto deste roteiro será publicado para a súa descarga libre na propia páxina web da AELG.

O roteiro terá lugar o sábado 17 de decembro, a partir das 11:00 horas, tendo como punto de saída o peirao de Porto do Son, baixo a estacada. Será gratuíto para todas as persoas interesadas, ás que animamos a inscribirse previamente enviando un correo electrónico co seu nome e apelidos a oficina@aelg.org, dado que as prazas son limitadas.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.