Arquivos da etiqueta: Real Academia Galega
A Coruña: visitas guiadas á Real Academia Galega
Todos
os mércores de novembro, ás 17:30 h., desenvólvense visitas guiadas, realizadas pola propia institución, á Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña. Esta actividade inscríbese no programa A Cidade que le, que desenvolve a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña. A entrada é libre e gratuíta, aínda que hai que inscribirse previamente no teléfono 981-189830 (extensión 12026) ou no correo electrónico: cultura@coruna.es. As visitas inclúen unha breve explicación sobre a historia da Academia e a orixe dos fondos que custodia, visita das pezas do arquivo como o pergameo asinado pola raíña dona Urraca, outros pergameos galegos medievais, copia da Crónica Troiana, manuscritos autógrafos de Pondal, de Murguía e outros escritores e intelectuais galegos. Sen esquecer as actas fundacionais da Academia e da correspondencia coa Asociación Iniciadora da Habana. Na Biblioteca poderanse observar as primeiras edicións dos principais escritores galegos do século XIX: Rosalía, Curros, Pondal, Pintos e algunha obra dos séculos escuros. Da hemeroteca amósanse exemplares do século XIX escritos en galego ou relacionados con Galicia: desde o primeiro, O vello do Pico Sagro ata a revista Nós. Durante o percorrido observanse ademais algúns óleos (Seoane, Souto…) e esculturas (Curros por Asorey).
Manuel Antonio liberado
(El País)
A Academia porá o dicionario na web seis meses logo de editalo en papel
(Xornal)
A Fundación Barrié e a Real Academia Galega publicarán 15 textos inéditos de Manuel Antonio
O Estado financiará por primeira vez á Academia Galega cun millón de euros
O Concello de Vigo propón a María Xosé Queizán como académica
(Xornal)
A Real Academia pechou o traballo de redacción do novo dicionario
A Real Academia Galega recolle o legado persoal de Xoán Vicente Viqueira
(Xornal, Galicia Hoxe, La Opinión).
