Ferrol: presentación de Manuel María: un home de mil pezas, de Vicente Araguas

OVicente Araguas sábado 30 de abril, ás 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa María, esquina rúa Rubalcava), preséntase Manuel María: un home de mil pezas, de Vicente Araguas, publicado por Embora.

A Coruña: recital de Vicente Araguas e Sholeh Wolpé no Ciclo Poetas Di(n)versos, o luns 26 de outubro

OVicente Araguas luns SholehWolpe_ByBonniePerkinson26 de outubro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Vicente Araguas e a poeta iraniana Sholeh Wolpé. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos outubro 2015.

Vicente Araguas: “Sentíame máis autoexiliado aquí, naquela ditadura noxenta”

EntrevistaVicente Araguas de Carlos Loureiro a Vicente Araguas en Noticieiro Galego:
“(…) – Noticieiro Galego (NG): E aquí tiveron que sufrir os derradeiros anos da ditadura franquista… Sentiu nalgún momento que era un exiliado máis cando se foi para Escocia?
– Vicente Araguas (VA): Non exactamente. Sentíame máis autoexiliado aquí, naquela ditadura noxenta. Fóra, con aqueles libros-libres, aquelas películas sen censura, os xornais críticos, a atmosfera nada viciada sentíame como peixe na auga. O malo fora voltar, co franquismo agonizante (pero non o sabíamos). (…)
– NG: Para os que estamos a convivir decotío coa nosa literatura, coa nosa lingua, é realmente moi significativo achármonos con persoas coma vostede (coma Manuel Pereira, Manuel Álvarez Fuentes…) que manteñen un compromiso rexo coa nosa lingua e coa nosa literatura fóra de aquí… Que dicirlles a moitos escritores e moitas escritoras galegos/-as que se deron a coñecer na nosa lingua e hoxe empregan maioritariamente a castelá?
– VA: Dirixiríame máis ben aos editores con anteolleiras, aos profesores que recomendan os libros dos amiguiños, aos escritores seitarios, aos partidos políticos que soamente se ocupan dos conmilitóns que escriben, dos que desprezan aos que fóra de Galicia levan/ levamos a bandeira lingüística e literaria, para que mudasen de actitude. Por aí, entendo, ese liscar de xente que sabe o que se ten entre mans. (Igual é que aqueles aos que me dirixo, desfrutan co que está acontecendo, non sei).
– NG: Tamén temos que dicir que cómpre salientar nas súas obras unha fonda retranca, unha retranca de noso, algo que fará moito máis atractiva a lectura e por outra banda moito máis aceda…
– VA: Esa retranca da que fala… Lévoa dentro, supoño, e por aí sae. Mais -procuro- con elegancia. Que é a que separa a retranca (a ironía) do sarcasmo. Así e todo fago por non ferir, o único que hai moito susceptible ceibo, xa se sabe.
– NG: Dicíanos antes que “son un romántico empedernido” e o tema do amor -incluso o erotismo-… ese tema si que vai ser algo moi destacábel, especialmente na súa lírica… unha lírica que non ía ser allea ao intimismo…
– VA: Pois claro que non. O amor, xa o dixen, é un motor esencial para todos, escritores ou non. Así que non invento nada (“O peso do mundo é o amor”, dixo Allen Ginsberg, e dixo ben). O outro tema é a morte, e por certo que se me dan moi ben as elexías igualmente. Imos por aí, pois. (…)”

Día de Rosalía de Castro 2015 en Madrid

DesdeEuSonRosalia___(1) Galego en Madrid:
“Un ano máis, e van tres, acudimos á chamada da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e do Grupo Bilbao para celebrarmos o Día de Rosalía de Castro.
Palabras sabias de Vicente Araguas sobre a autora de Cantares gallegos nunha tarde madrileña fría.
“…que cante e que cante
na lingua que eu falo…”
líanos Manuel Pereira Valcárcel no Manifesto da AELG.

GrupoRafa le

Galegos e galegas, poetas e alumnado van lendo a Rosalía, e Marta Beceiro canta os seus versos.

Marta canta

E para rematar, como xa ben sendo costume, peregrinaxe ata San Ildefonso, como fixera Rosalía para casar con Manuel Murguía en 1858.

Día de Rosalía 2015

Madrid: presentación de Tántalo, de Yolanda López

OYolanda López xoves 13 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa de Galicia de Madrid (C/ Casado del Alisal, 8), terá lugar a presentación de Tántalo, de Yolanda López López. No acto, onde tamén haberá un recital de poesía e música, participan, xunto á autora, Vicente Araguas e Manuel Pereira Valcárcel, acompañados polo guitarrista Pablo Pollo.