Montserrat Varela faise co Premio Avelina Valladares de poesía

Desde Nós Diario:
“O xurado do Premio de Poesía Avelina Valladares deu a coñecer esta segunda feira a obra gañadora da súa trixésima edición, certame que celebra trinta anos honrando a memoria da “Cantora da Ulla”. O galardón recaeu na escritora M.ª Montserrat Varela Vázquez polo seu poemario Consciencia da impermanencia, peza que concorreu co lema Fendas na brétema e impúxose entre as 25 propostas presentadas.
O xurado estivo integrado polos vogais Xoán Carlos García Porral, Constantino Regueira Paz, María Begoña Porto Brea e Esteban Folgar Brea, con Dolores Araújo Arias de secretaria. Do poemario, o xurado destacou especialmente a súa estruturación así como “a harmonía do día dende o amencer ao solpor pasando polo atardecer e transitando por paisaxes claras nas que o saber, o buscar e o querer enchen unha vida asentada na esencia que nos define e que, deste xeito, transcenderá”.
A concelleira de Cultura, Lucía Seoane, comunicou o fallo á gañadora. Montserrat Varela, que se mostrou emocionada polo recoñecemento, o primeiro poemario que publicará. (…)
O premio ten unha dotación de 2.000 euros e a publicación do poemario en Edicións Fervenza. O galardón entregarase o vindeiro 26 de novembro nun acto aberto no Teatro Principal, no marco da Festa da Poesía.”

Compostela: presentación de Resistir. Minifundio e policultura, de Xoán Carlos García Porral

O 29 de febreiro, ás 19:00 horas, no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, preséntase Resistir. Minifundio e policultura. Retorno a unha economía familiar sostible, de Xoán Carlos García Porral.

Crónica fotográfica do Roteiro Literario pola provincia de Pontevedra con Xoán Carlos García Porral

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro histórico-literario por Lalín, enmarcado nos Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2023, que guiou Xoán Carlos García Porral o domingo 18 de xuño (as fotos son de Begoña Fernández). A crónica fotográfica completa pode verse aquí: