O
venres 9 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo (Praza Maior, 23), e co apoio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, inaugúrase a exposición Colmeiro. Paisaxe que sabe a pan, comisariada por Carlos López Bernárdez. A mostra, que estará aberta ao público entre os días 9 ao sábado 24 de marzo, en horario de 15:00 a 22:00 h. complétase coa publicación dun catálogo con textos de Aurelia Balseiro, Antonio Bonet Correa e Carlos L. Bernárdez.
Arquivos da etiqueta: Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Cultura
Lugo: conferencia de Teresa Moure na inauguración de A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0
O
xoves 8 de marzo, Día Internacional da Muller, inaugúrase ás 20:00 h., na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo) A arte de ser muller nun mundo por compartir 4.0, que baixo a organización da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, e até o 8 de abril, desenvolverán un amplo programa de actividades artísticas multidisciplinares nos catro museos que conforman a Rede Museística Provincial de Lugo. Trinta e unha mulleres e un home, artistas, compartindo un obxectivo a prol da igualdade de xéneros: facer máis visíbel a muller dentro do mundo da arte. Dentro dos actos previos á inauguración, terá lugar, ás 19:00 horas, unha conferencia de Teresa Moure no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, baixo o título Muller e literatura.
Lugo: presentación de Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra
O
martes 10 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón da Deputación de Lugo, preséntase Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra, unha reedición do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. No acto participan Luís Cochón, Claudio Rodríguez Fer e Isidro Novo.
Crónica posterior en El Progreso.
Santiago: presentación da reedición de Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra
O
xoves 22 de decembro, ás 20:30 horas, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela preséntase Muller pra lonxe, de Uxío Novoneyra, unha reedición do Servizo de Publicacións da Excma. Deputación de Lugo, con Luís Cochón e Olga Novo. Este poemario recolle unha autoescolma da súa poesía amorosa entre os anos 1955 e 1985 ilustrada polo pintor Carlos Pardo Teijeiro.
O Incio: Homenaxe a Lois Pereiro
Mondoñedo: estrea de Menciñeiros, de Volta e Dálle Teatro, sobre a obra de Cunqueiro
O
venres 18 de novembro, ás 21:00 horas, no Audiotorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, estréase o espectáculo Menciñeiros, do grupo Volta e dálle Teatro, adaptación de Escola de menciñeiros, de Álvaro Cunqueiro. O acto está organizado pola Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e o Concello de Mondoñedo.
Mañá, 22 de outubro, Polafía no Museo Pazo de Tor (Monforte)
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Rede Museística da Deputación de Lugo, o grupo musical O Trícole e a Asociación Cultural O Colado do Vento (Sober), organiza unha nova edición das Polafías no Museo Pazo de Tor de Monforte de Lemos o sábado 22 de outubro, ás 18:00 horas.
¡Ouh, Casa de Tor,
onde eu soupen o que era vivir nun pazo!
Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores. Contará coa participación de Mini e Mero, O Trícole, Isidro Novo (que lerá poemas de Uxío Novoneyra, Manuel María e Lois Pereiro), as lendas de Alfonso Campos, os contos de Quintín, as historias do pazo de Ángeles Rivada González, a historia do pazo e do museo de Encarna Lago, a memoria de ilustres antergos da casa pacega de Xosé Lois García, os recitados de Marisa Álvarez, as historias dos franceses de Antonio Eirexe e moitas veciñas e veciños da contorna co seu saber contar e cantar.

Monforte: Polafía no Museo Pazo de Tor, o 22 de outubro
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Rede Museística da Deputación de Lugo, o grupo musical O Trícole e a Asociación Cultural O Colado do Vento (Sober), organiza unha nova edición das Polafías no Museo Pazo de Tor de Monforte de Lemos o sábado 22 de outubro, ás 18:00 horas.
¡Ouh, Casa de Tor,
onde eu soupen o que era vivir nun pazo!
Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores. Contará coa participación de Mini e Mero, O Trícole, Isidro Novo (que lerá poemas de Uxío Novoneyra, Manuel María e Lois Pereiro), as lendas de Alfonso Campos, os contos de Quintín, as historias do pazo de Ángeles Rivada González, a historia do pazo e do museo de Encarna Lago, a memoria de ilustres antergos da casa pacega de Xosé Lois García, os recitados de Marisa Álvarez, as historias dos franceses de Antonio Eirexe e moitas veciñas e veciños da contorna co seu saber contar e cantar.
Lugo: Encontro Escritor@s polo territorio
O
sábado 11 de xuño, no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar o Encontro Escritor@s polo Territorio, convocado por ADEGA, no que os escritores convidan a toda a cidadanía interesada a participar neste encontro, enriquecendo deste xeito o debate, e achegando novas visións dos temas tratados, ofrecendo un lugar de participación para todas aquelas persoas con inquedanzas sobre o territorio que habitan. O programa é o seguinte:
– 09:30 h. Inauguración da xornada, por Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA e Antón Bao, Vicepresidente 1º da Deputación de Lugo.
