Arquivos da etiqueta: Terra fría
Compostela: D4a4, con Eduardo Estévez, Rosalía Fernández Rial, Miguel Mato e Paco Souto
O venres 22 de abril, ás 20:30 horas, no Vide, Vide (Rúa da Fonte de Santo Antonio, 10, baixo), en Compostela, terá lugar o evento D4a4: 4 obras | 4 autor@s | 4 editoras, onde se presentarán Entrar na casa, de Eduardo Estévez, publicado en Estaleiro; Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Positivas; Terra fría, de Miguel Mato, publicado por Caldeirón; e e Caín, de Paco Souto, publicado en Laiovento. A entrada é libre.
Betanzos: recital-presentación de Terra fría, de Miguel Mato
O xoves 19 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, terá lugar un recital poético de Miguel Mato Fondo, que será, simultaneamente, presentación do seu libro Terra fría, publicado pola A. C. Caldeirón. O acto está organizado pola A. C. Eira Vella.
Lugo: presentación de Terra fría, de Miguel Mato
O xoves 29 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase Terra fría, de Miguel Mato, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Eloi Caldeiro e Xavier Rodríguez Barrio.
A Coruña: concerto-recital Os poemas da Terra fría, con Miguel Mato e Brais Morán
Carballo: actividades do venres 21 na Praza dos Libros
Continúa esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 20 ao 23 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o venres 21, destacamos os seguintes:
– 18:30 h. Concerto-presentación de Brinca vai!, de Paco Nogueiras, publicado por Kalandraka.
– 19:45 h. Presentación e recital dos poemarios publicados por Caldeirón: Terra fría, de Miguel Mato, Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter, de Verónica Martínez Delgado e Dominio Público, de Ramón Neto.
– 20:30 h. Presentación da obra colectiva Catálogo, de Rosalía Fernández Rial, Paco Souto, Mon Lendoiro e Chiña, publicada por Lumieira, Garabato e Caldeirón.
Miguel Mato: “A miña xeración está formada por anxos da derrota”
Entrevista de Carme Vidal a Miguel Mato:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Por que demorou a súa volta á poesía?
– Miguel Mato (MM): Non tardei en volver á poesía, senón en publicar. Escribo continuamente, mais, para sacar un novo libro, tenme que gustar; ten que responder a algo que está dentro de ti. Por outra parte, gustaríame publicar ensaio e narrativa, mais non é doado. En especial para min, que escribo relato. A realidade é así: quixera publicar; porén, non existen moitas ocasións.
– SG: En cambio, cónstame que desde Caldeirón, insistiron para que publicase este novo libro de poesía [Terra fría].
– MM: Así foi. Paco Souto tiña desexos de publicar un libro meu, e eu tamén de o facer con Caldeirón, porque é un proxecto no que o amor ao libro se nota. Alén da amizade, e que é unha editora de Malpica, a miña terra, estou feliz e agradézolles moito que mo ofrecesen. Eu non me atrevía a pedirllo, porque sei que publicar un libro é un esforzo, e teño consideración con quen inviste e fai esforzos económicos para a creación de cultura. Ponme moito respecto.
– SG: Se cada libro responde a un momento, que explica o nacemento de Terra fría?
– MM: Considero que é unha continuación de O whiskey na barrica, mais trátase dun libro máis sombrizo. Non é xa esa visión case arcádica, nostálxica e luminosa, senón algo máis amargo e pesimista. Deixa ver a consciencia do paso do tempo; das mudanzas que traen horizontes máis escuros. É unha visión pesimista sobre o mundo, sobre desexos frustrados e soños colectivos que non se cumpriron. Tamén a preocupación polo estado da lingua, moito máis ca unha ferramenta de traballo, a memoria da historia colectiva do país. Manuel María dicía que cando se perde unha lingua o mundo empobrece. O libro expón unha visión dun mundo que se esnafra contra unha curva sen ver o sinal de stop.
– SG: Esa sensación de derrota e desastre é un signo xeracional?
– MM: Compartido con poetas como Ramiro Fonte, Forcadela, Miguel Anxo Fernán Vello ou o mesmo Manuel María, unha referencia ética na concepción de como debe estar o poeta no mundo, da percepción do país a través da lingua, de talante ecoloxista e conservacionista.
– SG: Cita nomes cos que compartiu hai trinta anos o grupo De amor e desamor. Mudou o entusiasmo de entón en pesimismo?
– MM: Convivimos con formas de cultura que a xeración anterior non coñecera, como o rock, unha poesía moi desenganada. Este libro, poño por caso, inspírase nun tema de Tom Waits. Somos, en certa medida, anxos da derrota. Antes saïamos dunha época hostil e abríase unha etapa de esperanza, e agora volvemos a un tempo duro. (…)”
Miguel Mato fala no Diario Cultural sobre Terra fría
A Coruña: presentación de Terra fría, de Miguel Mato
O xoves 23 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo) da Coruña, preséntase Terra fría, de Miguel Mato, publicado pola A. C. Caldeirón. No acto, xunto ao autor, participan Paco Souto, Suso Lista, César Morán e Alfonso Costa.