Entrevista a Xabier P. DoCampo

EntrevistaXabierDoCampo 2 a Xabier P. DoCampo en Palavra Comum:
“- Palavra Comum (P): Que é para ti a literatura?
– Xabier P. DoCampo (XPD): Toda a literatura, a que les e a que escribes (que é outra forma de ler: lerte) é “un esforzo por facer real a vida” (Pessoa dixit). A iso me acollo, ao desexo de atopar unha realidade que se me oculta, que me elude e que procuro na palabra, no texto, na narración ou no poema como lugares nos que habita unha realidade que ameaza esvaerse, que, de non ser pola literatura (e pola arte en xeral), fuxiría de nós afundíndose na nada. A min a literatura sálvame desa nada. (…)
– P: Como entendes (e levas a cabo, no teu caso) o processo de criação literária e, em geral, a artística?
– XPD: Non sei explicalo. As cousas suceden e entro nunha combinación entre deixarme levar e, ao mesmo tempo, pelexar co texto para facelo propio. Teño unha intuición do que quero escribir e unha loita con como quero dicilo.
Poño un exemplo. Canto máis sei dunha novela, do seu argumento, da súa trama, máis traballo me custa escribila. Necesito que me vaia sorprendendo, preciso ver como se vai construíndo diante de min mentres eu pelexo coa linguaxe e esta vaise apropiando do proceso da escrita e facéndose creación. En fin, eu que sei como raios é isto? Ten moito de misterio… por iso me gusta tanto facelo. (…)
– P: Que caminhos entendes que seria interessante transitar na literatura e nas artes, em geral, nomeadamente na comunicação com o público e a sociedade, hoje?
– XPD: Isto é moi doado de responder: facer boas obras. A boa obra prevalece por enriba de calquera atranco. Despois temos que nos facer donos dos medios de comunicar as obras ao público e iso só é posíbel con soberanía nacional, único xeito de poñelas á par con calquera obra universal. Se non somos donos de nós seremos sempre alimento da colonización cultural (e da outra, pero non é do que ando a escribir aquí hoxe).
– P: Que visão tens sobre a literatura galega?
– XPD: Véxoa cos mesmos criterios que vexo calquera outra literatura, por tanto nela hai clásicos que leo con devoción e novidades entre as que hai cousas que me gustan máis e outras que me gustan menos. Vista como tal, coma unha literatura plena, debemos fornecela cada día de máis lector@s, para iso necesitamos o concurso e a axuda da escola, porque é aí onde a persoa ten o primeiro contacto coa lectura literaria, o lugar onde se fan @s lector@s do presente e do futuro. Se @s nen@s e mociñ@s se achegan, ben orientados por un profesorado competente e con boa disposición cara á nosa lingua, á literatura galega, serán lectores de literatura galega toda a súa vida. Mais agora mesmo a lexislación educativa está nas mans de persoas e institucións que teiman en lexislar en contra da súa propia lingua e cultura, supoño que os nosos esforzos deben dedicarse a librar ao país dese persoal lingüicida. (…)”

Xabier P. DoCampo estrea no CGAI un filme que rodou hai 33 anos

DesdeXabierDoCampo 2 Sermos Galiza:
“Este sábado no CGAI da Coruña proxéctase a curtametraxe Na outra beira das augas grandes, que o escritor Xabier P. DoCampo rodou hai 33 anos para un curso de cinema e que agora vén de recuperar e reescribir a historia.
O pase do filme será o sábado 20 ás 18 horas e incluirá unha conversa posterior co escritor, aquí no rol de director e guionista. A fita foi estreada no pasado Culturgal, cando Docampo sorprendía a propios e estraños dando a luz un filme que rodou hai case 44 anos na Costa da Morte. Titúlase Na outra beira das augas grandes e é unha adaptación dunha lenda dos Pés Negros americanos que lle pareceu ao autor “unha marabillosa metáfora desa emigración galega, eses homes e mulleres que foron buscar a vida á outra beira do océano”.
“Isto nace da miña paixón por contar historias e por que mas conten”, explica Docampo. “Eu amo o feito marabilloso de contar historias, non é que non me importe o medio polo que se contan, pero persigo por riba de todo a fascinación que asolaga a miña alma ao aprehender a emoción dunha historia ben contada. E iso é o que pretendín con Na outra beira das augas grandes”.
A orixe da fita remóntase a 1981, cando Docampo, xunto con outros compañeiros, participaron nun curso de cinema e, como parte del, tiñan que rodar un filme. El, como non podía ser doutra maneira, teimou en facer un guión para nenos e nenas que foi seleccionado e comezou a gravación en diversos lugares da Costa da Morte tendo como protagonistas aos actores Miguel Pernas e Maruchi Olmo. Sen embargo, os cartos rematáronse e aquela fita gardouse nun armario “coa condición de que o montaría cando tivese posibles, pero nunca os tiven e alí ficou durante case 33 anos”. Sigue lendo

