Entrevista
a Xosé María Lema Suárez en Compás da Costa:
“(…) – Compás da Costa (CdC): Nesta historia [Costa do Solpor] non faltan os piratas e as batallas navais. Os habitantes da Costa da Morte da época estaban familiarizados con estas guerras?
– Xosé María Lema Suárez (XMLS): Quen o sabe! Habería que preguntarllo ó amigo Víctor Castiñeira, que sabe ben disto. A trama transcorre na Costa do Solpor, entre a ría de Fisterra e a da Coruña. É unha historia rural de mar e terra, que ocorre na Coruña tamén porque alí había unha base de piratas, está demostrado. Había barcos que tiñan en corso que atacaban ás ordes do rei. É dicir, había piratas que ían por libre e corsos, que ían a conta do rei e tiñan que pasar Facenda. Os malos nesta historia non teñen nacionalidades. Hai galegos bos e malos. (…)
– CdC: Hai xa moito tempo traduciches ó galego O pirata Kernok de Eugène Sue. Foi daquela cando che “picou o verme” de aventurarte a escribir unha novela?
– XMLS: Es a primeira persoa que mo dis, pero tes razón! Hai algo do pirata Kernok na miña novela. Kernok era bretón e eu son un amante das fisterras célticas. Por iso hai numerosas referencias á Bretaña, Irlanda, Cornualles… Hai algo de Kernok e de máis piratas, dos que me estiven informando. Esta novela ten unha base histórica importante. Nela falo de temas como os castigos da época contra os piratas. Aparece unha meiga tamén, xa que naquela época os piratas eran moi supersticiosos e crían nas maldicións e no destino. Na trama tamén hai linguaxe de xuramentos e linguaxe amable e poética, inspirada sobre todo por poetas da Costa da Morte. (…)”
Arquivos da etiqueta: Xosé María Lema Suárez
Santiago: presentación de Breizh, de Miro Villar
O
xoves 7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Breizh, de Miro Villar, publicado en Toxosoutos. No acto, xunto ao autor, participan David G. Couso e Xosé María Lema Suárez.
Vimianzo: II Xornadas sobre a figura do crego liberal don Juan Antonio Posse
O venres 23 e sábado 24 de novembro celébranse as II Xornadas sobre a figura do crego liberal don Juan Antonio Posse na Casa da Cultura de Vimianzo, organizada polo Semescom. Máis información en Que pasa na Costa.
Carballo: presentación de libros sobre a Costa da Morte
O
venres 25 de novembro, a partir das 17:00 horas, na Librería Brañas (Gran Vía, 79) de Carballo, preséntanse as súas cinco últimas publicacións, enfocadas á divulgación do patrimonio cultural da Costa da Morte, do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte:
– O hórreo atlántico e fisterrán. Cabazos e cabaceiras da Costa da Morte e Barbanza, de Xosé María Lema e Carlos F. Concheiro.
– Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte, de Xosé María Rei Lema.
– Textos literarios sobre a Costa da Morte, de Xosé María Rei Lema.
– Iconografía xacobea nas igrexas e santuarios da Costa da Morte, de Xosé María Lema e Eva María López Añón.
– Romarías da Costa da Morte, de Xan Fernández Carrera e Manuel Vilar Álvarez.
Vía Que pasa na Costa.
Baio: presentación de libros de Xosé María Lema e Xosé María Rei Lema
Camariñas: presentación de A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte
O
sábado 16 de abril, ás 12:00 h., no Centro Cultural Casa da Pedra (Avenida da Coruña, 5) de Camariñas, preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, de Xosé María Lema Suárez (coord. e dir.), Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema, publicado en Xerais. No acto participan Manuel Bragado, Manuel Valeriano Alonso e os autores.
Xosé María Lema Suárez: “Queremos que esta obra sirva de exemplo a outras comarcas”
Entrevista
a Xosé María Lema Suárez en La Voz de Galicia:
“La Voz de Galicia: ¿Cal é o obxectivo central deste libro?
Xosé María Lema Suárez: Coma explicamos no limiar, pretendemos que sexa algo máis que unha guía turística, e así o entendeu tamén a editorial Xerais. Ademais das rutas que propoñemos ao final, na obra recollemos todo o que sabe na actualidade da comarca de Soneira, repasando a súa identidade desde o século IX, a súa historia, a xeografía, as manifestacións artísticas… e incluímos, ademais, dous apartados innovadores, coma son a análise da fala e dos apelidos. Tamén analizamos os movementos populares, culturais e deportivos e recollemos algún percorrido que se fala pouco: a ruta dos Naufraxios, desde Camelle ata Cabo Vilán. Queremos que a obra sirva de exemplo para outras comarcas.”
Zas e Vimianzo: presentación de A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte
O
venres 10 de decembro preséntase o libro A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, publicado por Xerais, no que participan, alén del, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema, en dous puntos desta comarca:
– Ás 19:30 h. no Auditorio de Baio (Zas), e coorganizada polo Concello de Zas, A.M.C. Pepe Valiña, Amigos do Liño e Edicións Xerais, contará coa participación de Manuel Muíño (alcalde de Zas), Antonio Díaz Amor (presidente de A.M.C. Pepe Valiña), Carmen Riveiro (presidenta de Amigos do Liño) e Manuel Bragado (director de Xerais).
– Ás 21:30 h., no Salón Caribe de Vimianzo, coorganizada polo Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte e Edicións Xerais de Galicia. O acto contará coa participación de Ramón Gándara (representante do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte), Manuel Bragado (director de Xerais) e os autores.
Xosé María Lema Suárez gaña o XV premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela
Xosé María Lema Suárez
ven de gañar a XV edición do premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela que organiza a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada por cinco artigos publicados nos medios El Correo Gallego, Xonal de Galicia, La Voz de Galicia e Música na Noite. O xurado, conformado por Nuria Campos, Valentín García Gómez, Miguel Ramón de la Calle, Luis Reimóndez e José Manuel Bouzas, valorou dos artigos de Lema Suárez “a defensa da lingua galega como definitoria da identidade e valor fundamental da nosa cultura”. O autor recibirá o galardón no marco da Feira do Moble de Galicia, que terá lugar o vindeiro 17 de setembro.
Vía Fervenzas Literarias.
Presentación en Vimianzo dun traballo etnográfico de X. Mª Lema e R. Mouzo sobre a Terra de Soneira
O 17 de xuño, ás 13:30 horas na Área recreativa de Mosquetín (Salto-Vimianzo), presentarase a obra O conxunto etnográfico dos batáns e muíños do Mosquetín, na Terra de Soneira. Outros batáns, folóns ou pisóns de España e Portugal (Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte), de X. Mª Lema Suárez e R. Mouzo Lavandeira.

