Arquivos da etiqueta: Premios Xerais
Entrevista a Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016
Entrevista a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, nos Premios Xerais 2016
Entrevista a Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela 2016
Entrevista a Marta Neira nos Premios Xerais 2016
Entrevista a Ledicia Costas nos Premios Xerais 2016
Xosé Antonio Perozo nos Premios Xerais 2016
Entrevistas á gañadora e gañadores dos Premios Xerais 2016
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo e Iria Misa Peralba con Xa non estou aqui gañan os premios Merlín de Literatura Infantil e Jules Verne de Literatura Xuvenil. A entrevista pode escoitarse aquí.
Manuel Esteban Domínguez gaña o premio Xerais coa novela A ira dos mansos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.”
Tamén se realizaron entrevistas para o Zig-zag da Televisión de Galicia.
“Os Xerais premian con 30000 euros tres novelas con profunda raizame social”
Todas as constelacións do mundo, discurso de Ledicia Costas nos Premios Xerais 2016
Desde
Xerais:
O discurso pode lerse integramente aquí: Ledicia Costas Discurso Entrega Premios Xerais 2016.
“(…) Se boto a vista atrás, cousa que fago con certa frecuencia, recoñezo o moito que lle debe a miña xeración ás xeracións anteriores. Ser escolarizada en galego foi determinante para min, unha nena educada integramente en castelán. Aquelas obras que caeron nas miñas mans a principios dos anos noventa abriron unha porta branca por onde empezaron a desfilar en ringleira os personaxes dos libros que me volveron poliédrica. E coa forza das cousas máis auténticas fun inverno, bágoa, agulla. Fun animal, océano, nordés e abismo. Fun unha criatura coas ás pintadas de estrelas e o corazón aberto en tantos anacos como historias me cativaron. Nese incendio de palabras que se propagaba sen remedio, asoman a cabeza as coleccións Merlín, Xabarín e Fóra de Xogo. Non era só que todos aqueles libros en galego me achegasen momentos únicos, é que me fixeron entrar no centro exacto da emoción. A emoción da lectura. Velaí a maxia. Acababa de atopar o mapa de todas as constelacións no mundo. Ledi, vas empachar con tantas letras!, dicíanme na casa. As letras engordan, pero por dentro. Por fóra non se nota. E seguín devorando libros, abrigándome nesas historias que derrubaron as miñas propias fronteiras. A lectura converteuse en fogar, refuxio e espazo íntimo. (…)”
