Ana Cabaleiro: “Non escribín un libro de viaxes, pero si que reflexiono sobre o turismo e os xeitos de viaxar”

Entrevista a Ana Cabaleiro no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“En 2006 cando sacabamos moitas menos fotos porque case non usabamos para iso o móbil, acababa de abrir Facebook e poucos o tiñan, e nos falabamos por sms ou por mail, a escritora Ana Cabaleiro fixo realidade un soño contratando unha viaxe cunha axencia singular para pasar a fin de ano no deserto de Mergouza no Sáhara marroquí con case 20 descoñecidos. Entre a vulgaridade do turismo, a descuberta dunha cultura distinta, o feitizo da literatura de viaxes e os propios protagonistas do grupo nace Xa vemos palmeiras, un libro diferente, o cuarto asinado por Ana Cabaleiro. A entrevista pode verse aquí.”

Teresa Moure: “O meu propósito foi facer unha versión feminina e lixeiramente rebelde do Zeca”

Entrevista a Teresa Moure no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Cando era neno Zeca Afonso viviu en África, en Angola e en Mozambique despois. A pegada destes lugares, a súa relación con Galicia, as súas dúbidas, os artistas aos que el admiraba… os amigos que o coñeceron ben… por aí transita esta novela gráfica, moi documentada, pero de ficción. A guionista, Teresa Moure, acompáñanos hoxe para guiarnos por esta proposta orixinal e moi fermosa. A entrevista pode verse aquí.”

Alexandre Peres: “Cervantes tivo un mecenas galego que lle retirou insultos no Quixote”

Entrevista a Alexandre Peres Vigo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
Do ódio à paródia. O estereótipo antigalego na literatura espanhola do século XVII fai un repaso minucioso polos textos literarios, mais tamén pola visión que sociedade española tiña dos galegos. O autor Alexandre Peres Vigo, volve visitarnos aquí no estudio para presentarnos este traballo publicado por Através. A entrevista pode verse aquí.”

A G2 estrea este xoves As mil e unha páxinas, programa que pretende fomentar a lectura e descubrir as últimas creacións de autores galegos noveis, con Elba Pedrosa

Desde a Televisión de Galicia:
“As ‘Noites Temáticas’ da G2 contan a partir do 19 de outubro, dentro da ‘Noite da Cultura’, cunha novidade: a estrea do programa As mil e unha páxinas, que pretende animar á lectura, pero que tamén promoverá as últimas creacións de autores galegos noveis e dará a coñecer o tecido editorial do país.
As mil e unha páxinas, presentado pola escritora Elba Pedrosa, é unha viaxe máxica a través dos libros e o mundo que os arrodea. Esta aventura polos distintos xéneros literarios axudará a fomentar a lectura, descubrir autores noveis e redescubrir obras e autores da literatura galega e universal. Todo dende unha óptica dinámica, divertida e rigorosa.
No primeiro programa, esta noite abordarase o xénero da novela negra, eses libros con personaxes ambiguos que se moven en mundos sórdidos. O homenaxeado será o escritor Domingo Villar. Os espectadores coñecerán os autores, editores e grandes referentes do xénero en Galicia. Tamén haberá recomendacións de títulos para que o público descubra as novidades e algunha ópera prima da novela negra galega.”

Xosé de Cea: “Detrás do termo `xarnego´ hai un sacrificio enorme das familias”

Entrevista a Xosé de Cea no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“No barrio barcelonés de Horta está a rúa de Coímbra. Coímbra é o escenario e o título da primeira novela para adultos de Xosé de Cea despois dunha consolidada traxectoria na poesía e no infantoxuvenil. Coimbra nos anos 70, cando o autor era neno e despois adolescente. Un lugar de xarnegos onde vivían familias procedentes do Levante, do Sur de España, de Aragón, de Castela e algunha galega. Alí entre os pisos vellos e os novos naceron estas lembranzas que conforman o libro Coímbra de Xosé de Cea. A entrevista pode verse aquí.”

Andreia Costas: “Estar do lado dos gañadores é fácil, o difícil é estar aos outros lados”

Entrevista a Andreia Costas no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Tempo é vida e a vida vive dentro da rebelión, e da ferida”, son versos que agroman nas primeiras páxinas deste libro, Magnolia punk e outras arritmias, de Andreia Costas. Poemas que latexan como a vida mesma. A vida que vive dentro da rebelión e da ferida provocános a arritmia das emocións e Andreia Costas non as disimula, máis ben traza músicas novas con elas. A entrevista pode verse aquí.”

Armando Requeixo: “Luísa Villalta é unha das intelectuais máis completas das últimas décadas”

Entrevista a Armando Requeixo na Televisión de Galicia:
Pensar é escuro é o título dun poema de Luísa Villalta e tamén o título do libro nos devolve a súa poesía. A editorial Galaxia con edición de Armando Requeixo recompila os catro poemarios da autora prematuramente morta no 2004. Luísa Villalta a poeta violinista, que escrutou e explorou o complexo da existencia, os dramas da realidade, o xénero, a propia poesía. E por fin a podemos ler reunida baixo a edición de Armando Requeixo. A entrevista pode verse aquí.”

María Xosé Porteiro: “Creo que as emocións pesan máis ca as ideas no comportamento humano”

Entrevista a María Xosé Porteiro na Televisión de Galicia:
“Dixo Murakami: “O odio é moi perigoso e unha vez que prendeu no noso corazón extirpalo é uha angueira titánica”. Unha frase que abre a novela Tabiba de Maria Xosé Porteiro e que condensa o que hai dentro dela. Desde o xihadismo, desde os procesos de radicalización, e desde o paso do amor ao odio, Porteiro narra un thriller que hoxe traemos ao Zigzag Fin de semana. A entrevista pode verse aquí.”

Fina Casalderrey: “Reconstruín un pasado literario para reivindicar a muller xabaril”

Entrevista a Fina Casalderrey no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“En Pontevedra, na aldea de Santa María de Xeve, vivía a Xabarina. Unha muller de principios de século, alta, culta que se botou ao monte, entolecida, durmindo ao raso, vítima das mofas e o escarnio de moitos. A Xabarina tiña unha triste historia detrás, a historia que novelou Fina Casalderrey na que é a súa primeira novela para adultos. A entrevista pode verse aquí.”

Xosé Monteagudo recupera as figuras silenciadas de Bibiano Osorio-Tafall e Josefina Arruti

Entrevista a Xosé Monteagudo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A última novela de Xosé Monteagudo Vémonos mañá narra, de xeito ficcionado, a vida de dúas figuras históricas silenciadas: o político, científico e diplomático Bibiano Osorio-Tafall e a súa muller Josefina Arruti. A través das súas páxinas coñeceremos detalles da Guerra Civil e da posguerra, pero tamén de como toda aquela axitación separou a Josefina e a Bibiano. A entrevista pode verse aquí.”