O
mércores 24 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, Inma López Silva presenta o seu novo libro, Tinta, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Víctor F. Freixanes e Cándido Pazó.
Arquivos da etiqueta: Víctor F. Freixanes
Santiago: Ramón Otero Pedrayo, no ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 20 de outubro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras, que se desenvolven na Biblioteca da Cidade da Cultura, o protagonista será Ramón Otero Pedrayo. O programa é o seguinte:
– 12:00 h. Relatorio, por Ramón Villares.
– 13:00 h. Fidalgo (40 minutos). Peza teatral representada pola compañía Casahamlet baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo. Interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.
Presenta: Víctor F. Freixanes, escritor e presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Para acceder á actividade é preciso reservar previamente aquí.
Pontevedra: coloquio con Víctor F. Freixanes sobre Cabalo de ouros
O
xoves 11 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación de Veciños San Roque (Travesía Irmáns Pazó Montes, 2) de Pontevedra, Víctor F. Freixanes falará da súa última novela, Cabalo de ouros, publicada en Galaxia.
Santiago: presentación de Alguén así é o Deus en quen eu creo, de Andrés Torres Queiruga
O
mércores 3 de outubro, ás 20:00 h., na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu novo libro, Alguén así é o Deus en quen eu creo, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Víctor F. Freixanes, Xavier Martínez Cobas e Xan López Facal.
Fene: tertulia de Víctor F. Freixanes con Mercedes Queixas, no Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor
O xoves 20 de setembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Concello de Fene, terá lugar o primeiro faladoiro do Ciclo de Tertulias con gañadores/as do Premio Blanco Amor, organizado pola Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Fene, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Nesta ocasión, Víctor F. Freixanes, gañador do Blanco Amor organizado polo concello de Mugardos en 1982, coa novela O triángulo inscrito na circunferencia, falará sobre esta obra nun acto conducido por Mercedes Queixas.
Santiago: Congreso do Bicentenario de Francisco Añón, os 4 e 5 de outubro
O
xoves 4 e o venres 5 de outubro, na Cidade da Cultura de Santiago, terá lugar o Congreso do Bicentenario de Francisco Añón, coordinado por Xoán Mariño. O programa previsto é o seguinte:
Xoves, 4 de outubro
– 16:00 h. Inauguración do congreso.
– 16:30 h. Intervención de Ramón Villares: A xeración de 1846.
– 17:15 h. Inauguración da exposición Añón, precursor do Rexurdimento.
– 18:00 h. Proxección do documental Añón na memoria, de Juan Silva e Óscar Sendón.
– 19:15 h. Intervención de Gonzalo Navaza: Consideracións sobre a poesía de Añón.
– 20:00 h. Presentación do libro Poesías galegas de Francisco Añón. Con Xosé Luís Méndez Ferrín.
Venres, 5 de outubro
– 10:00 h. Roteiro literario pola Compostela do Poeta Añón: Alameda, San Clemente, edificios da Universidade, San Martiño Pinario, Facultade de Historia…
– 12:00 h. Intervención de Pilar Sampedro: Valor e valores da poesía de Añón.
– 12:45 h. Intervención de Manuel García Sendón: Añón: creador do programa literario do Rexurdimento.
– 16:30 h. Intervención de Rosario Álvarez: O Poeta Añón na forxa do galego literario.
– 17:15 h. Intervención de Xesús Alonso Montero: Añón na literatura galega do Prerrexurdimento.
– 19:15 h. Presentación do libro Vida e obra de Francisco Añón. Por Ramón Blanco, autor do mesmo, e Víctor Freixanes, editor.
– 20:00 h. Coloquio.
– 20:30 h. Clausura.
Desde Certo.
Fene: ciclo de faladoiros cos gañadores/as do Premio Blanco Amor de Narrativa
A
Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Fene, que organiza este ano a XXX edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor, promove, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, un ciclo de faladoiros con algúns dos gañadores/as de anteriores edicións. Na escolma de autores/as procurouse garantir a presenza daqueles escritores que gañaron nas edicións do Premio organizadas por concellos da comarca.
