Entrevista de Xosé Barros a Xosé Lois García en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Cal é esa simboloxía románica á que fai referencia no título da súa obra?
– Xosé Lois García (XLG): É un estudo de investigación e análise da iconografía románica, nos seus pormenorizados temarios: antropomorfismo, zoomorfismo e fitomorfismo, os tres temas de maior transcendencia e visibilidade, que exercen varias lecturas no sentido dualista, do ben e do mal. Hai outros temas interesantes como son os elementos xeométricos e a orientación de todos eles que conforman este amplo cuestionario da simboloxía románica.
– ND: Que mostras da arte románica poden atoparse na Ulloa?
– XLG: Todas as que teñen referencia nas diversas expresións do século XII e XIII románico, e aínda do XIV, o románico tardío ou rural, etapa de transición do románico ao gótico. Os meus traballos non entran demasiado no tema da arte. O que eu estudo pertence á semiótica, todo aquilo que está representado en signos que descifran o símbolo iconográfico románico. É un tema moi minoritario e pouco desenvolvido até agora na Galiza. Do que coñecemos de arte románica, sobre estruturas arquitectónicas e históricas, a Galiza está moi adiantada nestes temarios e con excelentes estudosos e técnicos. (…)
– ND: Que importancia teñen libros como este para achegar ao público xeral o Románico galego, neste caso da Ulloa?
– XLG: Este tipo de traballos de campo e no que eu investigo sobre simboloxía, non son os máis doados para que a xeneralidade de persoas o entendan de súbito todo ese tecido técnico e de linguaxe que emiten as iconas. Cómpre sensibilizar a xente que vive a redor destes templos románicos do valor expresivo de tantas cousas que constatan referentes da tradición dos nosos devanceiros e da nosa cultura de hai novecentos anos.
Nestes momentos hai unha explotación desmesurada de intereses, no que se emprega ese “todo vale”, visitas en que certos guías explican o templo desde un acomodo de chiste persoal, que nada ten que ver coa realidade que emiten eses elementos iconográficos. Mais non todo é así, hai guías moi competentes que afondan na realidade do monumento que contemplan visitantes e turistas.”
Arquivos da etiqueta: Xosé Lois García
Chantada: presentación de Poesia é flor de alto calibre, de Xosé Lois García
Penafiel: Encontro Luso Galaico de Poesia, 2022
Sober: presentación de África: pro-texto e erotismo na poesia de Lopito Feijóo, de Xosé Lois García
Pinol, Sober: Diálogos coa obra de Xosé Lois García
Sober: presentación de A pintura manierista en Sober, de Xosé Lois García
Alefato, o alfabeto hebreo e uns poemas
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Alefato é un canto á comunidade xudía en Galicia. Desde o século XI as terras galegas acolleron un pobo de vizosa historia. A raíz do xudaísmo nutriría as outras dúas relixións monoteístas, e desde aquel altar de Siquen consagrado por Abrahám até o Finis Terrae, as vinte e dúas consoantes hebreas que Xosé Lois García canta neste delicioso libro son escusa de reflexión filosófica, fundamentada na Cábala, e asemade devalo erudito arredor da historia galega ligada co pobo semita. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Sober: presentación de Teatro completo (1996-2019), de Xosé Lois García
Monterroso: presentación de As Feiras de Monterroso
Crónica videográfica da Homenaxe a Isidro Novo (IV)
O 3 de novembro de 2018 tivo lugar en Lugo a Homenaxe a Isidro Novo, na que a AELG fixo parte da comisión organizadora, que se retomará o 1 de febreiro de 2019, cando se lle dea o nome de Isidro Novo á Biblioteca Municipal de Lugo e se presente o libro que recolle as intervencións da xornada.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Recital poético-musical (primeira parte). Xoán Neira López, Toño Núñez, María José Fernández, José Blázquez e Paco Reija:
– Recital poético-musical (segunda parte). Lois Diéguez, Xoán Xosé Fernández Abella, María Xosé Lamas, Xosé Miranda, Martiño Maseda Lozano e Joaquín Carballido:
– Recital poético-musical (terceira parte). Xosé Lois García, Alberte Momán, David Otero, Cesáreo Sánchez e Luís Valle: