Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o mércores 27

DoFeira Libro Bos Aires Compostela cidade convidada 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.

Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o mércores 27 de abril:
12:00 h. Conferencia de Ramón Villares na Universidade San Martín. Inclúe un encontro con profesores. Presentación de Historia de Galicia (Mar Maior).
17:00 h. Presentación de Cheiro de choiva, de Rodolfo Alonso, publicado por Barbantesa. Introduce o acto Luís González Tosar. No Stand.
18:00 h. Presentación de Emigrantes galegos, transportes e remesas (1830-1930), con Ramón Villares, Alicia Bernasconi e Alejandro Fernández, publicado polo Consello da Cultura Galega e a Fundación Barrié. No Stand.
19:00 h. Presentación de Querido Tomás, audiovisual baseado na novela de Xosé Neira Vilas. Presenta Fina Casalderrey.
20:00 h. Presentación de Teño uns pés perfectos, de María Solar, publicado por Kalandraka.

Cuestionario Proust: Miguel Ángel Alonso Diz

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Miguel Ángel Alonso Diz:

«1.– Principal trazo do seu carácter?
– Honestidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que sexan boas persoas.
4.– A súa principal eiva?
– A ignorancia. Fáltanme moitas lecturas.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ler, escribir, xogar ao baloncesto.
6.– O seu ideal de felicidade?
– “Un abrazo de familia”. A miña muller e a miña filla entenderán esta resposta.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Perder a miña familia.
8.– Que lle gustaría ser?
– O que son. Eu xa atopei meu camiño.
9.– En que país desexaría vivir?
– Nunha Galicia decidida, valente, que non educara @s seus fill@s para marchar; respectuosa con outras identidades e orgullosa da súa.
10.– A súa cor favorita?
– Direi que a mestura do azul ceo, as verdes follas e o marrón do chan. Inda que para vestir sen dúbida o negro.
11.– A flor que máis lle gusta?
– Gusto de todas.
12.– O paxaro que prefire?
– A anduriña.
13.– A súa devoción na prosa?
Xosé Neira Vilas.
14.– E na poesía?
– Celso Emilio Ferreiro.
15.– Un libro?
Querido Tomás.
16.– Un heroe de ficción?
– Luke Skywalker.
17.– Unha heroína?
– Princesa Leia Organa. Dende pequeno quedei engaiolado pola súa fortaleza e determinación.
18.– A súa música favorita?
– The Beatles. The Doors.
19.– Na pintura?
– Salvador Dalí. Pero podería dicir Goya ou Velázquez.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– A miña muller.
21.– O seu nome favorito?
– Esther.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A falsidade e a cobiza sen medida por riba de todo e de tod@s.
23.– O que máis odia?
– As miserias do ser humano. Pero non sei se podo albergar odio onde hai tanto amor.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Posiblemente a Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
– Numancia. Pola súa resistencia e valor da liberdade. Pero non creo que poida admirar ningún feito militar.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Pintar e tocar algún instrumento musical.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– Despois de facer o meu percorrido vital. En anciá idade e cos meus seres queridos. Inda que hei de confesar que non quero morrer nin que morran os demais.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Ultimamente felizmente canso.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– O medo. É normal ter medo até atopar o camiño. Coñezo ben a sensación. E o medo é un defecto que non deixa medrar a alma.
30.– Un lema na súa vida?
– As cousas son como son até que deixan de selo. Sempre cuestiono as realidades que vivo e nunca collo autoestradas na vida. O camiño do oficio é un camiño longo que desexo percorrer.”