Nestes faladoiros, sempre ás 19:00 h. e na Casa da Cultura do Concello de Fene, tanto o condutor/a como o público participante dialogarán co/coa autor/a gañador/a do Premio Blanco Amor sobre a obra do autor/a e nomeadamente da obra coa que gañou o Premio.
O primeiro destes faladoiros, conducido por Mercedes Queixas, terá lugar o vindeiro xoves, 20 de setembro ás 19:00 h. na Casa da Cultura de Fene e contará coa participación de Víctor F. Freixanes, gañador do Blanco Amor organizado polo concello de Mugardos en 1982, coa novela O triángulo inscrito na circunferencia.
Un curso revela traducións inéditas de Carlos Casares
Desde
Cultura Galega:
““Lembro unha noite sentados diante da porta de Brandemburgo ás catro da mañá, na que Carlos estaba a planificar os cambios da Revista Grial e o proxecto dunha gran biblioteca de clásicos entre Xerais, que eu dirixía daquela, e Galaxia, que nunca se chegou a facer”. Esta anécdota do editor Víctor Freixanes sobre Carlos Casares resume parte das características deste poliédrico escritor clave no sistema cultural galego. Agora, un curso redimensiona o seu legado cando se cumpren dez anos do seu pasamento e ofrece novidades sobre a súa produción literaria. “Era un home tranquilo, programaba as cousas que logo se facían cos seus tempos” incide Freixanes, intelectual e amigo persoal do escritor. Ata tal punto deixaba que as cousas tiveran o seu ritmo, que Iolanda Galanes, investigadora do grupo Bitraga da Universidade de Vigo, revisando os seus arquivos persoais atopou dúas traducións ao francés de Ilustrísima. “Son claramente dúas autotraducións feitas en diferentes momentos, con cambios e variantes que podemos datar por referenciar persoais manuscritas” explica Galanes que estuda o fenómeno de Casares dentro dun proxecto de investigación que analiza os fluxos de tradución (as obras galegas que se traducen a outras linguas e o fenómeno contrario, as obras que se traducen ao galego). No fondo é a continuación do “catálogo que Casares iniciou como presidente do Consello da Cultura Galega” insiste Galanes sobre un proxecto que presentarán a final de mes e do que avanza unha cifra. “A tradución supón os 35% dos fluxos de edición que existen no noso país e convértese nunha realidade asentada”. Casares é unha parte importante do papel que a tradución xoga no sistema literario galego tal e como revelaron diferentes personalidades presentes neste encontro organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e celebrado na biblioteca do Consello da Cultura Galega. (…)”
A Coruña: actividades destacadas do mércores 8 na Feira do Libro
Continúa
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. A actividade máis destacada do mércores 8 de agosto é:
– 20:00 h.: Xavier Alcalá presenta a súa novela Verde oliva, publicada por Galaxia. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, Tati Mancebo e Vicente Araguas.
– 21:00 h.: Presentación da novela O alento nas costas, de Natalia Carou, publicado por Baía Edicións. No acto, xunto á autora, participan Belén López e Xurxo Souto.
A Coruña: actividades destacadas do martes 7 na Feira do Libro
Continúa
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do martes 7 de agosto son:
– 19:00 h.: Presentación do libro Os señores da mentira, de José Carlos Bermejo Barrera, publicado por Edicións Lóstrego.
– 19:30 h.: Xosé Ramón Barreiro asinará exemplares da biografía de Murguía, publicada en Galaxia.
– 20:00 h.: Xosé Neira Vilas presenta a súa nova novela, Esperando o leiteiro, publicado en Galaxia. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes. A actriz Isabel Risco lerá algúns fragmentos do libro.
– 21:00 h.: Presentación do libro 100 anos do himno de Galicia, de Xosé Neira Vilas, publicado por Edicións Embora

