Vilalba: Paseo dos Soños, para Mini e Mero, o sábado 18 de novembro

Antídoto, de Emma Pedreira, gaña o Certame Literario de Vilalba

Desde El Progreso:
“O libro da coruñesa Emma Pedreira titulado Antídoto resultou ser o gañador do primeiro premio do XLIII Certame Literario de Vilalba deste ano 2017, que organiza o Concello de Vilalba. Debido a un cambio de formato no galardón, esta é a única obra premiada aínda que o diñeiro que obtén é maior que o doutros anos, ascendendo a 7.000 euros.
O concelleiro de Cultura de Vilalba, José Antonio Pita, o director da Real Academia Española, Darío Villanueva, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o director do Grupo de Radio Principal, Fidel Fernán Vello, e o xornalista Xulio Xiz, foron os membros do xurado que emitiron o veredito.
A Casa da Cultura de Vilalba acolleu o luns 21 a presentación dos dous libros que resultaron vencedores o ano pasado. O primeiro premio foi entón para Xosé Otero Canto pola súa obra Telúrica. María Xosé Lamas, con Sonetos preposicionais, acadou o segundo posto. Ambos libros xa están á venda tras ser imprimidos pola editorial Alvarellos.”

Compostela: presentación de Cuntis na época romana, de Héitor Picallo

Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas, premiados no XLII Certame Literario de Vilalba

DesdeMaría Xosé Lamas 2014 Terra Chá.xa:
“Os poemarios Telúrica e Sonetos preposicionais -presentado baixo o lema “Un anaco de vida en catorce versos”- obteñen o primeiro e o segundo premio do XLII Certame Literario de Vilalba.
Xosé Otero Canto e María Xosé Lamas resultaron ser os autores de cada obra, respectivamente, polas que obterán 3.000 e 1.000 euros; ademais de flor natural e diploma.
O xurado da XLII edición do Certame Literario convocado polo Excmo. Concello de Vilalba e integrado por José Antonio Pita Paz, concelleiro de Cultura actuando como presidente; Darío Villanueva, presidente da RAE; María Carmen Gueimunde, Xefa Territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en Lugo; Fidel Fernán Vello, Director do Grupo de Radio Principal; e Xulio Xiz, xornalista que actúa como secretario; daba a coñecer o fallo este luns 22 de agosto trala súa reunión na Casa da Cultura.”

Vilalba: recital poético e presentación de obras de Xoán Xosé Fernández Abella

OXoán Xosé Fernández Abella 2 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, preséntase Poemas de amor, loanza, condena e outros e Guardad mi voz, de Xoán Xosé Fernández Abella. No acto, presentado por Mario Paz González, recitarán, xunto ao autor, Pilar Sampedro e Xulio Xiz. Ao mesmo tempo, preséntase unha exposición pictórica de Baldo Ramos, quen recitará algúns poemas de Xoán Xosé Fernández Abella, e cantarán cadanseu poema deste autor Miro Casabella e Manoele de Felisa.

Vilalba: entrega do premio Chairego de Honra a David Otero

O David Oterosábado 7 de novembro, a partir das 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a Irmandade Manuel María e a Asociación Cultural Xermolos van nomear a David Otero “Chairego de Honra”, un recoñecemento polo seu labor de espallador das esencias da Terra Chá por todas as comarcas do país. Os actos comenzarán a esa hora na Casa da Cultura, cunha táboa redonda na que van intervir Helena Villar, Xoán C. Garrido, Héitor Picallo, Mini e Mero, Xabier P. DoCampo, Alfonso Blanco e Xulio Xiz… Despois do xantar haberá un concerto de Mini e Mero e o Gaiteiro Nubeiro Raúl Galego.
Para apuntarse ao xantar, é preciso chamar ao teléfono 646413890 ou enviar un correo electrónico a xermolos@xermolos.org