O xoves 9 de xuño, ás 20:00 horas, no Monty Ambigú (Praza do Papagaio), na Coruña, terá lugar o 5º recital de poesía ceibe Escoito Cisnes. A lista provisional de participantes está formada por Miguel Melero, Teresa Ramiro, Ricardo Souto Morano, Carmen Torreiro, Francisco X. Fernández Naval, Branca Vilela e Óscar de Souto. Convoca Goleta Ó noso xeito. A entrada é libre.
Arquivos da etiqueta: Teresa Ramiro
Allariz: II Festival de poesía Poemagosto
A Coruña: actos literarios destacados nas Festas de Monte Alto 2015
O domingo 6 de setembro, ás 12:00 horas, dentro das Festas Monte Alto 2015 da Coruña, o Colectivo Poético-Literario “In Nave Civitas” fará un roteiro que sairá da Praia Santo Amaro e percorrerá todos os recunchos da costa da Torre, para dar a coñecer os nomes e historias das súas pedras, furnas e lugares. Tamén será unha homenaxe ao histórico percebeiro coruñés e veciño do Barrio, Milucho Mariñas.
Previamente, o venres 4 de setembro, sobre as 19:30 horas, no Campo de Marte, lerán o pregón das festas Xosé Iglesias e Teresa Ramiro.
Fisterra: recital poético na inauguración da exposición Nemancos, de Viki Rivadulla
Santa Cruz, Oleiros: Música e poesía aberta ao mar
A Coruña: Escoito cisnes, recital con poesía, música e pintura
O venres 20 de marzo, ás 20:00 horas, en Maquinaria Pesada (Avenida Linares Rivas, 45, locais 24-25), na Coruña, terá lugar un recital con poesía, pintura e música, baixo o nome Escoito cisnes, No acto, presentado e conducido por Óscar de Souto, participan Claudia Castro, Teresa Ramiro, Miguel Melero, Mar Veres e María Xestal.
Melide: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
A Coruña: recital poético-musical na reapertura da Libraría Sisargas
O venres 19 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar un recital con poesía e música na reapertura da Libraría Sisargas no seu novo emprazamento (Rúa San Roque, 7), na Coruña. Participan, na parte poética, Dores Tembrás, Francisco X. Fernández Naval, Xosé Iglesias, Jose Montero, Rodrigo Osorio, Teresa Ramiro, Rosalía Fernández Rial e Ramiro Torres, e na parte musical César Morán. Previamente ao recital haberá unha actuación de Xurxo Souto.
Arteixo: Cuadrante de sombras, recital con poesía e música
O sábado 22 de novembro, ás 21:00 horas, na Taberna-Café-Museo A Baiuca (Travesía de Arteixo, 213, frente ao concello) de Arteixo, terá lugar Cuadrante de sombras, un acto presentado por Paco Souto onde acompañarán poeticamente o Transfusión oceánica de Xosé Iglesias (publicado pola A. C. Caldeirón), Xosé Abeledo, Iolanda Aldrei, María José Fernández López, Alfredo Ferreiro, Modesto Fraga, Xurxo Gago, Mercedes Leobalde, Tati Mancebo, Miguel Mato, Juan Alberto Moure, Serafín Mourelle, Rodrigo Osorio, Marité Prieto, Mercedes Queixas, Teresa Ramiro, Viki Rivadulla, X. H. Rivadulla Corcón, Paco de Tano e Ramiro Torres. Tamén participará musicalmente Bieito Romero e amigos músicos.