O
xoves 14 de febreiro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), inaugúrase a exposición Ben-Cho-Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968), promovida pola Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que estará aberta ao público até o luns 20 de maio, con entrada gratuíta e horario de luns a venres de 09:00 a 21:00 horas; sábados de 10:30 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h.; e domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h.
No acto intervirán Antonio Veiga, Mario Outeiro, Xoán R. Cuba, comisario da exposición. Haberá tamén unha lectura dramatizada do Diario de Lugo de Ben-Cho-Shey, a cargo de Paloma Lugilde e Tareixa Campo, e a actuación musical de Mini e Mero.
A mostra estrutúrase en 4 apartados:
1. Fotobiografía: un percorrido cronolóxico pola vida de Ben-Cho-Shey con máis dun cento de fotografías e ilustracións.
2. Andar e aguzar. Os traballos e os días de Ben-Cho-Shey: As distintas vertentes do seu labor como polígrafo, cunha ampla información gráfica, bibliográfica e documental (o escritor, o xornalista, o etnógrafo, o arqueólogo, o político…).
3. O Partido Galeguista en Lugo 1931-1936. A constitución do Partido Galeguista en Lugo e o seu avance e consolidación na etapa en que Ben-Cho-Shey preside o Grupo local. Documentos inéditos: O Diario de Lugo de 1936, correspondencia co Comité Executivo do Partido, con militantes de distintas localidades, carta de Ben-Sho-Shey a Castelao dende Lugo, propaganda política orixinal da época e varios documentos gardados, nun arquivo clandestino, polo secretario do Grupo local de Chantada, Leonardo Fernández Souto.
4. Sociedade e cultura en Lugo 1918-1968. Unha cronoloxía da vida social e cultural de Lugo, nos 50 anos claves da traxectoria vital e intelectual de Ben-Cho-Shey, acoutada por dous anos simbólicos: o 1918, no que se celebra en Lugo a Asemblea Nacionalista, auspiciada polas Irmandades das Fala, e o 1968, ano de efervescencia política e cultural, no que Ben-Cho-Shey declara no TOP (Tribunal de Orde Pública) a favor de tres mozos lucenses detidos en Madrid a finais do ano anterior, pola campaña Libertade pra Galicia.
Arquivos da etiqueta: Tareixa Campo
Lugo: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
O
xoves 31 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de San Domingo, 4), preséntase o libro O mistério da escada interior, de Adela Figueroa, publicado por Edicións do Castro. No acto, xunto á autora, participa Tareixa Campo, e estará acompañado pola música dos Frebudos.
Letra das Festas. Anécdotas e sucedidos de Lugo, o mércores 10 de outubro
O
mércores 10 de outubro, ás 19:00 horas, no Círculo de las Artes da cidade de Lugo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración da Concellaría de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, organiza a segunda edición da Letra das Festas. Anécdotas e sucedidos de Lugo, “revista de literatura oral ao vivo” que sae sempre polo San Froilán. O acto está coordinado e presentado por Antonio Reigosa e Isidro Novo.
Participan contando: Antón Grande, Ana Carreira, Xosé Reigosa, Tareixa Campo, Xoán R. Cuba, Xulio Xiz, Xosé Miranda, Tonina Gay, Manuel Curiel, Marica Campo, Benjamín Santín, Darío Xohán Cabana, Marina Cillero, Fernando Arribas, Marga Portomeñe, Paco Nieto, Pilar García Negro e Paco Martín.
Encárganse dos interludios musicais: Abraham Cupeiro e María Ruíz.
Lugo: comeza o Ano Ben-Cho-Shey
“Nun
acto convocado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo o xoves 28 de xuño, inaugurouse o Ano Ben Cho-Shey, dedicado a este insigne galeguista, coa primeira das actividades que incluíu, ademais da intervención do delegado de Cultura da Deputación, a intervención de Xoán Ramiro Cuba, coordinador do Ano Ben Cho-Shey, así como unha proxección de fotografías: Lugo na cámara de Ben-Cho-Shey (importantes documentos fotográficos que son testemuñas históricas dunha época) que foi comentando e analizando o propio Xoán Ramiro Cuba, xunto á intervención musical a cargo de Antón Castro e unha lectura dramatizada de textos inéditos do Diario de Lugo de Ben-Cho-Shey, a cargo de Tereixa Campo e Paloma Lugilde. (…)
Xoán Ramiro Cuba, pola súa banda, destacou que “máis que homenaxealo postmortem o que pretende a Área de Cutura coa organización deste ano é dar a coñecer a todo os galegos e galegas a vida e a obra de Ben-Cho-Shey, queremos que Galiza coñeza esta figura tan inxustamente esquecida e arrecantada e recoñeza a verdadeira dimensión deste intelectual que traballou sempre por amor a Galiza cun compromiso esforzado e inquebrantable. Dese compromiso e dos seus froitos dános unha idea moi clara Xosé María Álvarez Blázquez cando di: “Ben-Cho-Shey é o galego máis galego que teño coñecido. Atesoura a xenerosidade dun Otero Pedrayo, o entusiasmo dun P. Sarmiento, a sabencia folklórica dun Risco, o patriotismo dun Castelao. Se houbese que facer un desfile de galeguismo, Ben-Cho-Shey sería o abandeirado”.” Vía Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Lugo: presentación de as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó
O
martes 14 de xuño, ás 19:30 h., na Librería Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase o libro de poesía as desfeitas do día, de Pedro P. Riobó, publicado en Edicións Morgante. A presentación incorpora un recital audiovisual dunha duración aproximada de vinte minutos. Os convidados son: Tareixa Campo e Antón Sampaio, do grupo Achádego Teatro.
A Coruña: Historias da Coruña. A memoria da cidade
Do 19 ao 28 de novembro de 2008 deselvolveranse as Historias da Coruña. A memoria da cidade: “O futuro da cidade construímolo entre todos e todas, no día a día, aproveitando sempre o traballo e a experiencia de quen nos precedeu, ao tempo que planificamos en termos de futuro, transcendendo intereses inmediatos co pensamento nas vindeiras xeracións.”
Intervirán através dun amplo programa Xavier Seoane, Aurora Marco, María Lopo, Kathleen March, Tareixa Campo, Laura Tato, Cilha Lourenco, Carlos Biscaínho, Xosé António Fraga, Xosé Luís Martínez, Laura Mariño e Diego Pardo. Ver programa. (AS-PG)
