Ferrol: presentación de As outras historias, de Paula Carballeira

O luns 16 de maio, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, presentación de As outras historias, de Paula Carballeira, publicado en Galaxia, e sesión de contos-poema con Paula Carballeira e Chiqui Pereira.

Santiago: presentación de Pressing Catch, de Paula Carballeira

O martes 19 de outubro, ás 19:30 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Pressing Catch, de Paula Carballeira, publicado en Edicións Positivas. No acto participa, coa autora, Paco Macías. O texto teatral xa foi levado á escena baixo a dirección de Quico Cadaval. Chiqui Pereira, Hugo Torres, Anabel Gago e a propia Paula Carballeira interpretaban os catro papeis protagonistas nun espectáculo que se estreou na Sala Nasa o pasado marzo e que se puido ver durante setembro en Vigo.

Publícase o texto de Pressing Catch

«A editorial Positivas leva ao papel o texto orixinal de Pressing Catch, o espectáculo que a compañía Berrobambán estreou o pasado 11 de marzo na sala Nasa de Santiago baixo a dirección de Quico Cadaval, quen aquí oficia como prologuista. Obra de Paula Carballeira, o texto reelabora o imaxinario do wrestling para evidenciar a violencia cotiá, as tensións e os medos cos que se convive a diario. […]» (Xornal.com)

Rubén Ruibal e César Candelas Colodrón, Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico

O xurado do Terceiro Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico decidiu por maioría, e despois dun longo debate, outorgarlle o galardón desta edición á obra Peter Buckley, escrita por Rubén Ruibal e César Candelas Colodrón. O Premio da audiencia foi tamén para Peter Buckley. Quedaron finalistas as obras Servizo de información de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Freixeira. As tres obras finalistas publicaranse nun libro-cd editado por Xerais. A presentación deste libro e a entrega do premio terá lugar o vindeiro 15 de abril no transcurso dunha Gala no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

-Escoitar Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas Colodrón: [1]

-Escoitar Servizo de información de Paula Carballeira: [2]

-Escoitar O xou mas gou on de Eva Freixeira: [3]