Desde
a Televisión de Galicia:
“Baixo os acordes da Escola de Música de Rianxo, cunha peza composta para ela, amante da música, Helena Villar Janeiro recibiu a homenaxe da Escritora na súa terra 2016. Foi por decisión propia da autora, que é natural de Becerreá pero que nos últimos anos reside nunha das vilas máis literarias de Galicia.
A escritora plantou a carón do peirao de Sete Fogas, lugar de homenaxe e tamén de inspiración, un loureiro. Foi a terceira tarefa que lle quedaba por facer despois de escribir e ser nai.
Na escola da I República os responsables da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega fixéronlle acto de entrega da Letra E.”
A reportaxe pode verse aquí.
Arquivos da etiqueta: Televisión de Galicia
Carlos López Bernárdez achégase á obra pictórica de Luís Seoane
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Un pintor que sabía o que facía, do vigués Carlos López Bernárdez, publicado pola editorial Laiovento, fai fincapé no cambio de rumbo que supuxo na pintura galega a obra de Luis Seoane. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Xosé Monteagudo sobre Todo canto fomos
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Xosé Monteagudo fala de Todo canto fomos. A súa última novela percorre máis dun século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue a alentar o presente. O libro contén historias que dialogan entre si e desenvolve unha trama en que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. A entrevista pode verse aquí.”
“Mercedes Queixas percorre a historia da literatura galega”
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“De pergamiños, follas voandeiras e libros ao.gal. Este é o título que Mercedes Queixas escolleu para o seu novo ensaio, que subtitula “Breve historia da literatura galega”. Esta obra tenta explicar o proceso literario en relación co tempo no que se produce e recoñecer as voces silenciadas por prexuízos históricos. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Anxo Fariña
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Anxo Fariña foi ao Zigzag para falar do seu libro Horizonte de sucesos, publicado en Xerais. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevistas á gañadora e gañadores dos Premios Xerais 2016
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“David Pérez Iglesias con Todo o tempo do mundo e Iria Misa Peralba con Xa non estou aqui gañan os premios Merlín de Literatura Infantil e Jules Verne de Literatura Xuvenil. A entrevista pode escoitarse aquí.
Manuel Esteban Domínguez gaña o premio Xerais coa novela A ira dos mansos. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.”
Tamén se realizaron entrevistas para o Zig-zag da Televisión de Galicia.
Un libro conta a historia da mítica Liga da Costa
Desde
a Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia:
“O novelista Xosé María Lema é coautor con Xosé María Rei Lema dun libro de carácter enciclopédico que recolle a historia da ben coñecida Liga da Costa, un torneo de fútbol modesto que ten máis de cincuenta anos de historia continuada, aínda que as súas orixes se remontan a principios do século XX. Xosé María Lema cóntanos máis detalles.”
Fran Alonso volve á literatura infantil con Contos nerviosos
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Libro de relatos onde o humor disparatado é o fío condutor. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a María Solar no Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Autora de O meu pesadelo favorito, premio á mellor obra infantil e xuvenil na primeira Gala do Libro Galego e premio Lazarillo. María Solar presenta agora a súa primeira novela para adultos, As horas roubadas. A entrevista pode verse aquí.”
Lino Braxe, actor e director de teatro, no Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista con Lino Braxe, que está traballando na montaxe de Edipo, unha obra de Manuel María. Pode verse aquí.”