Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“O escritor Gonzalo Hermo, que recibiu o XVI Premio de Poesía Afundación, ofrece un recital para o Diario Cultural. Pode escoitarse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Radio Galega
Entrevista a Afonso Becerra sobre a III Xornada de Literatura Dramática
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Afonso Becerra sobre as Xornadas A palabra teatral nas aulas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nova canción do grupo Gancho Sanches. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
Entrevista aos galardoados co Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Falamos con Ánxela Gracián, autora do libro As voces da auga, gañador ex aequo do VII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018.
Tamén contamos no programa con Pere Tobaruela, autor de Auga e lume, galardoado co mesmo premio.”
Entrevista a Marilar Aleixandre sobre A filla do Minotauro
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista á escritora Marilar Aleixandre, autora do libro A filla do Minotauro. A entrevista pode escoitarse aquí.”
María Reimóndez publica O xeito das froitas
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“A escritora María Reimóndez publica O xeito das froitas, unha obra con ilustracións de Alicia Varela dirixida aos máis pequenos da casa. Este libro reflexiona sobre quen somos e as reaccións ante o diferente. “Ser quen somos non debería ser un acto de rebeldía, pero por desgraza é unha realidade para moitas persoas”, explica María Reimóndez, quen considera a literatura como un mecanismo para intervir socialmente contra os patróns que a sociedade vende como “normais”.
Outro dos temas presentes nesta obra é o concepto de pobreza, como afrontan os máis pequenos o feito de non ter cartos para comprar o material escolar? Cal é a reacción dos compañeiros de clase? Os prexuízos entre o rural e o urbano aparecen tamén nesta libro de María Reimóndez, quen consegue abrir os ollos do lector ante unha realidade que vive moi preto de nós. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Lois Pérez: “A tristeza é un terreo abonado para sacar versos”
Desde Xerais:
“O poema Blues do Rei Bermang = B.B.King, incluído no libro Long Play, de Lois Pérez, gañou o Premio aRi(t)mar Galiza e Portugal ao mellor poema publicado en Galicia. ARi(t)mar é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago para difundir a música e a poesía editada nos dous lados da raia e para achegar a cultura e a lingua dos dous países.
Con motivo deste recoñecemento, o programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista a Lois Pérez sobre este poema e sobre o seu libro: Long Play, editado por Xerais na colección Poesía.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 10´.”
Entrevista a Antón Reixa sobre Michigan/Acaso Michigan
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor, músico e cineasta Antón Reixa sobre o seu libro: Michigan/Acaso Michigan, editado por Xerais. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Conversa con Xabier López sobre 900
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversa co escritor Xabier López sobre a súa obra 900, galardoada co Premio Torrente Ballester. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Xurxo Souto: “Chiruca é unha muller creativa, que reivindica a tradición e que quere crear un novo discurso de futuro”
Desde Xerais:
“O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor Xurxo Souto sobre o seu libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, editado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.”
Entrevista a Yolanda Castaño arredor de O puño e a letra
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Falamos con Yolanda Castaño sobre a súa nova publicación, O puño e a letra. O primeiro “Comic Poetry” en galego editado por Xerais. 40 poemas interpretados en viñetas por outros tantos artistas da banda deseñada. A entrevista pode escoitarse aquí.”