Desde o Concello de Negreira:
“O auditorio Afonso Eanes do Cotón acolleu este 11 de Nadal, o fallo do xurado e maila entrega do XIII Certame de Poesía Xosé M. López «Ardeiro», que recae una obra A pintora, cuxa autora é Lupe Gómez Arto, natural de Curtis, sendo un poemario homenaxe á pintora María Antonia Dans, porque dixo «síntome representada coas pinturas que ela facía de nenas e nais labradoras; eu véxome nas súas pinturas por iso quixen con este libro representar á pintora, a ela, coas miñas palabras».
Convocado polo Concello de Negreira, coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura, o premio está dotado cunha contía de 2.500 euros e a entrega de 300 exemplares da edición do poemario gañador.
A outra poeta finalista foi Silvia Tasende Cotelo, de Carballo. Obtén un premio en metálico de 500 euros pola obra Pel memoria. Silvia Tasende agradeceu ao Concello de Negreira polo seu decidido apoio á poesía e a cultura, e sinalou que «o mundo precisa máis metáforas e menos violencia», ademais de dar os parabéns a Lupe Gómez polo premio.
O acto contou coa participación do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo Suárez, e mailo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, ademais dos membros do xurado formado por José Antonio Ponte Far, en calidade de presidente, xunto co poeta Xulio López Valcárcel; a escritora e académica da RAG, María López Sández, xunto con María López Rey e Diana Varela. O acto estivo presentado por Carme Pereiro e contou coa actuación musical do dúo Minguante.”
Arquivos da etiqueta: Concello de Negreira
Bases do XIII Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro
Fran Fernández Davila gaña o XII Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro
Negreira: Homenaxe a Xulián Magariños Negreira no seu 119 aniversario
Bases do XII Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro 2023
Bases do XI Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro 2022 (o prazo de recepción ampliouse até o 7 de decembro, incluído)
Negreira: presentación de Os soños de Miguel, de Manuel Iglesias Turnes
Bases do X Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro 2021
Roberto Rodríguez gaña o Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro 2020
“O gañador da edición 2020 do Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro é o poemario Teimas dun ninguén, de Roberto Rodríguez González, natural de Ourense e que reside en Santa Cruz de Tenerife, o que lle impediu recoller o premio de 700€ en persoa. O outro finalista foi Francisco Javier Fernández Davila, de Nigrán, coa obra Microrretratos, cun premio de 300€. É a decisión do xurado presidido por José Antonio Ponte Far, xunto con Xulio López Valcárcel; María Rey; María López Sández e Diana Varela.
Participou na entrega Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira, e Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura (Xunta de Galicia), contando coa actuación musical do dúo Minguante. A obra gañadora será editada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais coa entrega de 300 exemplares á persoa gañadora. Esta foi a edición de maior concorrencia de poemarios con 34 traballos presentados.”