Arquivos da etiqueta: Xunta de Galicia
Presentación de Sanshô-Dôei. Escolma, de Eihei Dōgen, traducido por Eme Cartea, en Rianxo
Ditame do XIV Premio de poesía Xosé M. López Ardeiro
“Nesta edición do XIV Premio de Poesía Xosé Manuel López Ardeiro, co que o Concello de Negreira pretende recoñecer a obra deste destacado poeta negreirés, participaron 60 poemarios.
O xurado do certame, composto por María Rey, María López Sández, Diana Varela, Xosé A. Ponte Far e Xulio López Valcárcel, ditaminou que:
– A obra finalista cun premio de 500€ foi para Cartografía Miúda, de Isabel Mancebo Portela, de Santiago de Compostela.
– A obra gañadora cun premio de 2500€ e publicación de 300 exemplares do poemario coa colaboración da Xunta de Galicia, foi para Kensington, de Jacobo Paz Limia, da Coruña.”
Compostela: visita guiada Memorias dun neno labrego no Museo do Pobo Galego, o 14 de xaneiro
Acto de conmemoración do centenario do nacemento de Mariano Tudela, en Madrid
Bases dos XXVIII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o XIV Manuel María de literatura dramática infantil e xuvenil e XVII Barriga Verde de textos para monicreques
LugoPoética 2025: vídeo do coloquio entre Miguel Ángel Martínez Quintanar e Abraham Pérez
A Xunta e Galaxia anuncian a obra ‘A arte de non morrer’ como gañadora do premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025
Desde a Xunta de Galicia:
“A obra A arte de non morrer. Antropoloxía da lonxevidade galega, do médico Roberto Fernández Álvarez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2025, que organizan conxuntamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega.
Así se anunciou o 29 de decembro nunha rolda de prensa na que o secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou esta distinción “como a máis relevante e de maior trascendencia neste xénero do ensaio para a nosa lingua”. Ademais, fixo fincapé na temática abordada, a da lonxevidade, puntualizando que “vai ter unha contribución moi útil a nivel científico e divulgativo”. Neste senso, tamén resaltou a profesión do autor “porque ao longo da nosa historia son moitos os médicos que forman parte do noso acervo cultural”.
Deste xeito, o xurado destacou sobre o texto premiado a súa capacidade para achegar un tema de actualidade como é o da esperanza media de vida e a lonxevidade social, explicando estas realidades desde un fondo coñecemento médico especializado que afonda no bioquímico, na tecnoloxía dos alimentos e na vida saudable. Así mesmo, tamén se salientou como se relaciona ese saber coa cultura socializada e as citas de autoridade literarias e artísticas, así como a fundamentación antropolóxica, filosófica e sociolóxica.
O premio está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada pola Editorial Galaxia durante o próximo ano.
Roberto Fernández Álvarez (Ourense, 1967) é un médico e escritor galego. Como autor literario foi distinguido no ano 2022 co Premio Blanco Amor pola súa novela A inmoral doutora Cons. Como ensaísta, recibiu o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2017 pola súa monografía Enfermos pobres, médicos tristes. (…)”



