Xabier P. DoCampo, Pedro Feijoo, Inma López Silva, Manuel Lourenzo González e María Reimóndez en inglés

Desde Tendencias Galicia Confidencial:
“A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria amplía o portal web da literatura galega en inglés con cinco novos escritores e escritoras, a través de fragmentos traducidos das súas obras máis representativas, que se complementan con información biográfica e a sinopse do libro.
Co obxectivo de seguir promovendo a proxección internacional das letras galegas a través da rede, o Portico of Galician Literature incorpora unha mostra en inglés de obras de Xabier P. DoCampo, de Pedro Feijoo, de Inma López Silva, de Manuel Lourenzo González e de María Reimóndez. Cada escritor e escritora conta cunha foto e biografía en inglés, xunto cunha sinopse das obras O libro das viaxes imaxinarias, Os fillos do mar, Memoria de cidades sen luz, Atl e Pirata, e mais a tradución de 40 páxinas de cada un destes libros. (…)”

Vilalba: entrega do premio Chairego de Honra a David Otero

O David Oterosábado 7 de novembro, a partir das 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos van nomear a David Otero “Chairego de Honra”, un recoñecemento polo seu labor de espallador das esencias da Terra Chá por todas as comarcas do país. Os actos comenzarán a esa hora na Casa da Cultura, cunha táboa redonda na que van intervir Helena Villar, Xoán C. Garrido, Héitor Picallo, Mini e Mero, Xabier P. DoCampo, Alfonso Blanco e Xulio Xiz… Despois do xantar haberá un concerto de Mini e Mero e o Gaiteiro Nubeiro Raúl Galego.
Para apuntarse ao xantar, é preciso chamar ao teléfono 646413890 ou enviar un correo electrónico a xermolos@xermolos.org

A Coruña: actividades literarias destacadas do luns 3

OFeira do Libro da Coruña 2015 luns 3 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

19:00 h. Presentación de 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo, de Paco Rivas, publicado por Edicións do Cumio. No acto participan, xunto ao autor, Xesús Alonso Montero e Cándido Meixide.
19:00 Xosé Manuel Lobato asina exemplares de Elos de cinza, publicado por Ézaro, na Secretaría.
19:30 h. Sinatura de Antonio Tizón, autor de A antesala luminosa, publicado en Xerais.
19:45 h. Presentación de Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías, de Antonio Reigosa, publicado en Xerais, coa participación de Xabier P. DoCampo.
20:30 h. Presentación de Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, publicado en Xerais, coa participación de Prudencio Viveiro.
21:15 h. Presentación de Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais, coa participación de Manuel Bragado.

Ferrol: actos destacados do mércores 22 e xoves 23 na Feira do Libro

OFeira do Libro Ferrol 2015 mércores 22 de abril comeza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa: Programa da Feira do Libro de Ferrol 2015:

Mércores 22:
18:00 h. Inauguración. Actuación do Real Coro Toxos e Froles. Pregón polo escritor Xabier P. DoCampo.

Xoves 23:
19:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso, de Nova Galicia Edicións.

Que debe ter unha obra literaria en galego para vender máis de 40.000 exemplares?

ReportaxeLetra en obras en Letra en Obras:
“Nun mercado interno pequeno, e por riba non normalizado como é o noso, que unha novela chegue a vender 2.000 exemplares é xa nova. Comentabamos en 2013 que a tiraxe media dunha novela era de 1.000 exemplares (agora a cifra sería incluso menor) e a dun libro de poesía apenas superaba os 250. Mais entres os títulos que se publican sempre hai algúns que conquistan o público e que se converten en auténticos “long-sellers”.
Un exemplo podemos buscalo nunha das principais editoras en galego. Edicións Xerais, fundada en 1979, conta con seis libros que ao longo de todo este tempo superaron os 40.000 exemplares vendidos. Este é o seu particular ranking (con datos de finais de 2014):
Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (1995) – 91.000 exemplares vendidos.
O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (1998) – 85.000 exemplares vendidos.
Galván en Saor, de Darío X. Cabana (1989) – 52.000 exemplares vendidos.
Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo (1994) – 48.500 exemplares vendidos.
As flores radioactivas, de Agustín Fernández Paz (1990) – 48.000 exemplares vendidos.
A sombra cazadora, de Suso de Toro (1994) – 42.000 exemplares vendidos.”