– 10:00 h. Mesa de debate: A literatura oral do territorio. Nesta mesa analizarase a literatura e tradición oral, a importancia da súa conservación, a súa defensa e o seu vencellamento ao territorio. Con Ana Carreira e Xoán Ramiro Cuba. Modera: Antonio Reigosa.
– 11:00 h. Coloquio – Debate.
– 11:30 h. Actuación do coro LUGH dirixido por Fernando García Jácome.
– 12:30 h. Mesa de debate: Os nomes do territorio. A Toponimia. Aquí abordarase o tema dos cambios producidos na Toponímia galega; cidades, pobos, parroquias….a súa deturpación e a desfeita cultural que isto supón, desde o punto de vista da Tradición Oral, a Arqueoloxía ou a Historia. Con Xulia Marqués e Gonzalo Navaza. Modera: Xosé Miranda.
– 13:30 h. Coloquio – Debate.
– 16:00 h. Mesa de debate: Cambios no uso da Cidade. Por medio da narración das experiencias vitais de tres escritores pertencentes a diferentes xeracións (1940, 1951, 1975), dos seus recordos do uso da cidade para o xogo o traballo, a vida cotiá, obteremos unha visión do cambio producido no territorio urbano nos últimos 75 anos. Con Paco Martín e María Reimóndez. Modera: Isidro Novo.
– 17:00 h. Coloquio – Debate.
– 17:30 h. Actuación de música galega.
– 18:00 h. Mesa de debate: O meu territorio na miña literatura. A través de diversos autores, faremos un percorrido polas diferentes percepcións que teñen e tiveron das cidades onde se sitúa a súa obra literaria tendo deste xeito unha visión de como se manifestan os cambios das cidades na literatura. Con Pilar García Negro e Adela Figueroa Panisse. Modera: Xurxo Souto.
– 19:00 h. Coloquio – Debate.
– 19:30 h. Conclusións e Clausura do Encontro. Os moderadores; exporán as conclusións de cada unha das mesas de debate. Posteriormente procederase á clausura do Encontro.
Reseña posterior en Galicia Hoxe.
Lugo: Xornadas Cultura e Territorio, organizadas por ADEGA
O
sábado 30 de abril desenvolveranse no Salón de Actos da Deputación de Lugo as Xornadas Cultura e Territorio, organizadas pola Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo e ADEGA. O programa, que pode ser descargado neste arquivo .pdf: Xornadas Cultura e Territorio ADEGA 2011, está composto por:
– 09:00 h. Recepción dos participantes no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo
– 09:30 h. Inauguración das Xornadas a cargo dos representantes da organización do evento (ADEGA) e representantes da Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo.
– 10:00 h. Mesa Redonda: A Tradición Oral e o Territorio:
• Ponte nas Ondas. Experiencia educativa entre escolas de Galiza e o norte de Portugal. Xerardo Feijoo Rapela, mestre e Secretario da Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte nas Ondas.
• Antonio Reigosa. Escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular de tradición oral.
• Proxecto Montaña Máxica (Monte do Seixo) e Proxecto dos Sete Camiños. Exemplos
de espazos degradados e proxectos de recuperación e posta en valor dos mesmos. Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca: Rafael Quintía; Antropólogo e economista. João Bieites: Licenciado en Belas Artes e mestre de Artes Plásticas. Modera: Branca Villares. Mestra de música tradicional galega e socia de ADEGA.
– 11:30 h. Coloquio-Debate.
– 12:30 h. Conferencia Carlos Taibo: Teoría do decrecemento. Politólogo galego, profesor titular de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. Presenta: Adela Figueroa Panisse. Bióloga, escritora e mebro da Directiva Nacional de ADEGA.
– 13:30 h. Coloquio-debate.
– 16:00 h. Mesa Redonda: Cultura e Territorio:
• Ricardo Polín: Profesor de Língua e Literatura galega, experto no Camiño Primitivo.
• Xosé Manoel Rosales: Arquitecto galego e coordenador do Proxecto Terra.
• María López Sandez: Doutora en Teoría da Literatura e autora de Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio.
Modera: Carlota Eirós, arquitecta e socia de ADEGA.
– 17:15 h. Coloquio-debate.
– 18:00 h. Mesa Redonda: Arquitectura e Territorio:
• Manuel Gallego Jorreto: Arquitecto, Catedrático de Proxectos na ETSAC.
• Pascuala Campos Michelena: Arquitecta e catedrática de proxectos na ETSAC.
• A Cidade dos Barrios: Plataforma de difusión e reflexión sobre A Coruña coordinada por Luciano G. Alfaya e Patricia Muñiz e organizada polo COAG desde a súa delegación de A Coruña.
Modera: Alberte González Rodriguez. Presidente da Delegación COAG de Lugo.
– 19:15 h. Coloquio-debate.
– 19:45 h. Clausura das Xornadas.

