
Arquivos da etiqueta: Rosalía de Castro
Vilalba: palestra Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe, por Francisco Rodríguez
Teo: obradoiro literario Escribimos con Rosalía, con Francisco Castro
Acto polo Día de Rosalía 2026, en Pontevedra
Compostela: palestra 25 edicións discográficas para Rosalía de Castro, por Xaime Estévez Vila
Palestra 25 edicións discográficas para Rosalía de Castro, por Xaime Estévez Vila, en Compostela
Acto central do Día de Rosalía de Castro, en Compostela
Conferencia A vixencia do mundo poético rosaliano, por Francisco Rodríguez, en Pontevedra
Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2026, o domingo 22 de febreiro
O acto central do Día de Rosalía de Castro terá lugar o domingo 22 de febreiro, ás 12:00 horas, no Panteón de Galegos Ilustres (San Domingos de Bonaval), en Santiago de Compostela. A entrada é libre e gratuíta.
Este é o programa previsto:
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Lectura do Manifesto da AELG en 2026, pola súa autora, Eva Veiga.
– Lectura de poemas rosalianos.
– Intervención do coro da Asociación Cultural e Musical Solfa.
– Ofrenda floral.
– Interpretación do himno.
Vigo: Día de Rosalía de Castro 2026
O luns, segunda feira, 23 de febreiro, ás 17:30 horas, coorganizado pola AELG e a Asociación Cultural O Castro, na Imprenta de Juan Compañel (Rúa Real nº 12) e Local do Centro Social A Revolta), terá lugar a colocación da ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, a lectura do Manifesto da AELG e de poemas de Rosalía de Castro no local do Centro Social da Revolta. Esta actividade conta co apoio de CEDRO e a Deputación da Coruña.







